Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

27/11/07

Indirectamente damosche polo saco

Que bonito, que alboroto, outro cadeliño piloto! Isto foi o que debeu pensar o galego (?) Mariano Rajoy ,candidato á presidencia do Estado polo Partido Popular.
É ben sabido que na campaña e precampaña electoral ós políticos vaíselle un pouco a lingua e din cousas que... todos sabemos que non poderán cumprir, basicamente porque o ritmo de promesas de emprego terán traballo ate os percebes. A última é que Rajoy prometeu que os que cobren menos de 16000 € non pagarán o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, pero esqueceuselle dicir que o pagaremos todos. O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto direto, págase diretamente a Facenda, e é tamén o máis xusto de tódolos que pagamos, que non son poucos. Neste imposto paga máis quen máis ten ou quen máis reflexado ten, debaixo do colchón non se contabiliza, e vai subindo potencialmente a porcentaxe que pagar ( quen gañe máis de 45000 € ó ano deixará en Facenda o 45 %, pero non vos vou aborrecer coas tasas porcentuais dos cartos, so dicir que atualmente quen gañe menos de 9000 €, falo de memoria porque non teño os datos, non pagan, basicamente porque non lle da para pagar nada máis) e tamén se pagan polos inmobles e bens.
Agora ben, quen carafio paga o vacío deixado por eses 7000 €, moi doado, todos. Todos pagámolo IVE, entre outros impostos indiretos. Da igual que gañes 30 que 30000, da igual que un café che custe 1.20 € ou 0.80€, vas pagar igual. Aínda que morras coa fame, vas pagar ó Estado o mesmo cun que non sabe nin cantos cartos lle custou a carne de bitela da súa cadeliña. So teñen que dicir que baixarán os impostos acenando cunha man, mentres coa outra van subindo o resto, os que non vemos. Deixando a ideoloxía a un lado, estes termos son un habitual na dereita española: quedan como Deus atuando como o Diaño. Non nos tomen por parvos e deixen os enganos pra súa vida marital.

4 comentarios:

Eva dijo...

Xa non me lembro se foi a ti quen a quen lle puxen iso de o que che regalen dun lado sacarancho de outro. En fin, pero o da baixada do IRPF paraceme un erro garrafal, en fin, entre iso e que hoxe na prensa viña algo así como que temos déficit positivo e sobran cartos no estado....aqui non se aclaran o que esta claro e que seguiremos sendo nos os extorsionados, porque de que me sirve a min que baixe un céntimo o gasoil se sube 50 o leite.

meliss dijo...

Tes toda a razón do mundo, os políticos, por moito palabreo, e por moitas florituras que lle poñan o asunto, xamais cumpriran o prometido. Segun o que dixo Rajoy mas de 25 millóns de españois non pagarán o IRPF, ousexa, a gran maioria dos españois,e asi pretende mellorar a economía do pais!!, e que cando comeza a prometer, perde o norte...

Mos dijo...

A mi cando me poidan asegurar unha vivenda digna, que de tanto pedilo parece un tópico e iso si que da vergoña, e unha xubilación coa que poida vivir dareime cun canto nos dentes e comezarei a cre-los. Mentras sabemos que telo cu apretado para que non nos dean máis,

Eva dijo...

¿oes contarás as túas aventuras no?

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas