Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

15/11/07

Quen non quere unha cunca, toma sete

Estos días non publicamos, principalmente, porque non sabiamos que dicir: non pasou nada de especial interese e o do Rei español está moi requeimado;pero hoxe, case me vexo desbordado pola información, así que vou intentar dar varios temas. Esforzádevos e non vos perdades:


1- O cura de Coiro, Benito, foi multado por aparcar no adro da ex-colexiata. El enfadouse bastante e dixo que a Igrexa é privada, non do Concello, e que os párrocos teñen dereito a aparcar ahí por dereito consuetudinario sen máis nen menos ( Benito non utilizou esta palabra, supoño que non saberá que existe, basicamente é o dereito da ``tradición´´, literalmente dixo que: ``os párrocos non eran como o resto dos mortais´´ e que ``o que fixo o policía foi unha machotadita´´). Sacando as excentricidades do párroco (como autoinvitarse a tódalas comidas que haia ou botar unha parella de recén casados fóra do adro da Igrexa de Coiro por non invita-lo á boda, ou cobrar bastantes caras as misas, ou poñer verde á xuventude logrando ``adeptos´´ entre os máis novos, ou parar unha boda pra botarlle á bronca que queda ( e quedará) fora da Igrexa) as relacións entre o Concello e a Igrexa non son moi boas, non foi visto con bos ollos que a nosa alcaldesa non fora á Misa do Cristo ou que se reunira co Arzobispo de Santiago pra que quitara as letras conmemorativas das mortes do bando franquista na Guerra Civil (que a min me parece perfectísimo). Voulle dar un consello ó único cura de Cangas que non goza do respeto do Pobo: ou cambias ou baste dar un ostiazo, porque pode que non sexas como os demáis, pero o conto vaixeche acabar. E agora uns versiños que me acabo de inventar: non te fagas o león, cacho de ...



2-Este segundo punto vai sobre a bomba colocada no Forte, na inmobiliario ``Morrazo´´ que explotou sobre as 2:30 da mañá . Suponse que foron catro quilogramos de cloratita e non foi reivindacaba por ningún grupo ou asociación. A bomba causou numerosos danos materiais en edificios colindantes e é o segundo artefato en 6 meses na vila ( o anterior fora reivindicado polo grupo independentista de inclinación lusista Resistencia Galega) e o 8 en Galiza. Teño que engadir que diversas persoas do noso Instituto pensaron que as bombas foran colocadas ``por un grupo independentista que queren poñer de hino o Alfonso da Herba e facer unha quinta provincia´´. Sen comentarios. Este ``grupo independentista´´ son os nosos amigos do CIM 0(Comando Independentista do Morrazo) que queren facer do Morrazo a quinta provincia, pero eles so van en barca a Cies, non lles da polas bombas polo de agora.

10 comentarios:

Ith dijo...

A primeira noticia chegoume de boca de Mos medio minuto antes de que a publicase. Sen comentarios, cando Beni dixo "no somos [referindose ós curas] como todo el mundo"; isto quere dicir que e el o servo do enviado de deus a Terra (o Papa) e que pode aparcar onde lle pete se lle sae da Ostia Saghrada. Sere por iso que hai tanto curiña pederasta? Será "deseo de Dios para que los niños lleguen al paraíso, sufriendo en vida" sen máis que dicir que co cambio de goberno de ultradereita de Sotelo ó nacionalista de Clara Millán, acabáronselle as papaostiadas ahí os parrocos de Cangas, polo menos.

Á segunda entrada; lembro para tod@s que é Resistencia Galega, e non "galllega" é ETA e non EEL, por exemplo ;·) e non o digo por Mos, que o puxo ben.
Como xa dixen anteriormente, algo moi grave ten que pasar para que teñamos que defender as nosas ideas desa forma...
Neste caso ten pinta de que ó señor que posúe inmobiliarias Morrazo (amén de dous coches valorados en 60.000€, pisos, chales e demais) xa lle chegou o San artiño, coma a todolos da sua especie.
Xa era hora de parar a venda de pisos con esas hipotecas incubertas (e digovolo dende o coñecemento persoal) e esas entradas non devoltas, a pesares de que o piso non chegase a ser mercado.
A Edelmiro Rozados Vidal e a Gabriel Cabarcos Prieto, administradores e supoño, posuidores, so dicirlles que sin to que a súa sociedade perdese valor (234.294,92€ en 2004 e 22.800€ en 2005) pero informolles que por iso non teñeno popder de estafar a xente e de especular coa "promoción inmobiliaria" ademais de forrarse co seguro (iso tédeo por "seguro") o capital socuial da empresa ascende ós 48.080€, facturando no último ano 22.800€
Tranquilos habedes de montar outra empresa, se cadra no mesmo lugar e seguiredes co mesmo, agora a clientela... no sei, non sei...

Ith dijo...

Engadir que non teño dúbidas das boas intencións do CIM e que non creo que sexa obra sua (nin de coña), mais que nada, porque estarán liado cos novos carnes de identidade morrasenses e coas sinais de trafico actualizadas ;·)

El mal bicho dijo...

A 1ª noticia fíxome moita gracia cando a lín no faro de vigo, e máis coa parte que poñía algo coma que as relacións entre a igrexa e o concello están en perigo.

En segundo lugar, pido disculpas pola "L" que se me escapou, pero é que o meu castrapo sae a flote cada vez que ten ocasión.
Ao igual ca ti, non creo que o CIM, estivera algunha relación coa bomba.

Eva dijo...

Parva me deixades, o do cura, en fin, sen comentarios, os curas cada día van son mais heavies ou non vistedes ese cura melenudo que vay grabando discos de rock por ahi, fijo que despois dos concertos vai por ahi de chuzas.

O que me deixou sorprendida foi o da bomba, tanto me ten quen fora, se imos empezar con isas tonterias imos mal, estou en contra da defensa de ideas con violencia, e con bombas menos e se ainda encima afectan o resto da poblacion mais. Eu defendo as miñas ideas sen molestar a nadie, non sei que mania teñen este ignorantes que e o que son de vir poñendo bombas donde lles peta para chamar a atencion. E ainda encima no Forte, por un pouco mais abaixo veñen dar a miña aldea, fato de pailans!!! (entendede o meu cabreo)

Mos dijo...

O das bombas está mal, certo, pero o Estado ensinounos que se queremos algo temos que facer iso. Os vascos teñen máis privilexios co resto entre outras cousas por iso, e o ghicho non era trigo limpo así que...Quen algo quere algo lle custa, con isto so quero facer ver a outra parte, que non ten que ser necesariamente a miña.

C.I.M. dijo...

Non vesades que líos ten o cim por estes feitos. A sente mistura o chouriso coa velosidade.

meliss dijo...

O do cura...NON TEN PALABRAS. E que vamos a multa non lla vai quitar nin Dios, e que non se entende, aqui somos todos iguas ou non di iso a biblia. E bueno o da bomba parece...Foi una xuste de contas din por ahi e probablemente sea certo tal polo que esoitei eu por ahi. UN bico

Mos dijo...

benvida meliss hehe. Por certo CIM, que vos pasou na páxina que non vai?

Eva dijo...

Estades desaparecidos en combate, espero que sexa para sacar nota...jeje

eNmEiGaDa dijo...

Vaites e eu sen enterarme da existencia do C.I.M... xd pero que inculta son!!! hehehehe. polo do concurso... que eh?? jejejeje bicos

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas