Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

6/3/08

Tanto esperar pra isto?

Volvo publicar despois dun tempo cheo de exames e estrés, que seguramente será peor en dous meses... Como non podería ser de outro xeito, vou falar das Eleccións ó Congreso, xa que moitas das nosas aspiracións de autogoberno pasan por ahí. Eu, coma moitos máis, vin o debate ``democrático´´ entre os dous grandes partidos do Estado esperando algo, un guiño, unha esperanza... nada. Non vin nada. Parecía unha película mala onde xa sabes os diálogos e o final antes de rematar, e incluso antes de comezar. Un falando das políticas sociais, o outro que se a inmigración, que se Iraq, que se ETA... Nada, para dicir iso máis valería que quedasen na casa. Zapatero púñase nervoso cada vez que lle falaban de ETA, Rajoy non sabe o que é un Bono-bus e mete medo ós votantes ( a min dame pánico que gañe sinceramente). Falaron do que sempre falan, menos de nós. Ós galegos utlízannos coma na Ditadura, de despensa. Veñen unha ou dúas veces por eiquí, falan do mal que están as cousas ou do ben que están, e marchan; despois cando descuten non falan de se eiquí non temos infraestruturas, nin un sistema industrial forte, nin unha economía suficientemente saneada, nada. Falan dos cataláns (que me é igual o que fagan ou deixen de facer no seu país, xa temos dabondo con noso), dos andaluces (non sei a santo de que), ods madrileños (por iso de ser a capital estatal debe ser) e nada máis. Neste Estado existen catro cousas pra eles:dous idiomas (catalán e español, o galego nin o mencionan), curas, etarras e inmigrantes, o resto que lles den. Pareceume máis interesante o debate entre as forzas do Parlamento Galego, que polo menos sí se preocuparon do que pasa eiquí, ben, un deles, e non quero ser partidista nisto, pero o único que falou de Galiza foi o que todos deron por gañador, e non é dun grupo español. So vos digo que comeza por B...

2 comentarios:

Ith dijo...

Pois que queres que che diga...

Eu nin mirei os debates enteiros, pareceme unha forma mais burda de publicitar as suas propostas -esas promesas incumpribeis que fan-.

Claro que o BNG se preocupara mais por Galiza, basicamente porque son galegos, por iso estou con eles, que non por que os ame e acate as suas ideas o 100% pero son os que mais me representan.
Por oura banda, os politicos falaran do que lels conven, o que gaña votos, non é Galiza? Pois non se fala dela...

Os feridos e duros, imbeciles e escuros non nos entenden, non

eNmEiGaDa dijo...

Eu e que non entendo ós políticos nin nunca os entenderei... soamente prometen e prometen... e que fan?? NADA!!!!!! non é que eu entenda destos temas, pero e que o que sei e que soamente se adican a saír en toda canta cadea de televisión hai, discutindo e botandose en cara cousas. E so se lle da importancia o PSOE E PP, e o resto que?? non existen ou?

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas