Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

16/9/07

Chapapote's return?

Parece que as pérdidas millonarias,un desastre ecolóxico en Europa sen precedentes,unha mobilización social galega nunca vista(e seguramente nunca esperada) non xurten efecto nun Estado que se preocupa máis polos vertidos nas Illas Baleares(que foi como tirar unha colilla ó mar en comparación,pero inmediatamente xa tiñan todo o vertido rodeado e controlado)ou polos fallos nas infraestruturas en Cataluña(infraestruturas inexistentes no noso país)que polos 36 buques con sustancias radiativas que pasaron fronte as nosas costas o ano pasado.Repito por se a alguén non lle quedou claro:36.Dito isto,imos ver varias cousas:
1ª cousa:tralo acidente segue sen haber un control riguroso sobre o tráfico marítimo fronte as nosas costas.Lembremos que a competencia sobre a costa galega segue residindo no Estado,sen considerar que a Costa como as estradas galegas son peculiares,e telas competencias aquí de Costas e Tráfico será útil e imprescindible.

2ªcousa:despois da pésima xestión por parte do anterior goberno estatal e autonómico,e vendo que os galegos estabamos bastante cabreados,o goberno de Aznar decidiu facer o arquifamoso(aquí imaxinádevos un toque de tambor,de gaita ou do que queirades)``Plan Galicia´´.Si!Ahí vía eu,aparte dunha penosa forma de intentar salvar a nosa economía e facernos a pelota,un xeito de que o País avanzase.E que pasou?Pois que ZP deume o primeiro duns cantos ostiazos e decepcións.Quitouno.
3ªcousa:falo outra vez de contaminación marítima.Que conste que non penso falar das idas e vidas do ``barquiño´´porque está moi queimado ese tema e porque non vou por ahí.Na chamada ``fosa atlántica´´,a 630 km da costa galega(se lle dades a volta aparece o número de buques antes mencionado,cousa do demo),reside unha verdadeira bomba de reloxería:máis de 140000 toneladas de residuos nucleares,sen control ningún por ningún goberno nin organización internacional.Sabendo iso non vexo tan descabeiado o anuncio de Fanta dun``centollo gigante de 8 patas´´,a pesar que era un boi.
4ªcousa:hoxe escribo eu porque o outro ``redactor´´do blog está indisposto.Se alguén coñece(ou cre coñecer,ou ten unha remota idea,ou ten ganas de tocarlla moral)o motivo desta indisposición,por favor que o indique xunto ó comentario.

8 comentarios:

El mal bicho dijo...

Os galegos parecemos uns marxinados socias, xa que coma ti dis,aos mallorquíns húndeselle un buque ou o que fora cun chisquiño de fuel, e é a traxedia personificada e como non, teñen o asunto solucionado nun chisco, e a nos húndesenos un buque con 77.000 toneladas de fuel, e en vez de intentar controlar o vertido, dedícanse a pasealo pa' que todo o mundo o vira, e a final vértense 75.600 toneladas das denominadas antes.
E a isto hai que engadirlle que a maioría dos mariñeiros e persoas que axudaron a recollida do chapapote, sofren afeccións respiratorias.

Agora as últimas novas que nos dan é que das 1400 T que quedan, témonos que resignar a que irán saíndo todas ao ritmo de 13 litros diarios. E a todo isto a vicepresidenta di "El buque hundido no supone una amenaza ni para la costa ni para el ecosistema marino, ya que la cantidad de fuel que vierte es muy pequeña"

Ith dijo...

Pois meu, primeiro, estou enfermo dalgo descoñecido (xa sabes "un virus"). Outro, xa cambiei a cor negra que lle puxeches a medio texto e case non se lia.
O anterior era en vinganza polo mala persoa que eres... Agora o comentario:
A mobilización socila foi a nivel de España, non so de Galiza, iso alégrame, en parte.
Resulta que Loyola del Palacio, Ministra de pesca (creo) polo daquela, propuxo unha lei para prohibi-la navegación de buques monocasco ou con máis de 20 anos en costas españolas. Gobernaba o PP en maioría e nen tan sequera a levaron ó Parlamento para ser discutida. Meses despois afundiuse o Prestige... Xa ves.
O Plan Galicia foi unha decepción para min que o fixeran (perdoa que che diga, era unha merda) pero polo menos era algo. Tampouco me gustou que o retirara. Pero agora existe Galicia Avanza, que é basicamente os programas de avance estatais adaptados a Galiza, que imos moi por detras do resto do territorio estatal...
Non creo que ningun goberno non galego faga nada especial polo pais e como o BNG non ten pinta de gaña-las proximas estatais... quedanos a resignacion ou a protesta.

Eva dijo...

Eu que ia apuntar correndo que a enfermidade era chuzerismo, e vai ser que non.

En canto o post, bueno, que decir, o goberno o que lle interesa e que os votes e unha vez feito eso, xa fan o que lles sale dos...que e basicamente aforrar os cartos para unha moto novo na pista de padel.

O de galicia e moi sangrante e este aspecto, non sei cantos desastres mais terá que haber para que deixen de marearnos con politicas estúpidas e se poñan serios.

Ainda que jodidos xa estamos, vamos e que volver sacar o tema prestige ou mar egeo o poñerse doente outra vez, a min unha das cousas que mais me queimou e ver como os mariñeiros sacaba o chapapote coas mans sen que ninguen lles dixese o perigoso que era para a saude facelo así debido a que os hidrocarburos son canceríxenos....pero claro o goberno dirá que e boisimo para a pel, que o que fai sempre!!! e así estamos, contaminados ata as trancas cun montón de ferralla contaminante nas nosas costas e como ti mesmo dis probablemnte algún dia aparecera un boi xigante de oito patas saudando por algún lado.
Conclusión: a politicia eche todo unha merda, cambialles o nome pero son todos iguais de caciques, so queda protestar, e ainda así morreros sen ser escoitados.

martinho dijo...

o que fixo o "xurelo" non o fara ninguén endexamáis...

falo do plan galicia? que era iso?? mmm eses carteis pochos que hai por aí? era iso o plan galicia?

e do caso que nos fan no Estado.. case mellor non comento nada porque.. unha imaxe vale máis que mil palabras:
http://br.youtube.com/watch?v=tQFyJbgRoXM (por se non entra, o video vese clicando no meu nick)

deika!

Ith dijo...

Pois martinho, grazas de volta polo video. Tes razón co plan galicia...
Eva, primerio defineme "chuzeurismo".
Logo, que os partidos politicos non lles interesa so que os votes para facer o que queiran unha vez estean no poder, pero case. Ten en conta que se fon o que lles pareza, ninguen os volveria votar (non deberia dicir iso, tendo en conta as decadas que leva o PP en Galiza).
E si, morreremos sendo ingnorados.
Por outra banda creo que de la Vega ñe unha muller sensata, pero se tivese un veciño cabron cun can que lle "vertese" 13 litros diarios de merda no xardin, por non contaminante que sexan as cagadas de can, non lle faria gracia.

Eva dijo...

Chuzerismo: o que ven provocado de chuzear.
Chuzear: andar de chuza:
Chuza: un que bebe moito alcohol, efecto botellón pero con clase...

Mos dijo...

Nada meu,que es un chinclán(un alcolico se o prefires).E imos ver que penso que se entendeu mal o que dixen do Plan Galicia.o que me refería eu é que por fin había algo pro país,sería chapuceiro e ínfimo,pero algo.

Ith dijo...

Non entendín mal o do Plan Galicia, referiame a que era chapuceiro, comop ti dis, i estou un pouco ata os mesmiños de que non se curren o desenrolo do país. Por outra bada, como tamén ti dis, era algo, pero esa ínfimidade (existe ese palabro?) segue a existir cambiada de nome e reducida, o de sempre.

Non ía facer comentarios sobre as miñas afeccións alcoholicas, pero o final, si.

Eva, por suposto que aqui non facemos "botellón". O que se fai, faise con ghlamour, como ti o de un machete por darlle "lugho" á cousa, pois o mesmo que nos imos "de copas" ou de "chuza" ;·)

E Mos, eu teño no meu haber 0 (cero) comas etílicos, asique non son tan adictooooo. Non sei se me gañarás...

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas