Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

28/1/08

Persoa ou non?

Visto o vago que estades ultimamente niso de comentar, vou a expoñer un tema especialmente delicado e que non deixa indeferente a ninguén. Aborto si, non ou depende.

  • Os que apoian o aborto defenden a liberdade da muller pra decidir sobre o seu corpo e piden unha Lei de Prazos, isto é, unha lei que permita abortar sempre que se queira dentro dos primeiros meses (até o terceiro ou cuarto).
  • Os que non apoian o aborto din que é un asasinato dunha pequena vida indefensa, xa que consideran que nace a vida no momento mesmo da unión entre o espermatozoide e o óvulo, e que ten tanto dereito coma nós a exisitir e vivir.
  • Os que apoian un aborto circunstancial ( dependendo da cirscunstancia) como o que existe na lexilación actual fan unha mistura dos dous conceptos anteriormente citados, respectando o dereito á vida do feto e o da nai. Só se pode abortar cando hai risco de malformación ou un risco pra vida da nai, e isto so nos primeiros meses.

Nos EUA, dentro de todo o seu puritanismo e relixiosidade ( cren no Creacionismo en troco do Evolucionismo darwiniano) apoian o aborto libre. A Igrexa Católica di que non, pero iso tampouco é tan raro nunha institución que xa comeza a cheirar a rancio. O Partido Popular maniféstase en contra, pero coma no caso do divorcio, tampouco fará nada por quitala Lei nin pra ampliala. O PSOE promete modificar pero non a toca. O único partido que se moveu e fixo a proposta foi Esquerda Unida. A palabra é vosa.

15 comentarios:

Ith dijo...

Deixando o exemplo dos EUA de lado -as contradicions inexplicabeis- , o aborto e un tema moralmente candente...
Tendo en conta os metodos anticonceptivos actuais (hainos a mancheas) e as formas de interrompe-lo ambarazo (pilula do dia despois...)

Quen hoxe queda embarazada, e case por que quere, se non o interrompe e case pro que quere...
Aborto? O xusto e necesario; perigo para a nai, para o neno, violacion.. si.
Pero non se te esqueces do condon... e algo que debemos ter en conta moralmente, é unha vida, é un asasinato. Necesario, dende logo, e non se pode considerar persoa... pero ainda asi, usemolo con prudencia.

Anónimo dijo...

"Aborto para unos,
banderiatas americanas para otros"

El mal bicho dijo...

Canto tempo sen pasarme por aqui, por non falar de comentar...

Este tema xa é como di Ith é un tema moi delicado. Eu posiciónome no aborto circunstancial, xa que o aborto libre eche a ostia, exe entendible no primeiro mes (que sería o caso das pirulas do día despois, da semana e hasta a do mes)
Pero xa no segundo mes ou no terceiro abortar así porque si, como que non o vexo eu ven...

Mos dijo...

Quero matizar que quen queda embarazado non é porque quere moitas veces, lembremos que os métodos anticonceptivos non son 100% eficaces, todos poden faiar. O que sucede neste caso é ``que a túa liberdade comeza onde remata a miña´´, ahí é onde reside o problema. Onde comeza a liberdade do embrión como futuro ser humano e onde remata a liberdade da nai pra decidir o porvir do seu corpo e do seu futuro? Aínda así, abortar non é sinxelo, é un proceso traumático pra nai.

Ith dijo...

As posibilidades de non quedar embarazada usando metodos anticonceptivos e grande, pode fallar, si, pero existen diversas formas de interrumpi-lo embarazo durante o primeiro mes... e o que dicia, se previndo e tendo un mes para interrumpilo non eres capaz de non quedar embarazada pro gusto.. en fin, poe haber casos, e eses terian que ser estudades sen dubida, pero aborto libre e gratuito non, nunca. Non e que sexa unha vida, e que xa se convirte no vicio das operacions de estetica, e de seguirmos asi..

martinho dijo...

Aborto sí pero...

esa é a miña poición

nese pero abordaríase o tema de malformacións e semanas para abortar

Mos dijo...

O problema é que a muller soe decatarse do embarazo no terceiro mes de embarazo, non no primeiro, e a pílula tómase en caso de rotura de preservativo, porque no resto de métodos non se sabe que faiaron... até que xa é tarde pra tomala pílula. Nese caso que fas?

Eva dijo...

A ver, eu creo que hai temas que deberian ser debatidos con loxica e non con intencion politicas nin relixiosas. O "Vaticano"pensa no seu imperio, o pp na sua maneira de comprar un voto, e os demais por desgracia na gran maioria son titeres distes que non se paran nin a pensar un porque.

Eu sempre que sexa antes dos tres meses estou de acordo e a favor do aborto . O fin e o cabo ter un fillo por telo e moi inxusto para a criatura que vai ser a que se vai ter que desenvolver no mundo, se ainda encima tes motivos maiores, como unha violacion, o unha malformacion, peor...Ises que din que se asasina un ser humano, de ciencias non entenden moito, deberian primeiro de informarse, xa que nos dos primeiros meses so son duas celulas en desenrolo, pero sen sentimentos, sin forma..so celulas, a partir do segundo mes, a min xa me parece a cousa critica, xa non o vexo tan ben, pero aqui cabria ver a situacion, por exemplo, no caso dunha malformacion, isto e algo que con dous ou tres meses non se sabe, enton habria que arriscarse...e complicado en este caso, abre un debate moral, na miña forma de pensar a favor, eu non querria morrer deixando a alguen que non se sepa valer por si, xa bastante dura pode resultar a vida tendo pleno coñecemento dela. E espero que nisto ninguen me salte con iso de que moitos chegan lexos, si bueno, depende de donde este o problema, a min dende logo se me dan a elexir, se quero nacer como son ou disa maneira teño claro, e falo dende un punto de vista da criatura. Igual non me estou a explicar moi ben. E despois e o que di Ith, as mulleres cando abortan tamen corren riscos en canto a saude se refire e non so fisica tamen moral.

O problema é que a muller soe decatarse do embarazo no terceiro mes de embarazo
Que eu sepa as catro semanas, ou sexa un mes, xa podes detectar un embarazo, ademais, e facil, se non baixa a regla por algo sera . Pode haber mulleres que non se enteren pero estamos a falar do seguinte caso: supoño que sabedes a duracion do ciclo menstrual (vou omitir explicalo), ben, hai algunhas mulleres que sufren transtornos hormonais que fan que iste ciclo se retrase, incluso cousas mais simples como depresion, anemia, ....tamen afectan o ciclo menstrual, atrasando ou adelantando....entre outras moitas cousas...poderiame tirar aqui a vida citandovos todo o que pode transtocar o ciclo menstrual,dias semanas ou meses incluso sen ciclo...en este caso claro..podes levarte a sorpresa do 15 pero as mulleres que sofren de isto, a menos que sexan moi xoves e non se lle fose detectado, saben que teñen que ter coidado con isto.
Vou dar por finalizado o meu meeting, que creo que me excedin, e todo para decir que isto habria que decidilo pensando un pouco humanamente e non como fan: politica e relixiosamente, importandolles nada a vida das persoas, dos que estan e dos que virian en este caso.

eNmEiGaDa dijo...

mima!!! comentarios máis largos, e eu sen saber que escribirvos... Santy, chámame para quedar para o domingo. un bico!!! e hai que deixar algun comentario eh?? :P

Mos dijo...

enmeigada... preferiría que non usases o blog pra poder quedar ou pra mandar mensaxes de índole persoal...

Ith dijo...

Posto que nos enchemos a boca de liberdades e, unha delas, é a de expresión, Enmeigada, di o que queiras, mentres non sexa ofensivo.

Ten razon o dicir que e mellor non usar o blogue para quedar, pero é un blogue, é un medio de comunicación. Opinións persioais, todo cabe. Todo o que o Admin. permita...

Ith dijo...

E aproveitando as recriminacións públicas;
sendo esta a segunda vez que che teño que recordar o teu papel no blogue (como colaborador, e agradecese).
Sendo a segunda vez que che digo (a terceira coa do comentario anterior) que aqui respectanse todalas opinions.

So me resta recordarche, Oscar, que hai xente a que non lle gusta qeu lel digan que facer (como ti me recordaches) asique, sen dicirche que TES que respecta-los nosos comentaristas, simplemente RECORDOCHE:
·O teu papel
·O meu papel
·A liberdade de experesion e comentario nun blogue persoal
·Que son eu, ou ti co consentimento do Admin., o que podo modera-los comentarios.

Ahi vos queda, feliz entroido!

Mos dijo...

Pois ceñireime o meu papel como colaborador entón, aínda que creo que non entendiches o de ``preferiría´´ pero bueno, ti es o administrador e es o amo e señor. Cada un no seu. E penso que un comentarista é alguén que comenta sobre o tema, non alguén que manda mensaxes persoais intrascendentes.

eNmEiGaDa dijo...

mos perdoa!!! o día aquel non tivera tempo de ler o blog e non tiña outra forma de conectarme con Santy. Aquí deixo as miñas desculpas!

sobre o post, eu estou de acordo co aborto. se agora quedase eu embarazada non o tería... é so unha cousa pequeniña... bueno, quizáis mo pensaría, pero no caso de que nacese con algún problema, aí si que non, tería que pensar se eu sería capaz de sacalo adiante cos problemas que fose a ter. Non é unha decisión nada doada....

eNmEiGaDa dijo...

todo isto de abortar o digo cando aínda so é unha cousiña pequena, apartires do segundo mes so o faría se fose un caso moi moi moi extremo, porque aí penso que xa é un ser. de todos os xeitos, so é a miña opinión

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas