Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

27/9/07

Os [CENSORED] contraatacan

Poñede entre os corchetes a palabra que máis vos apeteza ó acabar de le-lo post.

Poderíamos falar de moitas cousas, se atendemos ó titulo, por exemplo:
Zaplana, tra-la presentación dos Presupostos Xerais do Estado para 2008 dixonos:
"A caida dun 20% das axudas as Víctimas do Terrorismo nos PXE, débense a unha
esixencia de ETA?" E aproveitou para ratifica-la sua opinión de que Zapatero e ministr@s estána rendirse ante os revolucionarios.
Señor Zaplana, a caida do 20,04% (se non me equivoco no dato exacto) é no presuposto de axudas a
FUTURAS víctimas do terrorismo; e dicir, que as persoas que reciben ese tipo de axuda actualmente, seguirán a recibila, co incremento anual segundo a economía de España (coma os funcionarios).
O presuposto reducido implica (como podemos ver) unha
menor cantidade de atentados de ETA e, por lóxica pura, a menos atentados, menos indemnizacións.

Aconsellarialle le-lo enunciado total das propostas non de lei o os PXE para non quedar, outra vez, en ridículo.

Pero non, hoxe non vou falar diso. Agora tócame falar dos [CENSORED]


Xoves, 27 de setembro de 2008
16.38 PM

Saio coa miña nai ó xardín despois de comer, para toma-lo aire e, de súpeto un 4x4 da Policía Local pasa a toda presa polo estrada, cara o Monte Carrasco. Séguenno
Protección Civil, a Garda Civil e tres helicópteros (un deles so para grabar).

Rodeamo-la casa e atopámonos cun monte (o do Bispo, chámanlle) ardendo pola ladeira Este.


Saen as veciñas correndo e suben á miña casa (está un pouco má
is alta) para miralo de preto. Asustaba.
Cos prismáticos podían
se ve-los tres focos que cercaban a ladeira.

Sen palabras. Todo o verán sen un so incendio, calor abafante, sen chivias dende fai case un mes e con previsión de precipitacións este fin de semana.

Branco i en botella.

Déixovos as imaxes que puiden tomar co móbil, sinto a calidade, pero quedei sen bateria na cámara. Sobran palabras. Hai días nos que é mellor non erguerse, hoxe foina para min e, para rematalo, os bastardos contraatacan.


































Cando acabedes, comentade e, de paso, propoñede unha palabra para substituir a [CENSORED]...

7 comentarios:

Eva dijo...

En canto o primeiro, deixeiche a lei no meu blog, pero eu tampouco entendo o caciquismo...digo o reparto ooo o reparto.

E o segundo que pos, bueno unha pena, non creo que sexa, mellor dito quero pensar que non e polo que foi un nunca máis lume, de todos modos, como e posible que en comunidades como Madrid non se vexan incendios e en Galicia a punta pala co que chove, ainda que o ano pasado non caise moita auga precisamente, pero quero decir, quen carallo non ten nada mellor que facer que andar co misto na man, supoño que pensamos todos o mesmo; o que quere sacar tallada do monte ardido pola razón que sexa.Eu si que me encendo con ver monte ardido.

Mos dijo...

Eu xa vín o monte dende a miña terraza.Simplemente desoador que haia xente que desprece dese xeito a nosa terra,cando somos un dos pobos que máis a quere,aínda que moitas veces non fagámolo correto para desmostrarllo.Hei de dicir tamén que me aledou a rápida intervención dos servizos antilume,xa que os medios terrestres estiveron apoiados por un helicóptero,o outro debía ser da TVG ou algo así porque non collía auga,e un hidroavión.O ano pasado tardaron moitísimo e cando chegaron xa era demasiado tarde.E do post anterior,o título viña porque sempre estamos por riba de porque son os únicos máis pobres ca nos,``mal de moitos...´´

Ith dijo...

Sorprendeuma tanto rápida resposta de vo-los dous coma a de actuación dos servizos antiincendios. Eran dous hidroavións, dous helicópteros do servizo contraincendios galego, un da TVG e dous camións de bombeiros...
Isto en menos de media hora organizouse e, noutra hora máis, acabáronse as lapas. En case duas horas de inferno arderon varias hectáreas (bótolle unhas 50). O peor, xa dentro do malo, é que a zona é espazo protexido porque ali aniñan águias reais, especie protexida i en perigo de extinción...

El mal bicho dijo...

putos pirómanos dos huevos! xa volveron facer das súas. Habían de queimalos a todos un por un carallo.
Os montes por donde me criei, ...

martinho dijo...

só un apunte. De todos os detidos o ano pasado polos lumes só un continúa en prisión, logo pasa o que pasa...

INDIGNANTE

menos mal que a este o internan nun psiquiátrico..

http://www.agalega.info/videos/?emi=743&corte=2007-09-27&hora=20:55:46&canle=tvg1

Anónimo dijo...

cheguei aki dende o blog do cim
non son de firmar pero leovos
gosto do blog. un saudo

Ith dijo...

Si, martinho, indignante...
As veces parece que non nos importa realmente, no incendio de Balea todos saben e calan... Éme igual que sexan rapaciños de 16 anos ou os que sexan, pero para quen os viu non fai falla denuncialos, penso que en ocasións asó merecemos que, por deixar escapar pirómanos, nos den algun susto...

Grazas "Anónimo", espero que te vaias animando a comentar.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas