Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

29/8/07

Chamáronlle aterrador i éravos triste....

Buscando no Youtube o video que posteei sobre Urdaci, atopeime con vídeos escollidos ó azar; un (bastante gracioso) sobre xente que era asustada por un xoguiño [miRÁde aQuí o xOgo] i resultoume interesante o xogo, e o video. Navegando navegando encóntrome con outro mini-film chamado "The most acary thing I've ever seen" é dicir "a cousa máis terrorífica que nunca vin"
Animeime a miralo, estaba en inglés pero entendese ben, sinceramente, non vexo a gracia por ningures... Subtituleino en castelán, colgueino e decidin poñelo aquí e, para que Mosy non mo vote en cara, paseino tamén con subtítulos galegos. Mirade e xulgade.



Ónde foron esas cousiñas que telecinco ten para ver isto divertido ou gracioso?? Ben, unha vez que se mira unhas cantas veces... pode resultar gracioso en algunhas partes, pero échevos ben triste, creo.

Por certo, isto é un post de recheo mentras preparo a entrada sobre a "Nova Guerra Fría"

13 comentarios:

martinho dijo...

un video verdadeiramente arrepiante
xD

martinho dijo...

e triste á vez..

Ith dijo...

Realmente resultoume arrepiante e triste, pola señora i o rapaz, gracioso... cando xa o vin máis de vinte veces (e o que ten poñer-se a traducilo)

Eva dijo...

Pareceme unha raiada das cutres sen chiste, pero bueno, para gustos pintan cores, vai ti a saber, o mellor ten unha ghracia que te matas e non o sabemos.

Ith dijo...

HAHAHAHA esa fina ironia de eva matame. Pois vai ti a saber, igual ten unha MACRO mensaxe subliminar graciosisima e... xa ves

martinho dijo...

eu creo que é desas cousas que ves vinte veces e acabas escachando coa risa e se é con algún amigo aínda máis jaja

Ith dijo...

Home, cando xa estas canso de velo pois xa, cando miras o tal morgan coa man no bolsillo axitandose, o tal Jake, coa boca vermella e dicindo que xoga a recolle lo pauciño... en fin, q o final te ris, pero ten un trasfondo bastante triste e arrepiante como dis, martiño.

Mos dijo...

Pois para min o mellor de todo é ó final(non so cando remata) cando pon:tranlation by santy piñeiro hahaha.Do video pouco dicir,penso que é un video no cal o capitalismo está encarnado en varios personaxes que o comunismo intenta salvar porque lle da mágoa.

Ith dijo...

Rapaz, pon "tranSlation" non "tranlation".
Primeiro, unha vez pasado o esforzo que menos.
Segundo, dalgo me teñen que servir aqueles papeliños, lembraste, si, ho! Os que dician Cambridge e Oxford e me acreditaban como falante experto de ingles?? Agora si?
Hahahaha, meu que non és un cínico...

Mos dijo...

Hui carallo que ghrasia natural tes,é unha ghrasia ``caucásica´´ hahaha,non sei se estaremos á altura dalguén tan cultoe que fala perfectamente a lingua inglesa.E xa que me corrixes no de translation que non me decatara desa S fuxitiva,vouche dicir unha cousiña:en galego non existen cacofonías,supoño que saberas o que é,polo que non é correto dicir o i ese que nos tes tan acostumados.

Ith dijo...

Hahaha tiñas que te vingar eh??
Xa sei que non existe a cacofonía, e que se di "e éravos" ou "a arte" pero o "i" como conxuncion forma parte do galego que falo. Postos a sacar defectos usar "ghrasia" tampouco é correcto. Somentes cando é necesario (para especifica-lo bloque de onde ven o falante), pero como todo queda en Cangas... amigo (lese amigho) éche o que hai. Se non che gusta ou che parece mal, síntoo, non vou deixar de soltar pronomes e conxuncións anti-cacofónicos.
Grazas por darme tema de conversa i xa nos vemos no tema que me MANDACHES preparar.

El mal bicho dijo...

Como xa dixechedes o video eche triste e arrepiante, para min mais triste que arrepiante.

Ith dijo...

Pois ahí queda a opinión de cada un de vos, ó final todos case dacordo. Grazas!

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas