Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

21/9/07

a terra da liberdade...

Cantas veces non temos escoitado esa frase...

"-Podemos facer iso?
-Claro, tío, estamos en América,
a terra da liberdade"

Si, dique, si...
Navegando por "Fame my blog" atopeime cunha votante de Terra de Breogán (supoño que extraviada) que, dende américa, fianos unha visión crítica da censura case (por non dicir de cheo) inquisitorial que se leva a cabo polas canles republicanas (neste caso a Fox).

Na serie de Cuatroº, Cinco hermanos (Brothers and sisters, en ingles) parece ter un grade exito en toda América, Sudamérica e media Europa...
Na entrega dos premios Emmy, gala producida e emitida pola Fox Broadcast, o doctor House (Hugh Laurie) e unha señora que me é descoñecida presentan esa entrega.
Nese momento, di o señor Laurie:
"And the Emmy goes to: Sally Field!"

Aplauso espectacular (aínda que a xente xa o esperaba) e recollida do premio por parte da actriz, que fai de Nora a nai das "criaturas" en Cinco hermanos.


EXPLIQUÉMONOS

Sally Field é nominada a "Leader Actress on Drama Series", o equivalente a "Mellor Actriz dramática". E gañou. O premio é entregado polo "doctor House". Aqui comeza o discursod e Sally...
Antes de nada, que saibades (se non a sabedes xa) que Cinco hermanos é a serie máis ironicamente anti republicana e belicista (co permiso dos Simpsons), pois, a pesar de estar na fox, os lambecus dos Bush, non poden ser máis criticos con eles. Os censores da Fox (que son moitos e malvados) xa as tiñan na garganta, pois a serie máis crítica coa guerra de Iraq estaba nominada en varios campos... Sorpresa, pero gañou a que é a nai, na ficción, dun rapaz, que, convencido pola propaganda do tio Sam, alístase na armada, volta a casa e envíanno de volta a Iraq... É unha historia dramática dentro do dramón que é, xa de por si, a serie.

Deixovos o video e debaixo unha pequena traducción de fragmentos interesantes do discurso da señora Field.



"E o Emmy é par Sally Field /APLAUSOS/
Este é o 3º Emmy para ela e a súa septuaxésima nominación, primer Emmy gañado en 1977 [...]
Dixéronme que debo ser moi rapida, moi, moi rápida. Brothers and Sisters somos un gran equipo, una gran familia. Doulle as grazas os tres pais da criatura [...] e especialmente á súa nai, Sherry Kaplan, a técnicos e guionistas...
Ós actores cos que compartin escenas , especialmente Calista Flockhart. Pero Nora Walker non podería ser nada sen as mulleres, verdadeiras nais, do mundo. Que nos coidan e traballa, e deben ser valoradas... Especialmente esas nais que coidan de que os seus fillos cheguen a casa, de preotexelos, dos perigos... e da guerra /APLAUSOS; a xente sorri ironicamente, mirando que como sigua vanna a botar/ /CHILLA: rápido, rpaido/ /Balbuceos "eh... protexer.... uh!.... fillas.... eh, oh!, guerra/ Estou orgullosa de res unha desas mulleres... De feito, creo que se as mulleres gobernasen o mundo, non habería máis... /Sally Sen Son e imaxe da preciosa bola do teito/ /APLAUSOS/
Grazas, moitas grazas..."
Esa é a terra da liberdade, eu ainda me lembro dos carteliños de "No a la guerra" nos Goya do ano da invasión...

8 comentarios:

Mos dijo...

E que esperabas?É a mesa terra de liberdade onde fachendean de sela democracia modelo do mundo e despois fan unha caza de bruxas contra os comunistas,aínda que non teñan probas,simplemente porque non lles gusta a súa maneira de pensar;o mesmo país que invadiu a un ex-aliado porque tiñan armas de destrución masiva,que non tiñan xa o demostraran ante a ONU,e porque facía atentados contra os Dereitos Humanos,e que posúe un cárcere onde non se ten nin dereito a xuízo,onde moitos so están por sospeitas,que executa a inocentes e culplables sen ver que iso non elimina o problema,a que posúe(ela si)un armamento capaz de destruír todo como se lle vaia a cabeza.Nese último punto chegamos a conclusión do outro día,a única enerxía atómica(e porén armas de destrución masiva)e a que posuímos en occidente.

El mal bicho dijo...

A terra da liberdade... eu xa non digo a metade da cousas, porque xa as dixo moi ben Mos, falando sa FOX, e moi gracioso ver que a maioría das suas emision estrelas, coma os "Simpsons" ou "Brother and sisters" sean tan críticos e despois collan e censuren a actriz Sally Field por dicir a frase "Si las madres mandaran en el mundo, no habría ninguna maldita guerra en primer lugar".

Pero os americanos son che así de rariños, xa que non hai máis que escoitar a resposta de Sheri Sheperd, na canle abc,cando opinando sobre coma a relixión interven na ciencia e poñendo o exemplo de se a terra era plan ou redonda, a muller di que non o sabe e que nunca o planteara, e de guindilla, colle é di, que se o seu fillo llo preguntara collería a Biblia para responderlle.

Mos dijo...

Pois claro que collería a Biblia!!Eu tamén a collería sinceramente.Se meu fillo me preguntara se a Terra e redonda ou cha,eu rebentaríalle a Biblia na cabeza e obrigaríalle a lela,antes dos Salmos xa está pedindo de rodillas por favor que o perdoe e recitando de carrileiro toda a tería heliócentrica hahaha.Nun país onde a Relixión pesa moitísimo mesmo na Educación,todos lembramos a Teoría Creacionista na escola estadounidense e a súa negativa a quitala aínda que non posúa base científica,non lle podes pedir outra cousa.Queren ser os máis listos,tanto que son os máis parvos.

Anónimo dijo...

era sabido, de feito a gala emítese en falso directo, cun certo tempo de marxe para poder arranxar discursos tan puramente antiemericanos coma este...

é esta a liberdade da terra da liberdade?
é esta terra de liberdade á que non deixa que se xulguen aos asasinos no José Couso
e logo chámanlle terra da liberdade.. que ironía

Anónimo dijo...

é esta a liberdade da terra da liberdade?
é esta terra de liberdade a que non deixa que se xulguen aos asasinos de José Couso
e logo chámanlle terra da liberdade.. que ironía

(perdón pero non estou no meu teclado xd e escribo comoo oooo cuu)

Eva dijo...

Boo pois non me deixades moito que engadir eh?? mos tio ti cando disparas resumes o de todos non, anda que?? De todos modos como en todos os sitios hai moita mentira eu creo que aqui e todo fachada.

Mos dijo...

Eche o que hai hehe.Sabíades que na cumbre do Pacífico,onde se atopaba EUA,Bush pedíulle a Xapón e os demáis países asiaticos que deberían contaminar menos?Ante iso so me queda dicir ``ole tus huevos macho!´´.Imaxino que será para poder contaminar máis eles,porque se non non se entede.Os líderes orientais debeulles quedala mesma cariña que a Bush cando Zapatero saudouno dicinolle``Hola,¿como está?´´nun perfectísimo castelán.

Eva dijo...

Pois si que os ten grandes o fulano Mos, a min tamen me acaba de quedar cada de risa floxa lendo o teu comentario sobre o tema.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas