Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

28/1/08

Persoa ou non?

Visto o vago que estades ultimamente niso de comentar, vou a expoñer un tema especialmente delicado e que non deixa indeferente a ninguén. Aborto si, non ou depende.

  • Os que apoian o aborto defenden a liberdade da muller pra decidir sobre o seu corpo e piden unha Lei de Prazos, isto é, unha lei que permita abortar sempre que se queira dentro dos primeiros meses (até o terceiro ou cuarto).
  • Os que non apoian o aborto din que é un asasinato dunha pequena vida indefensa, xa que consideran que nace a vida no momento mesmo da unión entre o espermatozoide e o óvulo, e que ten tanto dereito coma nós a exisitir e vivir.
  • Os que apoian un aborto circunstancial ( dependendo da cirscunstancia) como o que existe na lexilación actual fan unha mistura dos dous conceptos anteriormente citados, respectando o dereito á vida do feto e o da nai. Só se pode abortar cando hai risco de malformación ou un risco pra vida da nai, e isto so nos primeiros meses.

Nos EUA, dentro de todo o seu puritanismo e relixiosidade ( cren no Creacionismo en troco do Evolucionismo darwiniano) apoian o aborto libre. A Igrexa Católica di que non, pero iso tampouco é tan raro nunha institución que xa comeza a cheirar a rancio. O Partido Popular maniféstase en contra, pero coma no caso do divorcio, tampouco fará nada por quitala Lei nin pra ampliala. O PSOE promete modificar pero non a toca. O único partido que se moveu e fixo a proposta foi Esquerda Unida. A palabra é vosa.

26/1/08

Welcome Mr. 'Lamecús'


O Goberno Canadiense elaborou un listado de países onde os prisioneiros poden sufrir tortura. Nel incluíanse a EUA e a Israel. Do país norteamericano citábase Guantánamo e incuíase unha lista de técnicas de interrogatorio como "obrigarlles aos prisioneiros a se espiren, illalos e privalos do sono".
Tras recibir unha afable visita de autoridades estadounidenses e israelís, o ministro canadense de Asuntos Exteriores retificou o informe, sacando de el a ambalas dúas nacións e alegando que se incluiron por erro.
Será por iso, claro. E a parte que alertaba das torturas en Guantánamo, tamén un erro. Todo un gran erro.
Se non fose a alianza que une a Canadá, tan reivindicativos dunhas veces [>mirade<] e tan rastreiros doutras...

A coordinadora de Amnistía Internacional Canadá,a través da súa coordinadora expón que "cando se trata dun tema como a tortura, a principal preocupación do goberno non debería ser se avergoña os seus aliados".

Israel e EUA... Modelo a seguir por Canadá? Supoño que políticos tan vendidos é o normal, pero isto xa é moi descarado.

19/1/08

Video da semana

Sei que esta seción non a soio facer eu, pero non podía resistila tentación de poner este video. Védeo en serio que é o do mellor que hai na TVG no momento

17/1/08

Treme España, que chegan as linguas minoritarias!!

O outro día fixen unha regresión no tempo, de súpeto vinme a 28 de decembro pero nin así podería ser certo. Resulta que o ex-presidente Aznar tiña medo pola situación dos castelán-falantes nas nacións sen Estado. Perdoenme polo que vou dicir, pero parece que os españois estanse volvendo máis parvos cada vez: primeiro unha lei que di a METADE das clases en galego é desigualitaria, debe ser que o concepto 50%-50 % non son capaces de comprendelo; despois que o noso hino insulta ós que non saben falar galego, o que so demostra a súa ignorancia; despois que as nosas selecións non poden xogar cando queiran e onde queiran, so poden xogar a finais de decembro nun amistoso, nunca nun partido oficial; agora que o castelán está en perigo por intentar equiparar o resto a ela. A isto último teño que dicir varias cousas, nun territorio non poden convivir como eles lle deron en chamar ``bilingüismo afable´´ porque unha lingua sempre tirará a estar por riba da outra, en tal caso prefiro que sexa a lingua propia do país e non unha allea; e cando o que se impuña era o castelán e so había unha materia en galego , Lingua e Literatura Galega, eu non escoitei dicir a Aznar que iso habería que remedialo, estaba caladiño como un peto. Cando un galego di que non se respectan os seus dereitos lingüísticos, non pasa absolutamente nada; se lle pasa iso a un español cos seus dereitos... xa pode tremer a Xunta enteira.

11/1/08

Outra vez coa megafonía

Como xa saberedes, dentro de pouco disólvense as Cortes pra poder entrar definitivamente en pre-campaña. Ou o que é o mesmo, anuncios televisivos no cal os políticos nos contan cantas cousas van facer, mentres nós os miramos con cara de póquer preguntándonos se temos cara de parbos pra poder enganarnos tan sinxelamente; outra vez nos espertarán as 8 da mañá un domingo contándo que tal partido é mellor ca outro montados nunha furgoneta que, se pasa rápido aínda ben, pero como pillen un atasco os temos tódala mañá co mesmo; outra vez miraremos a cariña de Rajoy mirándonos con ollos de besugo (que os ten, non é unha licenza miña) en tódolos carteis do país. Pero está vez hai un cambio, Zapatero aceptou o que fai 4 anos non quixo e vai haber debate, tres exactamente. Que conste que me encanta a política, pero aínda queda a europea e a galega nun ano...

7/1/08

Celtismo =? independencia

En realidade esta ía ser unha entrada anedótica sobre un mito celta, xa que a mitoloxía greco-romana sáenos polas orellas. Pero como non se me ocorría que mito subir, busquei algún novo, e atopeino. O malo e que, unido ó mito de "A canción de Amergin" había varios links, un deles a unha páxina bastante interesante [www.celtiberia.net]. Linkando e linkando atopeime lendo un artigo dun señor moi simpático (seica arqueólogo)
que expoñía a inutilidade de basear a iundependencia galega -por exemplo- na presenza celta que non está demostrada, posto que non hai restos arqueolóxicos que se podan supor celtas, no hai casas típicas dese pobo -de forma circular- (isto sorprendeume), non existe unha pegada na lingua nin os restos xenéticos se poden demostrar.



Eu exporíalle que;
-A independencia dun pobo baséase na necesidade e crenza dese pobo na súa propia independencia, moitas veces se pode apoiar nos antepasados, que á súa vez lévame a opinar sobre os seus argumentos;
-Por non haber, non hai restos arquelóxicos de case ningunha civilización, humidade e acidez do chan, factores queu inflúen na conservación dos restos, de ser por isto non tería habido humanos nunca en Galiza;
-Casas de forma circular? Xa non digo subir ó monte de Santa Tegra, no que hai un complexo case que tan grande como 'Marina dór', se non no mesmo monte do Facho, a unha hora da miña casa, pódense atopar bastantes casiñas circulares [lede, lede];
-Restos lingüísticos? Non ho! o galego e o castelan mal falado, como se dicia na época franquista!;
-A pegada xenética non a podo discutir se non é con argumentos que coñezo (pois o Facho e o Galego, miroos e sintonos); unha recente investigación do doutor Skyes, da universidade de Oxford, coa axuda de varios expertos italianos (todos eles moi interesados no nacionalismo galego e bretón...) publicaron que [copio-pego de aquí]

"De hecho, la investigación de la prestigiosa universidad concluye que los Celtas, la cultura prerrománica más importante de las islas británicas, provenían de territorio español. Al parecer, son descendientes de una tribu de pescadores ibéricos que cruzaron la golfo de Vizcaya hace 6.000 años."

Sen máis que engadir, déixovos o canto de Amergin na marxe esquerda e o mito xa volo contarei... Coidadevos, e feliz ano...
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas