Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

5/10/07

Apaga o candil Marica chus,chus

Despois duns días de descanso sen publicar,e vendo que o meu compañeiro deixoume soiño frente a vós,decidinme publicar algo do que eu xa sabía,que me ten moi requeimado,e que seguro que non vos é alleo.
A cuestión é a seguinte,o noso país ten o 40% do total do Estado en enerxía,e nalgo no que imos sobradísimos:eólica,hidráulica,solar,biomasa,e penso que tamén hai algo(ou podería haber)de maremotriz.Pois sendo os maiores produtores,seguimos pagando un custo inaceptable pola enerxía que NÓS producimos,e non vemos nada dos beneficios,xa que os impostos da NOSA enerxía páganse en Madrid,que é onde teñen as oficinas.É algo parecido ó que pasaba en Bolivia cos hidrocarburos,explotábanse alí e non vían nada diso,por moito que se non endemoniaba a Evo Morales por ser quen de facer ``algo tan inhumano como esixir que se lle de ó pobo o que é do pobo´´.Pois ben,a Xunta pretende crear un canon(é incrible que haxa canones bos)para os encoros galegos,dependendo da altura,etc.Ben?Depende,Fenosa ameazou con subila tarifa,e a Xunta di que non vai afetar ó usuario.En que quedamos ó final?Vannos subila factura sen afetarnos?O precio da enerxía e do gas non o controla o Estado(ou a Xunta)?Pois ben,a palabra é vosa.

8 comentarios:

Eva dijo...

Estou bastante de acordo contigo, nos producimos e pagamos como os demais ou un pouco mais se cabe. E indignante, sobre todo se temos en conta, o que ven de subvencións de volta. Eu houbera posto de titulo apaga e vamonos, que lle vai mellor, dende logo a solución e...bueno xa a sabes, niso case seguro estaremos de acordo. O que mais queima a min, e que un gran porcentaxe de empresas de enerxia que explotan o 200% a nosa terra son de forá e importalles unha merda como quede todo.

Mos dijo...

Bueno,xa comezamos coas críticas haha.Pra comezar a frase estaría mal feita,sería apaga e ímonos.E aínda que eu saiba a resposta,sería mellor que a dixeras pro resto non? ;)

Vendetta dijo...

Bueno xa se sabe como somos os galegos , que nos sabe mal ata recramar o que e noso... danos unha merda e agradecidos como senos fixeran un favor...asi nos vai.Saudos

Ith dijo...

Volvo cinco minutiños para dicir tres cousas:
Vendetta! benvida... teñome cruzado contigo (mais ben cos teus comentarios) en "vagalu", espero que pases por aquí a miudo, que temos que chegar ós 2002 visitantes, hehe. Xa nos iremos vendo.

Segunda cousa; coma sempre os galegos egalegas, como di Vendetta, setimonos como uns ladróns cando reclamamos o que debemos ter... E cando nos dan a palmadiña na espalda, ala, "mais felises ca`un parvo cunha tisa"

E terceira, para Mos; que non estea durante un tempo non quere dicir que te poidas descontrolar e ser taaan borde. Se nos poñemos caos críticas, o regulamento ortografico para escritira có teclado sería deixando un esdpazo entre a coma ou punto e a palabra seguine, cousa que non fas nunca. Outra: os comentaristas e lectores do meu blog son libres de opinar o que lles pete (xa sabes que os hai de ultradereita) e creo que "de titulo apga e vamonos, que lle vai mellor" é unha proposta e non unha critica e, ainda de seres así, deberias aceptala. Poruqe "bueno" en galego é "bo", "pra" ou "pro" son da fala e na escrita serian "para" e "para o"... son formas e formas de escribi-lo galego e, dende logo aceptables, ó igual que as opinións.

Meus (e "miñas") volvo ó meu retiro espiritual, rexurdirei (por terceira vez) en pouco tempo, a ver que vos traio. Deica.

Mos dijo...

Sei que ``bueno´´ é ``bo´´,pero iso é unha expresión,a tradución sería ``ben´´;e non me pusen borde,so fixen unha tradución.Penso que o teu estrés xa che afetou o cerebro,sempre conteso igual,e que por agora decidiras abandoar ``o barco´´non significa que teña que cambiar é facerme máis formal.Por outro lado,penso que a ironía e moi galega,e eses ``hahaha´´que puxen antes deixaban claro que non falaba moi en serio que digamos...

martinho dijo...

hai.. cando nos autodeterminemos enerxéticamente...

martinho dijo...

este luns o hai debate vai diso, a ver que esbarallan...

Eva dijo...

sería apaga e ímonos en realidad debería ser apaga e marchemos, porque nos vas marchas.
E a resposta xa a soltaron por ahi, mandando no noso todo arranxado, independencia, xa verás ti que rápido ían ter en conta o dos impostos se nos puxesemos chulos os galegos como fan os cataláns

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas