Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

9/9/07

Ataque portugués!

Si, os portugueses atacan o país.
Un periodista, estilo totala Jiménez los Santos ou César Vidal, pero en portugués dáselle por volver a arremeter contra os galegos, non só contra os nacionalistas, senón contra todo o que estea orgulloso de ser galego (fora ou dentro de España) e de ter unha lingua propia.
Este tar Ferreira Fernández sóltanos perlas que demostran o pouco de periodista e o muito de salazarista que ten, como esta "A partir de hoje, os jardins-escolas galegos dão as aulas só em galego. Também se vai ensinar um "hino galego" de um nacionalismo extremo."
Os "jardins-escolas" son ate os tres anos, non é o tempo suficiente para que un neno fale, para toda a súa vida galego. O "hino galego" e o desexo de que fose ensinado foi un desexo de Anxo Quintana, non unha lei orgánica de educación para Galiza. Quintana pode dicir misa (ou case non) pero entrementres o Parlamento non aprobe as cousiñas... ter que contentarse con soñar.

"Esta deriva galega integra-se no menosprezo de uma das grandes línguas mundiais, o espanhol, que já deixou de ser ensinada como devia na Catalunha e no País Basco, e, agora, deixará também na Galiza."
Eu non menosprezo o castelán, aceptoo, compartoo e faloo, pero iso non quita para que fale,e scriba e admire o galego, o chines é "uma das grandes linguas mundiais" i este home seguro que descoñece cómo falalo, no npor iso é un nacionalista extremo, xa sei que non está atrapado no Imperio Chinés, Comunidade Autónoma de Portugal pero por dereitos histórico Galiza ten o mesmo dereito que Portugar a servoas independente de España, outra cousa e compartilo...

"Vão perder os miúdos galegos, como já perdem os bascos e catalães. Tal como os miúdos cabo-verdianos perdem por não aprender o português, mas o crioulo."

Erro, os "miudos" galegos gañarán ser bilingues dende sempre e non verse, como eu obriados a esforzarse por falar o galego poruqe fun educado no "Castejano de Castilla" .
Síntome orgullosod e falar castelán, galego e inglés. Gústame aprender idiomas, pero non quere dicir que cando falo ingñes queira pertencer ó Imperio Britanico e así coas demáis linguas.

Cataláns e Eskaras aprenderon máis as linguas dos seus países e menos o castelán, segundo di F. Fernández, eu non vexo quye non saiban falar castelán. Carod Rovira ou Juan José Ibarretxe sonche tan nacionalistas como os que máis, en cadanseu país e falan un fluido castelán.

A ver que pasa, e qué dende Feijoo ate Rajoy influiron en J. los Santos C. Vidal e demáis neofachillas para que lle axuden a desacreta-lo nacionalimo? señores, goberna o BNG en coalición, pero goberna, iso non se pode cambiar e se lle escoce a alguén, que se agunate e espere ás proximas eleccións para que lles escoza máis.
Parece que todo canto dereitista hai no mundo se revela contra os reximenes de esquerdas, xa sexa moderada, PSOE en Madrid, ou máis extrema PSdeG-BNG en Galiza, non aprenderon a perder e todo se contaxia, parece...

6 comentarios:

Mos dijo...

Simplemente,que carallo lles importará os porranchos o que nos falemos no noso país ou o que queiramos facer coa lingua estatal.Se el quere falar castelán,alá el e a súa conciencia,pero que non veña a tocalo carallo a un país que sempre tivo moi boas relacións con eles dende a súa independencia.So teño unha cousa máis que dicir,ehem ehem:CHINCHA RABINCHA QUE SOMOS BILINGÜES,para rematar cunha cantiga a tódolos fachas e gavioteros que hai por doquier,e espero que vos na casa cantedes tamén en voz alta isto:CHORA,CHORA,CHORA UN POUQUIÑO,CHORA CHORA!!E que vos sexa leve hahaha

martinho dijo...

AMEN.
lin ese artigo e realmente da arrepíos pero case é mellor pasar un pouco desa xentuza
Recomendo o documental "fronteiras" da tvg onde un portugués da unha visión totalmente contraria da Galiza que deu o do artigo ese. Está no google vídeo completo.
Saudiños!

Eva dijo...

Aiiii, que xentiña maís burra, pois nada oohh, teremos que deixalos vivir na súa ignorancia, e como di mos que mais lles dará o que fagamos os veciños do lado, esta xente que non ten nada mellor que facer...

Ith dijo...

Definitivamente, si, parece unha conspiración, pero sónvos parviños ó final. Coitados...
Conste que respeto (non sei se xa dixen isto) tódalas ideoloxías agás as extremas sen respeto a nada; respetaria estas posturas se non houbese unha liberdade de expresión que lles permitise dici-lo que se pensa. As veces esta évos teoría e non se leva á práctica dita liberdade, entón os que se expresan con violencia que son?
Porque a invasión dun país para liberalo dun dictador que incumpre os dereitos humanos évos coa excusa dos "Dereitos Humanos"
Está ben, pensamos, sufrirán unha guera a cambio de liberdade.
Pero chega a contradicción cando sufrimos iso nas nosas propias carnes...

Non sei, é un tema confuso, quizais para outra entrada, aínda que, cada vez que o comento chámanme o que non son.
Parece un "ni contigo ni sin ti" ou ben facha ou ben terrorista. Hai termos medios (aínda que en politica non se dea) e non son aceptados polas partes...

Hehehe, olvidade isto, foi unha sarta de incongruencias, mellor no próximo post, se non pouco ides entender. Xa mo dixo a miña profesora de Filosofía en 1º de Bach. nun traballo "ideas soltas sen relación"
Ahí che van Isabel, todas xuntiñas e con relación. Vémonos no próximo post, a ver se vos aclaro o que vos quería dicir.
__________________________
Grazas polos comentarios.

Mos dijo...

A este fáltalle un fervor.Que si,que si,que o problema das medusas está moi mal,sobre todo dende que o PP está na oposición,porque non soubo velo problema da deforestación cando estaba no poder...ala,ahí cho deixo hahaha

El mal bicho dijo...

Ese está tan mal da cachola coma J.los Santos. Ao igual que Martinho, penso que a maioría dos portugueses, por non dicir todos menos o papán ese, pensan o contrario.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas