Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

14/06/09

Sen máis...


Pledge to go fur-free at PETA.org.

3/04/09

Curiosidades do PP

O PP tenos acostumbrado a moitas curiosidades: que o Prestige sofre un accidente frente A Coruña, pois o exconselleiro de Pesca di que porqué ten que tocarlle sempre a A Coruña estas cousas e mellor separalo e repartir un pouco entre todos ( entre tódalas rías, Portugal, Asturias, Cantabria, Euskadi e Francia, que aprendan os cataláns como facer pra non ter fama de amarrados); se os xuices están en contra dos seus intereses, están politizados e ZP debería dimitir por atreverse a darlle a razón a eses xuices, se están a favor dos seus intereses, hai que acatar o que digan os xuices que para algo están. Pois ben, os últimos casos son sobre a trama de corrupción do PP, ahí podese facer dúas cousas, admitilo e correxilo pedindolle perdón o electorado.... ou dicir que e unha escabechina que un xuiz ten contra eles e que mellor estaría calado e que ben podía dimitir por atreverse a dicir iso, non fai falla dicir cal elixiu o partido conservador, a consecuencia disto foi que o PP recuperou o Goberno do noso país, como? pois mentindo e tirando basura sobre o resto de candidatos, os mitins do PP máis parecían o DEC de Antena 3 que un lugar onde debatir e mostrar o programa político do partido, que eu sego sen saber cal é sacando o de quitar o Decreto do Ensino en galego e que as mesas teñen que ser do IKEA. Despois saíu a luz unha cacería no tempo libre dun xuíz e do Ministro de Xustiza, consecuencia, a dimisión do Ministro trala presión do PP porque iso non se podía aturar, onde se ve un político con amigos? Que tomen exemplo de Aguirre, aínda que ela non pode ter amigos, que so son gastos e ela non chega a fin de mes ( por iso subiu o seu soldo este ano a pesares de que o ano pasado dixo que ía conxelar o soldo dos altos cargos e de quitar varios servizos sociais pra poder aforrar... e ter de onde poder quitar pro seus emonumentos). Pois esta semana saíu a luz unha reunión entre un xuíz e un implicado no caso Gürtel ( o caso de corrupción) e nesa reunión falouse do arquifamoso Caso, veña, a ver se acertades cal foi a reacción do PP o enterarse disto e de que varios altos cargos do PP tamén están implicados... Un pouco de imaxinación veña... Pois nada! A reunión é algo normal para as relacións entre os políticos e os xuices, sempre e cando os políticos e os xuices sexan do PP, e do dos altos cargos... nada, mirar pra outro lado. É que estos do PP son uns cachondos...

11/03/09

Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.

Iso o é o que sinto eu despois dos resultados electorais do 1-M. Cando xa pensaba que Galiza aprendera, que sabía que non podiamos pedir menos do que merecemos, voltamos a facer o mesmo, eliximos o desprestixio, eliximos abandoar a nosa lingua xa mancada, eliximos retroceder en temas sociais. É contradictorio que nunha crise económica como a que estamos a vivir os galegos decidamos apoiar á empresa, non o traballador. Non digo que haxa que maltratar as empresas, parvos seriamos se non coidasemos a fonte dos nosos cartos, pero a empresa non titubeará en botar a 50,100 ou 200 traballadores nun ERE pra poder ter un 2% máis de beneficios. Algún día aprenderemos que así non podemos seguir, mentres non o fagamos, seremos a penultima mona do Estado, digo penultima porque como dicía aquel artigo que escribin fai varios meses: ``sempre nos quedará Extremadura´´.

11/02/09

Video da semana

Cada vez está isto máis abandoado, pero bueno, pra que non vos queixedes traiovos unha nova edición do ``Video da semana´´ ( aínda que se debería chamar video do trimestre...).
Supoño que vistes o video, e se non eiquí o tedes: http://www.youtube.com/watch?v=OGR0SZVTm3c

Pero o video da semana non é ese, e este, disfrutadeo:



video

12/12/08

A ver que din os europeistas...

Hoxe coñecín o novo informe da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, repito Carta EUROPEA, non galega, nin do Bloque, nin da Mesa, nin miña. Enfatizo iso para que despois un pantasma non me chame fascista e demagogo ( e digo pantasma porque non deixou nome e nin se dignou a revatirme as miñas conclusións, así que supoño que simplemente non lle gustarían pola súa ideoloxía pero non lle atoparía buratos... que os hai). Pois ese informe chámalle a atención ó Estado sobre a situación da nosa lingua na Xustiza, onde só 10 dos 234 fiscais a usa. Di tamén algo resaltable, pide un modelos de ensino de inmersión total en galego, como se fai en Cataluña. O que non saben os da Carta e que en Galiza hai unha minoría, porque aínda que fagan moito ruido non chegan o 1% do alumnado galego, que só o 50% en galego parecelles un abuso, que tiña que ser menos. Por que? Porque unha lingua en expansión, co apoio do Estado e dos medios de información está en perigo, seica. Ese modelo di que agás Lingua Castelá, tódalas demáis asignaturas teñen que ser na lingua autóctona, e en Cataluña semella que funciona. Outro modelo é o vasco, os pais poden elixir en que lingua queren educar os seus fillos segundo o centro educativo onde os inscriban.
Aínda que pareza de mofa o que vou a dicir, a nosa lingua está en xogo, por moito que se crea que cada vez se fala máis... é mentira. Fálase máis entre a xente con estudos, pero a xuventude e os cativos cada vez a falan menos. Que modelo seguir? Eu aposto persoalmente polo de inmersión, por que? pois polo que acabo de dicir, é unha maneira de que os mozos usemos o galego na aula, e da aula comezarase a usar fora. É demasiado o que está en xogo como para que nos quedemos coma sempre, que non se sabe se subimos ou baixamos.
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas