Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

24/9/07

Siempre nos quedará...Extremadura.

Atopábame o outro día reflexionando sobre os problemas que asoballan o país, e do feo de carallo que vai quedar Rande cos dous aleróns eses,cando como unha iluminación veume a cabeza a principal diferencia entre EUA e España.Non estou a falar de Economía,nin de Política Internacional,nin de Capacidade Militar,máis ben de personalidade dos seus habitantes.
Estados Unidos é un conxunto de Estados que formán unha Nación,España é un conxunto de Nacións que forman un Estado.Ahí está a principal diferencia.En EUA están todos coas bandeiriñas e máis contentos ca Deus,eu vexo un montón de xente con bandeiriñas españolas e venme a cabeza dúas cousas,unha conleva a outra:ou son fachas,ou é unha manifestación do PP.Cando eu vexo un partido da Seleción española,esa bandeira o primeiro que me trae a cabeza é iso:fachas.Sei que moitos non o son,moitos nin sequera soportan iso,pero é unha reación lóxica cando se nos obriga a ``amar a la Bandera´´,cando sabes que serás sancionado se non vas a Seleción,cando un país xa non che di nada.Estou a falar do meu caso,e sei que moitos dirédesme que son un extremista,etc.Pero é o que sinto,ou o que non sinto mellor dito,polo Estado.Son moitos paos seguidos.Cataluña recibirá 4000 millóns,Andalucía outros 4000;en Galiza 1920 millóns e aplaudimos coas orellas.Que recibimos máis do que damos?Moi ben,se non damos máis pode ser porque non recibimos antes.É como a canción do anuncio:``cada uno da lo que recibe,luego recibe lo que da´´;iso resumo perfetamente a nosa situación.A ver se alguén sabe porque digo iso no título.

10 comentarios:

Eva dijo...

A ver Mos, eres claramente nacionalista, ou iso e o que transmites; polo menos escrebes en galego, co cal tes os meus respetos, porque me toca moitos os...eses nacionalistas que falan na casa un castellano perfecto, e se dedican a defender esa politica abasallando co que topan diante a modo de erguer a bandeira da estrela. Eu respeto (insisto) que penses así maís eu non creo no nacionalismo nin en ningún outro tipo de política, creo que a clave esta na sociedade e mentres falle, todo o demais non funciona. E tes toda a razón, crispa un pouco ser os paletiños de sempre os que lle pasan un tercio do que lles dan os demais, ... pero aqui tamen lle temos que chimpar a culpa os propios galegos, certo que o estado nos discrimina en ese aspecto pero nos tamen nos conformamos con calqueira cousa. Os demais teñena porque o protestan, se mal non recordo, cando foi ese Nunca Mais, que enfadados estaban todos ata que lle deron as familias ¿canto era? catro pesos, por ter as nosas costas contaminadas....eso non o poden pagar con cartos!!! pero os galegos e o que queren. Así que, unha vez mais ¿de quen e a culpa? pois do que permite, de ningúen maís. E en canto o demaís, para min (opinión persoal), o patriotismo, o concepto estado e nación, non deixan de ser conceptos estúpidos de guerra, o ideal sería que cada un poidese disfrutar amplamente da cultura de cada zona e coñecela, sen ter que collerlle asco porque pretendan metercha a forza.
E tamen e certo que a min me provoca tamen a mesma sensación ver una bandeira de España levantada, fachas, fachas...e podoche asegurar que un amplio porcentaxe o son.

Eva dijo...

Xa antes de que me digades nada vos digo que vou ir comprar un caderno de ortografía en galego, porque me acabo de reler e dou un pouco de vergonza, se sirve de consolo que sepades que en castelán son peor.

Ith dijo...

Hehehe, eva, creo que o tema da normativa do galego ten chicha para tratalo en próximos posts...
Claor que badeiras españolas = fachas ou = a manifa do PP...
Xa ves que triste chega a ser que, a pesares de termos imposto un Estado, non poidamos querelo, como si sucede en outros lugares... Que España sea a encargada da xestión política i económica do país, non quere dicir que non sexamos galegos. Galiza nazón? creo que é irrealizabel, pero cada un sinte o país como o sinte, hainos que cren Galicia como C. Autónoma e outros que ven Galiza como nación. Non creo que sexa oposto a pertenza a un Estado para nos sentir a gusto dentro del, outra cousa é o problema coas competencias e os novos presupostos do 2008...

Eva dijo...

De presupostos, vouche dedicar o proximo post, que vou ir a unha opo e levo dous dias estudiando ese tema.

Mos dijo...

Pois eu non vexo tan imposible que Galiza sexa un ESTADO,nación xa somos Santi,nunca o esquezas.Pensa no que cambiou Europa no último século e verás que non sería tan raro,e teriamos o apoio de Cataluña e do País Vasco,mellor dito,ele terían o noso,porque non penso que saia da xente do país...En Madrid botan as mans á cabeza cando se falo de ``deuda histórica´´,pero eu non o vexo tan descabeiado,España roubounos durante moitos séculos,e de feito segue a roubarnos agora.Os cartos do AVE galego levounos fai uns anos Felipe González a Andalucía,Asturias...So me queda dicir unha última cousa:``QUE QUEIRAN QUE NON,GALIZA É UNHA NACIÓN.
Por certo,ninguén sabe aún o porqué do título?jeje

Eva dijo...

Extema-dura

Anónimo dijo...

aconéllovos ver o "sin que chove" de haiquebotalos!

http://es.youtube.com/watch?v=wEyYhmrtuPs

se non temos non podemos dar e se non temos por algo é...

Dicir tamén que cando non nos queren recoñercer como nación por algo é, con esa negativa estannos a dar a razón. Teñen medo os do ou?
en fin...

Anónimo dijo...

perdón, o "din que chove"

El mal bicho dijo...

Eu ao igaul que Eva, penso que se non temos máis e porque non o reivindicamos, e nos conformamos co primeiro que nos dan.
A min o de se somos nación e se temos que ser estado ou non, a min iso sácame de quicio, creo que hai cousas máis importantes das que preocuparse, coma a da nosa ridícula economía, das nosas estradas, da situación das nosas costas e rías que cada día están máis contaminadas, e así un sinfín de cousas.

O da bandeiriña de España estou totalmente dacordo, ou fachas totais ou manifesta do PP.

Ith dijo...

Ratificando o que dixo Rubén, só me falta engadir que, para min, non hai nación sen estado... Xa sei que hai "Nacións sen estado" mais sego a crer que, se na Galiza actual, a maioria da xente non quere a independencia (recordemos a democracia) non pode ser obtida, asíq ue, por maioria, Galicia é un país de esquerdas nun 40%, de dereitas outro 40% e nacionalistas un 20% (todo isto así, a ollo). Volvo dicir que Rubén ten moita razón ó sinalar que debemos aproveitar para tentar crecer agora e, a independecia (se se desexa) para logo.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas