Como foi xa desta vez, nada. Pero nada de nada. Tan so se actúa cando nos vemos acusados de sermos algo que cremos non ser ou cando se pon en entredito a honra de España e os Españois.
Si. Partinlle a espalda porque era negro, estará toda a súa vida sen poder moverse do pescozo para abaixo. Pero non irei ó cárcere.
Por qué? Porque era negro.
Cando xa a presión da Fiscalía, do colectivo "Movimiento contra
Agora arrepentímonos de que o pobre negro lle pasase o que lle pasou e, oito meses máis tarde, metemos no cárcere ó seu agresor, concedémoslle o dereito a vivir coa súa familia en España e listo.
un manis p'al mono
E agora recapacitemos sobre o sistema xudicial do Estado español. Funciona?
Disque si.
Insulto a unha rapaza (independentemente da nacionalidade), tócolle un peito con connotacións sexuais claras, doulle varias collejas e, como guinda unha patada na cara.
Versión que vimos todos.
Versión do xuíz que tivo a sorte de instruí-lo caso:
Non hai agresión racista ("vuelve a tu país, sudaca de mierda"), nin acoso sexual, nin se observan -segundo un forense- danos físicos.
Está ben. Eu, de se-lo avogado defensor faría nese momento o seguinte:
Aproximaríame ó xuíz e, tras chamarlle maricón reprimido, chuspiríalle á cara. Posteriormente cruzaríalle a cara un par de veces, todo isto acompañado de insultos e, como remate, unha agradabilísima patada na cara.
Delicto? Non, ho? Que vai ser delicto...
Que quede claro que eu non faría iso, pero no exemplo de que a fila do xuíz se vise na mesma situación... no sei, non sei. Deixaría en liberdade condicional ó agresor?
Funciona o sistema que, por unha omisión da Fiscalía (menuda cagada señores), deixan sen cargo algún a un tipo que fixo tal cousa? As probas sonvos irrefutables, un vídeo, sen manipular, claro e sen ningún tipo de defecto...
Ese é o sistema no que cremos. Podémoslle partirlle a nuca á un negro, darlle de patadas na cara a unha ecuatoriana, pero nunca, nunca, digamos que Eskalherria ten dereito a un referendo pola súa autodeterminación...
É España. É o legado do Caudillo. Sonvos Xuíces Conservadores*
*non dubido das ganas do maxistrado por facerlle o mesmo á rapaza cando foi declarar. Ademais, non é delicto...
Non sei por qué sinto que a miña confianza no Estado decae día tras día... Alguén pode dicirme porqué?


