Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

11/1/08

Outra vez coa megafonía

Como xa saberedes, dentro de pouco disólvense as Cortes pra poder entrar definitivamente en pre-campaña. Ou o que é o mesmo, anuncios televisivos no cal os políticos nos contan cantas cousas van facer, mentres nós os miramos con cara de póquer preguntándonos se temos cara de parbos pra poder enganarnos tan sinxelamente; outra vez nos espertarán as 8 da mañá un domingo contándo que tal partido é mellor ca outro montados nunha furgoneta que, se pasa rápido aínda ben, pero como pillen un atasco os temos tódala mañá co mesmo; outra vez miraremos a cariña de Rajoy mirándonos con ollos de besugo (que os ten, non é unha licenza miña) en tódolos carteis do país. Pero está vez hai un cambio, Zapatero aceptou o que fai 4 anos non quixo e vai haber debate, tres exactamente. Que conste que me encanta a política, pero aínda queda a europea e a galega nun ano...

3 comentarios:

Ith dijo...

Bueno, aledate de ter eleccións! Hehe...
Pois supoño que moitos doas cartos invertidos nas campañas son cartos tirados. Eu teño claro a quen vou votar (sen coñas, mos) e non me atopo indeciso, ainda asi os partidos españois están ben definidos...
Supoño que é o que nos agarda, elecións ó parlamento do Estado, o parlamento Europeo... E, en pouco tempo tamne, as elecíons á Xunta...
Fai ilusión poder colaborar no Sistema, ainda que nos decepcione, e comprendo (non comparto non acepto, pero comprendo) que a xente deixe de crer nun sistema polo cal se condea a unha persoa a entrar no carcere preventiva sen fianza por falsificar coches e unha liberdade con cargos a unha muller que asasina a seu fillo... cousas que pasa, claro...

eNmEiGaDa dijo...

BAMBAM!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Juju que boa!! Este ano tamén ves a O’Hio!!! Que festiña imos montar... xa teño unhas ganiñas... e para o día 9 ( a nosa volta de OURENSE de máis festa) pois hai que deixar todo preparado!!! Van ser moitísimas risas!!! Un bico!!!!!

Eva dijo...

Si Mos, empeza o festin pamplinadas, e o que nos queda por oir, creo que chegou a hora de apagar a television e pasar de oir a radio, total para escoitar tonterias non che fai falla poñer radio Rajoy nin Radio Zapa

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas