Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

23/8/07

QUE LLE DEN POLO CU A BREOGÁN

Dende Vieiros chéganos ::::>

Rajoy corrixe o PPdeG e opina que o himno non é importante

"Eu creo que o máis importante en Galiza é que os nenos estuden inglés dende os tres anos, que se familiaricen coa sociedade da información e as novas tecnoloxías dende a idade máis temperá, que saiban moitas ciencias, moitas matemáticas e que teñan un modelo educativo esixente, porque se non, estarémoslles a enganar", declarou o líder do Partido Popular nunha entrevista para a axencia Europa Press.

Claro, que lles fodan á patria e os seus símbolos e adiante co apoio o neoEixe (esa especie de alianza, esta vez entre os capitalistas extremos). Cal será opróximo titular que saia da calafateada boca de Rajoy?? "Expaña ex tan xolo una parte máx del Imperio Británico, or exo Giblraltar exta ahí, ex el Dixtrito Federal"

Todo isto ven a gallo de>



Avalía El Mundo que o himno galego cualifica de "bos e xenerosos" os que entenden a voz galega pero "arremete contra os que non comprenden esa lingua, aos que non dubida en tildar de ignorantes, fieros y duros, imbéciles y escuros". A reportaxe inclúe unha peculiar tradución do himno ao castelán onde de paso rebautizan ao bardo galego Eduardo Pondal como "Arturo Pondal".

Arre carallo!! (como se di na miña zona)
Pois éche evidente que se un/ha galego/a non esntende Galego por vontade propia... éche ben ignorantiño, escuro e IMBÉCIL.... pero se un lider político (de Galiza) declara na PRIMERA DE TELEVISIÓN ESPAÑOLA que os idiomas como galego, euskara, catalán ou valenciano NON deben ter máis horas que o castelán, SENON que estudantes deben(mos) ter máis horas de castelán e ingles.... que esperabamos...
Arturo Pondal???? Sen Comentarios

PS: perdón a Brogan (pai de Ith na mitoloxía) polo titular.

Polémica servida... tráianme o postre.

9 comentarios:

Ith dijo...

Por certo, clicade enriba da imaxe de El Mundo e lede, xusto enriba do logotipo a frase que teñen como slogan (non está cambiado co fotoshop) eu dígolles...
Cando tedes chegado a ese punto... xa non tedes volta atrás...

Mos dijo...

Pois menos mal que cho dixen meu hehe.A política nacional está moi mal,estou comezando a compartir o comentario do BNG de que imos ``botar de menos a Fraga´´,porque o Feijoo...En fin,se por el fora marcaba os nacionalistar e os botaba polas rúas cun hábito ( a ver se lle atopas similitudes con algo que xa pasou hehe).Eu levei unha grande decepción co PSOE a nivel estatal,moitas promesas pero no país non se ve nada;Mariano é un papaberzas que non se entera de nada e que se deixa levar polo lado ``escuro´´do partido (popular?,curioso nome);Touriño non se entera de nada do que pasa e non mete presión cando debería;Anxo páreceme o que pide máis e exíse,pero aínda así vese pouco,hai que dalas respostas claras e concisas,aínda que me gustou iso que dixo de que ``non van vir de fora a dicirnos o que está ben ou non´´,porque non esquezamos que Educación É POTESTADE DA XUNTA ASÍ QUE NON VEÑAN A TOCALO CARALLO E NON DEIXEN ESTUDAR GALEGO E OS NOSOS SIMBOLOS,tal e como está recollido na acutal lei educativa e de símbolos,por certo,a lei de símbolos contou co apoio de Marianito no Parlamento galego.Ver para crer...e como din na miña terra:Matalos era pouco!;)

Eva dijo...

Queeee!!!! definitivamente os primeiros ignorantes sempre son os politicos que non deixan de ser un fato de bestas a por catro pesos sen importarlle nada mais. Non hai nada mais que tirar do pasado para ver as estupideces que eles mismos din.

O ingles esta ben sabelo pero coma calqueira outra lingua forma parte da culturización cantos máis idiomas sepas mellor para ti. Pero que se poñan a estas tonterias e a estas alturas ...en fin, non teñen nada mellor que facer que levarnos a guerras estupidas e ainda encima tratarnos de ignorantes a nós, o que non queira saber galego que non o faga (aqui cada loco...), pero a min que ninguen me tape a boca, que teño bastante para todos...GRRRRRRrgrrrr De todos modos que se lle pode pedir a un partido politico que defendeu que habia unhas armas que nunca existiron por puro interes...deben pensar que nos chupamos o dedo.

El mal bicho dijo...

Ay!!! o que hay que oir...
Este Marianito cada día está peor.
Cada un é libre de falar e aprender o idioma que lle saia dos collóns.

Seguro que no Reino Unido, por poñer un exemplo, van a dedicarlle menos horas a estudalo Gaélico pa dedicarlle máis horas a outro idioma como o español, o frnacés o mesmo o xaponés.

PD. Ith, que sepas que o título asustoume un juevo!!

Ith dijo...

Eva, Rubén e Mosy, coma sempre dacordo totalmente convosco; como ven di a autora de Vagalú... qué podemos epserar do pelele de Rajoy, vindo do partido do que ven...
Mos, polo menos Feijoo fálanos galego (cousa que D. Manuel non facía) pero será o pouco que mellorou, xa me viu a imaxe de Alberto co ferro de marcar as vacas poñendonos un simbolo na cacha...
Ruben... tranquilo que non vou renegar de Galiza, polo momento [ainda que con especimes coma alguns...] e que máis dicir...
Eu non quero cantar o himno antes de entrar á clase/traballo, pero tampouco que se renege del [o español non se aprende potr que non ten letra, que se non ben que tiñamos que saber, seguriño]

Mos dijo...

Oes pois a min faríame ilusión cantar o hino antes de entrar a clase,ou ver a tódolos pequechos cantandoo.Son un romántico,que se lle vai facer.Por certo,iso de Fraga non vale,porque Fraga non falaba nin galego nin castelán nin ningunha lingua coñecida,debía ser ``da súa época´´hehe.E Feijoo fala galego cando convén,igual que colle unha mangueira co seu traxe de Emilio Tucci para afogar unhas brasas que había por alí co lume de fondo.Incrible o que se fai polo poder.Por certo que eu non estou dacordo con moitas cousas do ``exministro de Turismo´´,como dicir que nunca poñería un preservativo cando a Xunta fai campaña a favor deles;pero tampouco estou dacordo por exemplo conque o novo goberno local atopase as arcas canguesas baleiras,desfalcos por tódolos lados e mesmo cartos reservados para as comidas que tiñan entre eles.Ratifico o meu peche do mensaxe anterior.

Ith dijo...

Para poémica que os ministros dun réxime anti-democrático estean a gobernarnos hoxe en día e que, aínda por riba se opoñan a que outros partidos políticos se presenten ás elección por seren anti-constitucionais... >Recordemos que POBO elixe POLÍTICOS e nunca POLÍTICOS elixen POLÍTICOS para que elixa o POBO....

Mos, non sei pra que me replicas se ó fin e ó cabo estamos dacordo... ;-)

martinho dijo...

e logo veñen os do PP a falar de bicefalia.. BICEFALIA teñen eles e de feito estanno a demostrar con estes actos de ignorancia

Ith dijo...

Con todo o que dixestes xa sobra dicir nada máis, parece que lle demos un bo repaso ó tema, non si?
Seguide así meus que imos ben!

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas