Ben,estreome como colaborador oficial, e non atopei nada mellor para facelo que escribir dun tema que corroe,tanto politíca como economicamente,a todo o país:o Pazó de Meirás.
O arquifamoso Pazo pertencía o heredeiro da escritora Emilia Pardo Bazán,e os cartos para mercalo foron ``doados´´polo Pobo de Sada a Franco mediante presións e conxelacións salariais dos traballadores,pero como lle debía quedar pequeno,decidiron que ó Pobo tampouco lle importaría moito deixalas terras de labranza colindantes para buscarse a vida como...inmigrantes?Eiquí bos deixo unha panorámica do Pazo e dos terreos.
A polémica ben cando á Xunta metéuselle na cabeza que iso era un edificio moi importante para o Patrimonio galego e deicidiu que a xente tiña dereito a visitalo 4 veces ó mes,e o Concello de Sada decidiu poñelo en mans de Patrimonio para que así puidera ser,pobres galegos que pensamos iso.Ó comezo Carmen Martínez Bordiú,de profesión...,pois como dicía,``Carmencita´´contestou ó Goberno Galego que non habería problema en que uns inspetores verificasen o estado do edificio,das obras de arte levadas alí pola muller de Paquito Franco,e da biblioteca da Bazán.Pero cada vez que se presentaban os inspetores,alí esperandoos atopábase un abogado da familia dicindo que non podían pasar.Tras varias negativas,a Xunta deicidiu abrirlle expediente,o que podería levar unha sanción económica de ate 60000 €.E así estamos,coa Xunta levando ós Tribunais á familia Franco para poder entrar a velo seu estado;coa Familia de vacacións alí neste momento(cousa que din os de Sada que é unha provocación);e con tódolos galegos esperando poder entrar no Pazo dunha vez,porque nisto si que estamos tódolos galego de acordo;e con Peñafiel dicindo que iso é dos Franco,que os galegos llo dimos porque somos moi boíños,e que fan ben en non deixar pasar a ninguén nunha casa que utilizan unha vez ó ano.
6 comentarios:
Mirao, mirao, mirao, mira, pero non entres!
Hahaha, canto dano fixeron na música Ana Belén e Víctor Manuel. Na última internacional non sei, pero na música moi mal.
Pois si, évos triste pero certo; o pazo de Meirás, soño acadado por unha pobre muller pobre. Enriqueceu escribindo sobre soños e liberdades e os seus manuscritos comparten espazo cun dictador. Ironias da vida. Mencionar tamén as denuncias que teñen por obrar (muros, entradas) sen licenza municipal, por chegaren os Locais ó Pazo, pedir permiso, parar as obras (non o tiñan) i os traballadores, con ordes dun superior, seguian "a ello".
Frase que escoitei un día. En Telecinco, en Aquí Hay Tomate... Hehehe
"La dictadura les dio posesiones y poder, la democracia riqueza y decadencia"
Non sei se era asi exactamente, pero évos unha verdade coma un mundo: Franquiño conseguiu encher as andorghas de cartiños e poder nobiliario (pero Carmencinha acabou pornon se-la raiña). Pero chegou a democracia e seguense a beneficiar de nos.
Menos mal que o país está metade gobernado por "uns insumisos, como Abalo" que lle poñen as pilas, nin ex-fascistas nin nada.
Recuperemos o pazo para o pobo que o pagou, disque, voluntariamente.
Grandiosa estrea Óscar.
Esperamos que segas na liña.
Felicidades pola estrea, e non podía ser con mellor tema.
O que había que facer con esta familia era expropialos de tódolos seus ben inmobles e non inmobles e non pagarlles con diñeiro público, tal e como fixo a "televisión de todos" (que así é como se definen eles)a TVE e pagarlle a netÍsima unha barbaridade de cartos para ir o seu programa estrela.
Este tema esta que arde, por un lado sen ter en conta quenes son estes mazarocos por chamarlle de algunha maneira e inxusto que ti teñas de herdanza algo con historia e veña a xunta impoñer o que lle salga dos ... unha cousa sería que o tiveras abandoado pero se o tes ven coidado a santo de que ven? pareceme unha....
Agora ben a outra parte, se temos en conta que estes conseguiron o que teñen gracias a un señor que foi unha cagada na historia creo que sería merecido que quedaran sen el como fixo o seu proxenitor cando lle sacou por chanchulleo isto das mans os seus propetarios, así que non che me dan pena ningunha se por min fora faría o mesmo que fixo Franco cos demais; acabou a dictadura isto xa non e voso poñedevós a traballar e isto queda confiscado para o pobo que aplastastedes!!!
A verdade e que por min poden darse todos a pocholomanía ...non creo que sirvan para moito mais. Sinto pero e que estes temas poñenme enferma!!! insisto en que se fosen anónimos iría contra a Xunta pero sendo quenes son: a por ellos!!!
Se fose unha persoa anónima non habería tal problema,espropiaríano e listo.Acaso non o fan cando se trata de facer estradas?Gustaríame que alguén me dixese o porque o cambio de apelido,de Franco a Martínez Bordiú.E aquí falta xente por comentar eh hahaha
aí aí estreando!
pois propúxose unha conquista pirata ao igual que a da illa de Toralla o outro día http://blip.tv/file/371456 case non saio no vídeo pero bueno jaja
asaltar o pazo serían as risas
Ao pobo o que é do pobo!! Tiñan que expropiarlles todo o roubado...
Pois estou dacordo con Eva, se n¡foran outras persoas calqueiras, nin se lles ocurria enviar un ispector, expropiaríanno directamente e xa sería un museo aberto ó público. Pero lembremos que o sistema xudicial español estavos ben chapado a antiga. E nn digamos o galego (por iso de que aqui hai mais vellos).
A solución que propuxo martinho case me parece a mais acertada.
Hahaha, polo menos asi seguro que non habia liso xudiciais entre xunta-francos. Outra xa seria a denuncia conxunta ós veciños...
Publicar un comentario