Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

26/12/07

Volven as revoltas Irmandiñas!!

Así é, por terceiro ano consecutivo o lema ``Galiza, unha nación, unha seleción´´ cúmprese e, por fin, ten nome: se a brasileira é ``a canarinha´´ e Holanda `` a laranxa mecánica´´, nós somos ``os Irmandiños´´, a única seleción nacional ( que eu lembre) invita ata o momento ( vitoria no ``estreo´´ contra a bicampeona mundial Uruguai ( 3-2) e empate a uns contra Ecuador) e o xoves 27 xogaremos contra a potencia africana Camerún (da que o final se caeu da convocatoria Eto'o por culpa do Barça) e as rapazas estrearanse contra Cataluña unhas horas antes. Os ``leóns indomábeis´´ amedrantaranse ó escoitar a un Balaidos cheo cantar o noso hino nacional.

19/12/07

[ONLY OILED BOYS ACEPTED]

Como xa se sabe da hipocresía dos políticos, non vos vou dar razóns ou discusión de cál é máis sinceiro e cal menos...
So vos expoño o caso, a ver qeu vos parece:
Lembremos a invasión de Iraq (sen máis engadidos), recordemos as súas razóns e causas... As verdadeiras.
E agora, lembremonos o que nos dixeron: armas de destrución masiva e un ditador no poder...
So engado a chegada de Muamar Al Gadafi, o lider de Libia... A recepción por parte de Zapatero, Rajoy e AA. SS. MM. Os Reis de España... As gabazas de todos canto o atoparon, incluindo medios de comunicación.
Todos, que se enchen a boca co 'fin de los regímenes antidemocráticos' co 'abandono de las armas a cambio de diálogo' e son incapaces de ver, dende unha visión crítica que no Estado se recida a un dos peores ditadores do mundo tan so por qué? Porque o seu país iniciou unha reforma da estrutura económica, e abriron as portas a empresas extranxeiras para cesións da explotación do petroleo do libano...


Moi ben señores, amosando valores...

8/12/07

> vídeo da semana

A pesares da suposta ausencia da liberdade de prensa en Venezuela, chégannos, dende un informativo dese país, os principais titulares en relación co referendo.



Se ben é certo que Chávez non é o presidente máis democraticamente correcto, lembremos que, polo menos nun artigo persoal (minuto 3.00) se critica de forma bastante dura á reforma. E a pesares de todo isto recordemos que Hugo Chávez ten, mediante unha lei habilitante, o poder de decretar e sancionar leis, o seu parecer... se tan fascista é... por que non declarou a constitucion que mási lle gustou? Falar con sentido comun é sempre recomendábel; recoñecendo o malo e o bo de cada presidente (isto podese dicir de Aznar ata de Castro...).

27/11/07

Indirectamente damosche polo saco

Que bonito, que alboroto, outro cadeliño piloto! Isto foi o que debeu pensar o galego (?) Mariano Rajoy ,candidato á presidencia do Estado polo Partido Popular.
É ben sabido que na campaña e precampaña electoral ós políticos vaíselle un pouco a lingua e din cousas que... todos sabemos que non poderán cumprir, basicamente porque o ritmo de promesas de emprego terán traballo ate os percebes. A última é que Rajoy prometeu que os que cobren menos de 16000 € non pagarán o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, pero esqueceuselle dicir que o pagaremos todos. O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto direto, págase diretamente a Facenda, e é tamén o máis xusto de tódolos que pagamos, que non son poucos. Neste imposto paga máis quen máis ten ou quen máis reflexado ten, debaixo do colchón non se contabiliza, e vai subindo potencialmente a porcentaxe que pagar ( quen gañe máis de 45000 € ó ano deixará en Facenda o 45 %, pero non vos vou aborrecer coas tasas porcentuais dos cartos, so dicir que atualmente quen gañe menos de 9000 €, falo de memoria porque non teño os datos, non pagan, basicamente porque non lle da para pagar nada máis) e tamén se pagan polos inmobles e bens.
Agora ben, quen carafio paga o vacío deixado por eses 7000 €, moi doado, todos. Todos pagámolo IVE, entre outros impostos indiretos. Da igual que gañes 30 que 30000, da igual que un café che custe 1.20 € ou 0.80€, vas pagar igual. Aínda que morras coa fame, vas pagar ó Estado o mesmo cun que non sabe nin cantos cartos lle custou a carne de bitela da súa cadeliña. So teñen que dicir que baixarán os impostos acenando cunha man, mentres coa outra van subindo o resto, os que non vemos. Deixando a ideoloxía a un lado, estes termos son un habitual na dereita española: quedan como Deus atuando como o Diaño. Non nos tomen por parvos e deixen os enganos pra súa vida marital.

23/11/07

Para mellora-laz vozaz vidaz!!

Sinto a tardanza en publicar e o retraso cos premios, prorrogados ate dentro duns días...
___________________________________

Estes videos de precampaña socialista e popular, sacando o intento do PP de ser sarcásticos plaxiando o deseño, poñovolos para que poidades buscar e comparar (o de decidir, espero que xa o teñades decidido).

Aínda que cada día confio, persoalmente, menos na política, para chegar a unha bonita anarquía debemolo facer dende o control do Sistema -aínda que soe paradóxico-.



Video de "avances" da política socialista -se e que o incremento de corpos de seguridade é un avance- e comparativa pasada e futura -moito voan...-


Como xa dixen, estes intentan un sarcasmo á galega -mal conseguido- plaxiando o deseño do video socialista e usando o argumento "por esta razón y otras muchas, vota PP" e lo? cales son esas outras moitas?


Agora deixovos a vos, so engado que a baixada de impostos proposta polo PP é o mesmo que se fixo nunha lexislatura de Aznar, baixan os prezos dos consumibles -para ricos e pobres- peor na declaración da renda o pobre ten que pagar esa baixada (se on de onde vive o Estado?) e os ricos ven rebaixada a porcentaxe gravada sobre os bens... O de sempre: os partidos socialistas traballan para o pobo*, e os conservadores traballan para os seus, os ricos*. É unha realidade e cada un mira polo seu, claro...


* isto quere dicir que miran polo pobo e polos ricos -PSOE e PP- non por amor ó pobo, se non por seguir ahí arriba. Isto xa o sabedes, pero aclarovos que eu tamén.

15/11/07

Quen non quere unha cunca, toma sete

Estos días non publicamos, principalmente, porque non sabiamos que dicir: non pasou nada de especial interese e o do Rei español está moi requeimado;pero hoxe, case me vexo desbordado pola información, así que vou intentar dar varios temas. Esforzádevos e non vos perdades:


1- O cura de Coiro, Benito, foi multado por aparcar no adro da ex-colexiata. El enfadouse bastante e dixo que a Igrexa é privada, non do Concello, e que os párrocos teñen dereito a aparcar ahí por dereito consuetudinario sen máis nen menos ( Benito non utilizou esta palabra, supoño que non saberá que existe, basicamente é o dereito da ``tradición´´, literalmente dixo que: ``os párrocos non eran como o resto dos mortais´´ e que ``o que fixo o policía foi unha machotadita´´). Sacando as excentricidades do párroco (como autoinvitarse a tódalas comidas que haia ou botar unha parella de recén casados fóra do adro da Igrexa de Coiro por non invita-lo á boda, ou cobrar bastantes caras as misas, ou poñer verde á xuventude logrando ``adeptos´´ entre os máis novos, ou parar unha boda pra botarlle á bronca que queda ( e quedará) fora da Igrexa) as relacións entre o Concello e a Igrexa non son moi boas, non foi visto con bos ollos que a nosa alcaldesa non fora á Misa do Cristo ou que se reunira co Arzobispo de Santiago pra que quitara as letras conmemorativas das mortes do bando franquista na Guerra Civil (que a min me parece perfectísimo). Voulle dar un consello ó único cura de Cangas que non goza do respeto do Pobo: ou cambias ou baste dar un ostiazo, porque pode que non sexas como os demáis, pero o conto vaixeche acabar. E agora uns versiños que me acabo de inventar: non te fagas o león, cacho de ...



2-Este segundo punto vai sobre a bomba colocada no Forte, na inmobiliario ``Morrazo´´ que explotou sobre as 2:30 da mañá . Suponse que foron catro quilogramos de cloratita e non foi reivindacaba por ningún grupo ou asociación. A bomba causou numerosos danos materiais en edificios colindantes e é o segundo artefato en 6 meses na vila ( o anterior fora reivindicado polo grupo independentista de inclinación lusista Resistencia Galega) e o 8 en Galiza. Teño que engadir que diversas persoas do noso Instituto pensaron que as bombas foran colocadas ``por un grupo independentista que queren poñer de hino o Alfonso da Herba e facer unha quinta provincia´´. Sen comentarios. Este ``grupo independentista´´ son os nosos amigos do CIM 0(Comando Independentista do Morrazo) que queren facer do Morrazo a quinta provincia, pero eles so van en barca a Cies, non lles da polas bombas polo de agora.

8/11/07

I EDICIÓN PREMIOS TERRA DE BREOGÁN


O prometido, é débeda, polo menos en Terra de Breogán, que, como non somos políticos -polo dagora- podemos cumpli-las promesas.
Cando nos foi concedido [un] premio ós mellores sete blogs para [esta] blogueira, prometín, ó chegar ás 2000 visitas -que rapidiño se din-, faría a entrega de premios personalizada
Cóntovos como vai funcionar e que premios haberá:

Categorías
- Blog social, ó blogue que adique máis megas á sociedade e se preocupe por ela.
- Blogueir@ máis orixinal, está claro, non?
- Blog de interese público, o que mái axude á sociedade desta nosa blogosfera.
- Mellor deseño, este será difícil de adxudicar, pero non de definir, ou?
- Premio especial do comentarista, que agardamos, votedes con ganas polo que creades oportuno.

Premios
Como non estamos para tira-lo cortello pola fiesta (exprexión made in TerraDeBreogán), o regaliño será a parte do recoñecemento de TDB -que espero que sexa xa algo- un precioso trofeo, de cristal con filo de ouro (coma as cuberterías) e a inscrición correspondente. Todo isto, claro, en formato dixital.

Prazo
Queda aberto dende o día 9 de novembro de, ata a o xoves 15 de novembro, o prazo de presentación de candidaturas ó Premio do Comentarista. Cada blogueiro/a pode presentar dous títulos de blogs (linkados, por favor) para esta candidatura. A entrega de premios será o xoves 22 de novembro. Cada blogueir@ premiado recibirá, no seu mail de contacto o seu trofeo.

Xulgado
Os administradores de Terra de Breogán decidirán os premios en voto segredo -para vos-, exceptuando o caso do Premio do Comentarista, que serán @'s blogueir@s, deixando un comentario a esta noticia cos seus dous candidatos.

-Sen máis que engadir, péchase este comunicado.-
Atte,
Ith

5/11/07

Meme de ADN.es te regala un Nokia N 95

sen que sirva de precendente para que volvamos ó castelán, publico este meme-concurso do ADN, envioumo Eva e aquí volo deixo.
_______________________________

Para participar, te invito a que sigas las siguientes instrucciones:

  1. 1. Enviárselo a tres amigos.
  2. 2. Mantener los enlaces de quien te lo ha enviado.
  3. 3. Contestar antes del 30 de noviembre.

En ADN.es convertimos a nuestros usuarios en editores del diario.
¿Qué tres noticias escribirías en el diario de hoy y que no aparecen en ningún medio de comunicación?

1- Bush, Blair e Aznar, tras la declaración ante el Tribunal de la Haia por delitos contra la humanidad, a espera de sentencia.

2- Tras las reformas constitucionales en España se declaran instauradas Euskal Errepublika Popularra, República Popular dels Països Catalans y República Popular de Galiza con el apoyo de todos los grupos parlamentarios y el 100% de votos a favor de los ciudadanos en referéndum.

3- Acuerdo en la Unión de Continentes para desarrollar, a partir de 2010, el programa de protección a la naturaleza, por el que se reducirá a cero el CO2 emitido antes de 2015.

¿Qué tres noticias (texto, video o fotografía) encuentras en ADN.es que no son típicos de otros medios?

·El verdadero rostro de Tutankamón

·El juez Bermúdez desacredita la teoría de la conspiración y descarta a ETA

·España consume y contamina tres veces más de lo que le permite su capacidad de recuperación

Se lo envío a El Mal Bicho, Enmeigada, Subcomandante Marcos da Portela.

Puedes consultar las bases del sorteo en http://www.adn.es/sorteo/meme

2/11/07

O porqué dun sentimento

O outro día na clase de Políticas a mestra fíxonos unha pregunta moi interesante: que nos caracteriza como Pobo? Entre unha das cousas que lle comentei a Santi ( deixando o arquifamoso anuncio de Gadis) dixen a de vencellamento a terra, a nosa terra. Non coñezo moitos outros pobos, agora non me ven ningún a cabeza, que queiran tanto o País como os galegos ( xa con saber que ``inventamo-la´´ palabra morriña...) Tamén nos caracteríza outra cousa, a solidaridade. Non é casualidade que a maoría dos caiucos e pateras rescatados foran rescatados por buques galegos; somos tan solidadarios que cando alguén nos pregunta que nos parece algo ou se nos gustou, pra non facerlle sentir mal preguntamolle: e ti?
E pros que pensen que o contrario, os galegos somos dos Pobos máis fortes que existen, cantos aguantarían tódolos séculos de ostracismo que temos enriba?

31/10/07

>o recorte



Como idea de Eva [:B:L:O:G] de incluir un recorte dun perídoco para que a comentedes, acorreuseme isto, xa que estária ben que comentásedes un artigo escaneado do Faro de Vigo, de El País ou de Público, pero é máis ampla a selección dixital (eu non compro El Mundo nun kiosco so para poñelo aq
uí). A cousa irá como vedes, unha cabeceira (curradisima, eh?), un título suxerido por min, un breve comentario persoal e o link á noticia ou o que sería un recorte dixital do artigo. Comezamos. Espero que vos guste.

Non me decidía por ningún así que puxenvos dúas, tedes para uns cantos días.

NEGOCIACIÓNS BILATERAIS E LINGUAS BÍFIDAS

Como non, en época de precampaña, tódolos políticos de dedican ó mesmo: poñer verde ó outro, desta vez o ex-presidente do PP, Xosé Ma
ría Aznar critica -isto non so na precampaña- ó único grupo que lles pode plantar cara nas eleccións. Lede, desfrutade e opinade.


EN OCASIONES VEO MUERTOS MULTICOLORES

Desta vez o esmerado redactor da noticia volve a súa anarkia fascista típica, para min de medios como El Mundo ou Antena3. Eu pensei "se non se dimi
tiu por envorcar toneladas de fuel ás costas do país, se non se fixo cando se invadiu un Estado por que había armas de destruccion masiva, que non existían; se non se dimitiu cando, tra-la ameaza cumprida, mataron a duascentas persoas inocentes. Se nen tan se quera houbo unha triste retificación, e ninguén a exisiu, por qué agora? Porque isto si afecta á xente, non son mortos, son retrasados nos horarios. E son cataláns e catalás que reivindican o necesario e máis. Non son galegos e galegas que estamos (e inventamos nos o dito) a velas vir.


clic na imaxe para ampliar e ler

28/10/07

>vídeo da semana

Pois podemos considerar este post como a estrea dunha nova sección -un momentiño, había seccións neste blog?-.
Cada semana subiremos un vídeo gracioso, polémico, reivindicativo... o que atopemos.
Hoxe tocouvos unha mestura de todo; gracioso -atentos á letra da canción-, polémico -polo menos estaba marcado como "maiores de dazaioto no Youtube- e reivindicativo da sociedade consumista na que ate se revende un reloxo de Alf...
Aí vos queda.


26/10/07

patada na cara e chámalle vexación...

Como foi xa desta vez, nada.

Pero nada de nada. Tan so se actúa cando nos vemos acusados de sermos algo que cremos non ser ou cando se pon en entredito a honra de España e os Españois.

Si. Partinlle a espalda porque era negro, estará toda a súa vida sen poder moverse do pescozo para abaixo. Pero non irei ó cárcere.
Por qué? Porque era negro.

Cando xa a presión da Fiscalía, do colectivo "Movimiento contra la Intolerancia", os medios de comunicación e o engadido da última novidade son intolerables, agora si actuamos; prisión seica preventiva para o agresor do negro e liberdade condicional con cargos para o que lle deu unha patada na cara á rapaza sudamericana.

Agora arrepentímonos de que o pobre negro lle pasase o que lle pasou e, oito meses máis tarde, metemos no cárcere ó seu agresor, concedémoslle o dereito a vivir coa súa familia en España e listo.
un manis p'al mono

E agora recapacitemos sobre o sistema xudicial do Estado español. Funciona?
Disque si.

Insulto a unha rapaza (independentemente da nacionalidade), tócolle un peito con connotacións sexuais claras, doulle varias collejas e, como guinda unha patada na cara.

Versión que vimos todos.

Versión do xuíz que tivo a sorte de instruí-lo caso:

Non hai agresión racista ("vuelve a tu país, sudaca de mierda"), nin acoso sexual, nin se observan -segundo un forense- danos físicos.

Está ben. Eu, de se-lo avogado defensor faría nese momento o seguinte:
Aproximaríame ó xuíz e, tras chamarlle maricón reprimido, chuspiríalle á cara. Posteriormente cruzaríalle a cara un par de veces, todo isto acompañado de insultos e, como remate, unha agradabilísima patada na cara.
Delicto? Non, ho? Que vai ser delicto...
Que quede claro que eu non faría iso, pero no exemplo de que a fila do xuíz se vise na mesma situación... no sei, non sei. Deixaría en liberdade condicional ó agresor?

Funciona o sistema que, por unha omisión da Fiscalía (menuda cagada señores), deixan sen cargo algún a un tipo que fixo tal cousa? As probas sonvos irrefutables, un vídeo, sen manipular, claro e sen ningún tipo de defecto...
Ese é o sistema no que cremos. Podémoslle partirlle a nuca á un negro, darlle de patadas na cara a unha ecuatoriana, pero nunca, nunca, digamos que Eskalherria ten dereito a un referendo pola súa autodeterminación...

É España. É o legado do Caudillo. Sonvos Xuíces Conservadores*

*
non dubido das ganas do maxistrado por facerlle o mesmo á rapaza cando foi declarar. Ademais, non é delicto...

Non sei por qué sinto que a miña confianza no Estado decae día tras día... Alguén pode dicirme porqué?

21/10/07

(Galego)-portugués

O tema dos reintegracionistas está sempre moi presente.Xa sabedese, a xente que cre que o galego non é unha lingua independente, que pertence ó portugués e que o que está a pasar agora é que a RAG está a convertir o galego nun dialeto do castelán; eles parecen máis convencidos de que falamos un dialeto do portugués, e van crear unha Academia da Língua Portuguesa aquí. Penso que para nada somos un dialeto do portugués, para comezar o galego é máis antigo (o que se falaba na I. Media era galego, o de galego-portugués foi unha invención do século XVIII-XIX; e que nos veñan agora con estas cousas... Que o galego se incluia na Sociedade de Linguas Lusófonas non o vexo mal, todo o que sexa a proxeción exterior da lingua é bo, pero sempre mantendo a súa independeza e caracteríticas propias. Non deixamos que os casteláns rebaixaran o noso idioma en 6 séculos, e non imos permitir que o rebaixen agora os portugueses.

16/10/07

coupe d'etat, made in xuices

Si. Évos comparabel ó intento de Tejero de derroga-lo goberno fai unhas tres décadas. Daquela sairon tanques á Madrid. Desta vez saíu o Partido Popular. daquela Tejero pretendía derroga-las leis aprobadas polas Cortes, constituídas por un Goberno electo polos españois (e, por segunda vez, españolas). Desta vez o control tómase de forma máis discreta. As leis. A Constitución.

Ese arma de dobre filo que parece marabillosa, pero que cando a precisamos de verdade deixanos co cu ó aire.
Un documento pensado para que os suices teñan un gran poder -máis aló do que deberían-.
Un papeliño que, agora, fai que o PP teña control total e absoluto sobre as leis que se aproben. E con caracter retroactivo.

Última hora en EFE:
Madrid, 16 oct (EFE).- El sector conservador del Tribunal Constitucional ha logrado hoy, gracias al voto de calidad de uno de sus miembros, apartar a la presidenta de este órgano, María Emilia Casas, de las deliberaciones sobre el recurso del PP contra su continuidad en el cargo.
El Alto Tribunal ha informado esta tarde de que el pleno del TC ha aceptado las abstenciones de su presidenta y del vicepresidente, Guillermo Jiménez, en el recurso que el PP interpuso contra la Ley Orgánica de este tribunal (LOTC) y, concretamente, contra el artículo que permitió prorrogar automáticamente sus mandatos.

Básicamente, os conservadores terán o poder, se o Goberno non o impide coa recusación presentada, en tramites. Este "poder", qué é?

Pois o do retroceso.
Anularán o Estatut de Catalunya. Retroceso para a política liberal.
Anularán a lei da protección á mulller. Retroceso no que a Constitución promove, na súa base.
Lei de protección ó consumidor. Outra máis.
Lei de matrimonio homosexual. Seguimos.

Conclusion: independistas, m aricóns, mulleres e proletariado, caladiños están máis ghuapos.
Se és nacionalista. Cala. Se és homosexual. Escóndete. Se és muller, depende do teu marido, vive de el, és inferior. Como manda a Santa Madre Iglesia. Se non eres un empresario millonario. Morre de noxo.
Pudridevos na merda. Os xuices gobernamos. O Tribunal Constitucional derrogará as leis que nos protexen. Por qué? Poruqe o merecemos. Por rojos, maricóns, herexes, pobres, antipatriótocos. Por votarmos o PSOE, o BNG... Por retirarmos a Fraga, Aznar. O fascio do poder. Por renegar da Igrexa. Por non cumpli-los mandatos de Deus... e de Franco.

Sempre nos quedará o exilio. Ou que a Abogacía do Estado traballe, por primeira vez, co apoio de españois, de todos nos, de persoas que vivimos dentro do Estado español. Independentementa da nosa nacionalidade. Ante o progreso do ultra dereitismo (ese que proclamou a Hitler, a Franco, a Pinochet lexitimos gobernantes da Patria)
Loitemos. Non agardemos a te-la merda no pescozo.
Espertemos. Non é hora de combate-lo que non ñe constitucional.

Si, señores e señoras do PP, ampárense na Constitución cando lles sexa necesaria e deixena pudrirse cando se opoña ós seus fins.

Coma sempre. Nada. Agardemos a que o petroleo invada as costas. Agardemos que destrúan o noso litorar. Agardemos ate que os residuos radioactivos se confirme que nos fan dano. Agardemso a que estoure Atocha de volta. Agardemos. E mirade as consecuencias.


Xa sei que non me tocaba publicar, pero non me puiden resistir a esta noticai. Grazas, contádeme.

15/10/07

Get involved!

Hoxe é o día internacional dos blogger polo medio ambiente -dende que existe internet os "día mundial de..." crecen a un ritmo...-.

Así que sendo blogueiro e preocupándome polo medio ambiente...

Non me quedou outra! [WEB OFICIAL]

Cada blog ten unha temática (política a do noso) e debemos facer un post de acordo co noso estilo, relacionado co medio ambiente. Alá imos.


O "cero coma sete"

Si, si algo queimado, tamén, pero é que mais esta dacabalo entre política e mellora do medio ambiente.

Segundo nos din, o 0,7% do presuposto anual de cada país desenrolado bastaría para darlles ó países subdesenvolvidos unha vida digna -a saber; comida e auga, casas, roupa, educación e saúde publicas). Non chegamos nin a iso.

O fácil (e moi ideal) sería que cada país rico (EEUU, Canadá, Finlandia, Alemaña, Italia, España, Xapón... por citar algúns) dóanse un 1% -sexamos algo xenerosos, non temos superávit?- e estes fondos os distribuíse a ONU a través da FAO. Divino de la muerte.

Erros do sistema: que pais pretende dar un tanto por cento dos seus cartos a outro, se, como os EEUU, non fan nada pola sanidade pública do país (por exemplo). Países todos iguais nas necesidades básicas? ISO ACHÉGASE O SOCIALISMO, ROJOS DE MERDA! Países que non teñan necesidade de traballar por catro céntimos durante dez horas? Afundimento da economía...

E ló? Se non nos preocupamos polos mesmo humanos, ímolo facer polo medio ambiente?
Se intentasemos soluciona-lo quentamento global, habería problemas coa economía -deixar de producir petróleo?-. Teriamos graves repercusións nos sistemas económicos, guerras... Porque moitos o quererían e eses "moitos" sonvos os dirixentes do mundo...
Quédanos protestar!

14/10/07

...chega un monótono fungar...

...i eu tradúzovolo.

Como o voso bardo, visitantes da Terra de Breogán, anúnciovos o próximo regreso de Ith, con novas para o blog.
Estade atent@s a Terra de Breogán, volverei con cambios no deseño gráfico -non demasiados, gústame o noso blog- e deixareivos caer un novo post para que volvamos a falar.
Teño tamén unha sorpresa preparada, non pensedes que me fun de vacacións só para descansar, fíxeno pensando en vos...
Agárdovos,
Ith

8/10/07

Sempre tes o (G)as para matalo......Rei?

Treme a Monarquía,que ahí van os republicanos cun chisqueiro na man! Os cataláns queimando fotos do Rei, os vascos facendo referendums pola autodeterminación, os galegos... vendo gañar ó celtiña. Pero volvendo ó do Rei, é unha expresión de liberdade (como sería en EUA), un atentado terrorista contra a ``nosa´´´Monarquía, ou unha parvada que se magnificou? Inclínome polo último. Se non se lle dera tanto bombo mediático quedaría nunha falcatruada ``ilegal´´, e listo, pero os mdios de comunicación veron ahí un filón para matar dous paxaros dun tiro: cuestionar a Monarquía e cortalos cataláns polo mesmo patrón deixando entrever que son todos uns amonárquicos terroristas, cando foi unha minoría quen actuou. Estou de acordo con que a Monarquía é perfetamente susituíble: non serve con proclamar que isto é unha democracia, que todos somos iguais, que o poder está no pobo, e despois que decidan por nós se queremos Monarquía ou non. Se é verdade que a inmensa maoría adora o Rei, non teñen nada que perder e moitísimo que gañar. Pero o que penso é que o Rei non está tan secundado como se nos fai crer, o que ocorre é que ``se pasa´´. Está o Rei e está o Rei, non lle deren dar máis voltas. O simple feito da Monarquía e ademocrático, un neno por chamarse dun determinado xeito ten máis privilexios que tódolos demáis xuntos, despois que se é nena tamén pode gobernar ( se eu nazo de segundo ou terceiro terei o mesmo dereito a reinar que o primeiro non? ah non, que é pola tradición, pois ben, pola tradición quen reina é o varón; que noutras monarquías tamén hai raiñas? noutros Estados non hai raiñas nin reis;algo falla, o mires por onde o mires). Pero se fan un referendo que esperen ata o ano que ven, que se non Ith mosquease comigo, pero que o fagan para rematar con tódalas especulacións estas, a Sociedade gañará sí ou sí.

5/10/07

Apaga o candil Marica chus,chus

Despois duns días de descanso sen publicar,e vendo que o meu compañeiro deixoume soiño frente a vós,decidinme publicar algo do que eu xa sabía,que me ten moi requeimado,e que seguro que non vos é alleo.
A cuestión é a seguinte,o noso país ten o 40% do total do Estado en enerxía,e nalgo no que imos sobradísimos:eólica,hidráulica,solar,biomasa,e penso que tamén hai algo(ou podería haber)de maremotriz.Pois sendo os maiores produtores,seguimos pagando un custo inaceptable pola enerxía que NÓS producimos,e non vemos nada dos beneficios,xa que os impostos da NOSA enerxía páganse en Madrid,que é onde teñen as oficinas.É algo parecido ó que pasaba en Bolivia cos hidrocarburos,explotábanse alí e non vían nada diso,por moito que se non endemoniaba a Evo Morales por ser quen de facer ``algo tan inhumano como esixir que se lle de ó pobo o que é do pobo´´.Pois ben,a Xunta pretende crear un canon(é incrible que haxa canones bos)para os encoros galegos,dependendo da altura,etc.Ben?Depende,Fenosa ameazou con subila tarifa,e a Xunta di que non vai afetar ó usuario.En que quedamos ó final?Vannos subila factura sen afetarnos?O precio da enerxía e do gas non o controla o Estado(ou a Xunta)?Pois ben,a palabra é vosa.

2/10/07

...e o fillo de Breogán partiu co seu pai cara as misteriosas terras do horizonte, avistadas dende a Torre de Hércules...

Tras un par de semanas fisicamente esgotadores e un fin de semana para rematalo, acompañado do estres de inicio de curso, sumado isto ó deterioro psicolóxico -tamén grande- e que non paro de levarme desilusións, sumadas a situacións de estres, estres máis estres e todo isto mesturado cunha pinguiña de estres.

Déixovos, pero tampouco vos abandono á vosa sorte, quedades con Mos, que vos pode poñer un post para estarvos discutindo un mes enteiro. Con el quedades, non me decepcionedes agora e sede bos e boas, comentade moito e discutídeme ben cada post ate deixalo sen zume.

A Terra de Breogán está aberta a tod@s, entra, descansa e empápate do orballo que espingalla polo país. Agárdovos sempre por aquí. Lembrade que xa fomos 1452 persoas as que entramos para quedar, espero. I espero que sigamos a crecer.

Deica logo a todo o mundo.
Saúdos de Ith.

29/9/07

Continúo...

Como no post anterior falaba de incendios, seguimos co mesmo, pero agor asó vos deixo un vídeo que, música a parte, ilustra ben o que pasou...

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas