Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

25/8/07

"Tertuliar" en tiempos revueltos

Quen se acorda de Urdaci i o seu "ceceoo". Non, non ceceaba, lembrades a folga xeral do 20/06/2002 que segundo os informativos de TVE so alcanzaron a sumárselle catro ghatos e que en realidade parou ó pais enteiro pola cantidade de xente que se sumou a ela?
Acordádesvos dos "vinte" segundos de "rectificación" que lles impuxo o xulgado "de lo social", esa que outro xuíz opinou que non fora tal e que CC.OO. (Comisións Obreiras) podería apelar para que o director de Informativos da Primera de Televisión Española volvese a rectificar, cousa que non fixeron, pobre home. Ese, que presentando os escrutinuos en directo dende colexios electorais recibía insultos da xente presente e el con cara de parvo no plató?



Agora si?? Pois ese mesmiño, imaxinadeo nunha mesa, como tertuliano (anda!), en compañía de Terelu Campos (dobre ANDA!), do ex-director (ou director, non sei) de interviu e do pseudoperiodista Diego Arrabal (triple ANDAAA!). EN Telecinco (cuádruple mecaghindiós).

Pois este era o panorama de T5 o sábado pola noite; un programa no que colaboran, entre outros, os personaxes de ahi arriba...

I eu preguntome, como é que unha cadea de TV (T5 especialmente) contrata a xente coma esta? Perdeuse xa iso de poñer persoas normais na TV? Onde foron os valores que defendia telecinco e que de repente se contradín contratando a un filofascista, católico, apostólico e románico, un grande e libre??
"Son o que máis flipa coa televisión do mundo"

10 comentarios:

Mos dijo...

Creo que me sentou mal o ``chumichurri´´ na comida,porque lin que telecinco tiña valores.Telecinco,que dende os seus comezos baseou a súa televisión no morbo,no sexo explícito,que non ten ningún programa cultural,que basea o seu liderazgo nas vidas de xente coñecida(e non tan coñecida,antes era famoso quen cantaba ben,quen xogaba ben ou quen facía algo importante ou interesante,non quen se deitaba co casposo de turno que unha vez dixo que se deitara con Marujita Diaz.Que valores ten telecinco?So hai que ver tódalas reputacións que rebentou a golpe de titulares ou rumores,sexan verídicos ou non.Non sei se vedes ``Se lo que hicisteis...´´na Sexta,a min persoalmente gustame moito xa que fai probar da mesma menciña os falabaratos das ``tertulias´´;pois nese programa pillaron a Javier Vázquez como unha cuba no Día do Orgullo Gai e comentaron a noticia,pois Vazquez respondeu que quen facía eso era un ``hijo de puta´´(se quen comenta unha noticia así e un fillo de puta,que será el que queima literalmente a tódolos que qere)e cando dúas revistas do corazón publicaron as fotos,el respondeu,e cita testualmente segundo me acorda:
-Vosotros no sabeis el daño que pueden hacer esas imágenes a mi madre,por ejemplo,me parece una falta de respeto.En fin,que país estais creando.
Ó que Angel Martín,colaborador de Se lo que hicisteis... respondeu:
-Pues tu colaboras todos los días una hora y media a hacer ese país.
Para acto seguido coller un video do programa de Vazquez onde se ensañaban con Ortega Cano por ir con dúas copas de máis,pero engadíndolle tamén as de Javier.
Eses son os valores de telecinco:mentiras,hipocresía,capitalismo puro e duro e rumores sen verificar que dan como verdadeiros.Simplemente lamentable.

Ith dijo...

Tranquilo, que vaiche dar algo.
Primeiro, como autor e moderador do post, non vou ser que te banne ou modere os teus comentarios, que xa hai demasiados "cohartadores" de liberdades por ahi soltos. Isto ven a que deberías seguir certa lóxica e respostar ás preguntas do post, en vez de desenrolar só unha parte.
Segundo, dacordo con que telecinco perdeus os valores que tiña, que os tiña, antes da revolución de Vocento.
O do sexo explícito éche algo inherente á cultura cinematográfica europea, e especialmente a española, xa que os desnudos sen senso aparecen nas produccións nacionais a centos e sen censura.
Tmén é certo que "Aquí hay tomate" échenos unha desgracia, son uns carroñeiros, pero que non se alimentan de carroña xerada pola decadencia de famosos e pseudo- senón que eles mesmos xeran a merda da que viven.
T5 é o canal que máis horas de directo ten, a productora dependente máis importante e unha política de mercado un tanto agresiva (recordemos a compra da productora de J.L. Moreno).
Nun tempo foi especial, rodeada de anarquistas pseudo-democráticos (Antena3) fascistas ocultos (TVE) e canles de emisión en peche que demasiada xente non se podía permitir xurdiu, hai uns dazaseis anos TeleCinco. De tendencias esquerdistas moderadas, foi unha pequena revolución, pero coa (bendita) chegada da nova televisión (Cuatroº, LaSexta...) desbancouse totalmente ó apéndice Italiano de Vocento.
Desaprobo totalmente a política publicitaria da canle ("tan fresco que xea") e a súa estratexia de captación de audiencia xerando, coma ti dis, rumores que toman por certos.
oS informativos son unha pantomima distractora da realidade social (comparade o Telediario de T5, cheo de tonterías e noticias chorras, e enfontadeo a Cuatroº, por exemplo, no que se ve realmente (ou case) todo o que pasa).
O "capitalismo puro e duro" éche tamen parte da sociedade (idea para o post desta noite) e practicanno igualmente todalas cades lembremos ó Grupo Prisa, Vocento...

Pero como dicía, ese non era o tema, senón que falabamos de Urdaci e de cómo ten a cara de se presentar na TV nacional despois do que pasou...

Ith dijo...

"""igualmente todalas >cades< lembremos ó Grupo Prisa, Vocento... """"

>quería dicir "canles"

Mos dijo...

Centreime nunha parte e non me din conta do resto,mea culpa,pero aínda así vouche explicar o de sexo explícito,non sei se lembras as ``Mamachichos´´,se non mirao no youtube e comprenderásme,porque aínda que non era erotismo directo,pouco lle faltaba.E o de Urdaci é sinxelo,non sei se o viches contando monólogos no ``Club de Flo´´ ou bailando Sex bomb nun programa da Tv madrileña onde tiña un espazo pra chistes e monólogos.Non debería sorprenderche tanto,e menos cos que estaba:Diego colleu unha lancha e un helicóptero pra rebentarlle a exclusiva da boda a Paulina Rubio,e o único que conseguiu foi ter unha vista da praia ó lonxe;Terelu está onde está por ser filla de María Teresa Campos;Jordi ten un gafe enriba que non pode con el,rebentou tódolos programas que lle deron;e os outros dous so os coñeco de vista doutras andaduras televisivas.Que lle pides?Onde non hai...

Ith dijo...

OK, así é como tiña que ser, primeiro iso e logo o destripar a T5 que xa o vai merecendo.
Dígoche que o director dunha revista que excusa a aparición dunha muller en bolas como "mostrar a beleza feminina" e que esconde una machismo exaserado (tetas!! comprade a revista!!) non pode ser un periodista moi agradable. De D. Arrabal...

Eva dijo...

Ñe, nin que nos puxeramos de acordo, podes pasar a leer a miña opinión sobre os medios no meu blog cando queiras. Agora vou comentar o resto:

1. O chumichurri fora da dieta os dous. Que se ve que crea estragos non apitades ben, tedes que votar o xusto.

2. O mellor do video e a canción do NODO.

3. Telecinco sempre e nisto creo que me poño de acordo con mos, foi de vender a audiencia o que queria oir fose ou non verdade.O que importa son os cartos do bolsillo.

4. De T5 sairon grandes "personaxes?", como matamoros clan, un refinado Sarda que demostrou ser un pesetero, entre outos..... vamos tenche unha credibilidade a cadena....esta ben como entrenimiento para rir un pouco, pero a verdade non se encontra precisamente vendo a tele.

Asi pues, quero deixar patente que me gustou moito este cacho Ith:"
Agora si?? Pois ese mesmiño, imaxinadeo nunha mesa, como tertuliano (anda!), en compañía de Terelu Campos (dobre ANDA!), do ex-director (ou director, non sei) de interviu e do pseudoperiodista Diego Arrabal (triple ANDAAA!). EN Telecinco (cuádruple mecaghindiós). parece unha retransmisión dun partido no momento maís emotivo. E como resume decir, que a min a tv sacando algun documental ou opinión pouco partidista todo o demais parece simplemente calificable como "entretenimiento" pero de ahí a levar a "misa" o que se ve....e que non quero escribirche o que xa escribin agora...repitome....que desastriño son

Ith dijo...

Dacordo cos dous, xa llo dixen a Mosy.
Telecinco degradouse, non comezou así, ou quero crer iso.
Realmente é un dos maiores vertedeiros do mundo (televisivo español).
Eva, grazas polo da comparación co mcomentarista de futbol.
Mos, aprende que os do concurso Manuel Murguía non me premiaron, pero ela recoñece que lle gusta como escribo (polo menos unha frase!)
I para nada eres un gran desastre, eva, que xa hai que telos ben postos para meternos a(s) parrafada(s) que nos metiches no último post "En referencia a"...
Por certo, por que ti, Ruby Gloom e mais eu decidimos publicar un post sobre isto ó tempo??

Tamén e verdade que o video esta moi logrado coa cabeceira en Branco e Negro, a sintonía do NoDo ...
Agradecémosllo o todopoderoso YouTube, agora propiedade de Microsoft, por certo.

El mal bicho dijo...

Eu xa non perdín o tempo en mirar o programa novo ese de telecinco, porque todos son iguais, "morbo + vida privada + morbo" esa é a súa fórmula máxica para facer programas; pero isto non é o peor, senón que como lle funciona a fórmula, outras cadenas como Antena3 o Cuatro copian a fórmula (unha máis que outra)

Así vai a nosa televisión, menos mal que hai programas coma "se lo que hicisteis..." que lles da un poukiño de caña.

Falando dos colaboradores, sorpréndeme a presenza da fillísima, Terelu, na cadena que lle arruinou a vida, pss o que fan os cartos

Mos dijo...

Falando destas cousas da televisión,e aínda que non ten nada que ver co post inicial,non sei se vos decatástes de que Cuatro,unha cadea que me soe gustar,xunto con La Sexta,porque non está tan requeimada como as outras,está a emitir a segunda tempada de ``Supermodelos´´.Pareceme impactante ver que unha cadea que ten programas para mellorala vida dos televidentes(Eres lo que comes),quiz shows e demáis despois nos ensinen prototipos de mulleres perfetas e como deben ser todas pra ``ser aceptadas´´,literalmente.
Por certo Santi,telechingo demostrou dende os comezos que ía vender morbo;igual que Antena Simpson demostrou a súa loita contra o insomnio poñendo as típicas pelis dramáticas norteamericanas na sobremesa dos fines.

Ith dijo...

Como di Ruben, é trid¡ste que se emitan, pero máis triste que se copie o formato. Tamén mos ten razñon cado fala de Cuatroº.
Éche raro, si, porque defendendo como defende algunhas cousiñas, que de supeto nos emitan Superodelo, ainda que seik promoven a alimentación sana, o exercicio e valores "pasitivos" dende esas modelos.
¬¬ Xa...

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas