Benvid@s
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
27/11/07
Indirectamente damosche polo saco
É ben sabido que na campaña e precampaña electoral ós políticos vaíselle un pouco a lingua e din cousas que... todos sabemos que non poderán cumprir, basicamente porque o ritmo de promesas de emprego terán traballo ate os percebes. A última é que Rajoy prometeu que os que cobren menos de 16000 € non pagarán o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, pero esqueceuselle dicir que o pagaremos todos. O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto direto, págase diretamente a Facenda, e é tamén o máis xusto de tódolos que pagamos, que non son poucos. Neste imposto paga máis quen máis ten ou quen máis reflexado ten, debaixo do colchón non se contabiliza, e vai subindo potencialmente a porcentaxe que pagar ( quen gañe máis de 45000 € ó ano deixará en Facenda o 45 %, pero non vos vou aborrecer coas tasas porcentuais dos cartos, so dicir que atualmente quen gañe menos de 9000 €, falo de memoria porque non teño os datos, non pagan, basicamente porque non lle da para pagar nada máis) e tamén se pagan polos inmobles e bens.
Agora ben, quen carafio paga o vacío deixado por eses 7000 €, moi doado, todos. Todos pagámolo IVE, entre outros impostos indiretos. Da igual que gañes 30 que 30000, da igual que un café che custe 1.20 € ou 0.80€, vas pagar igual. Aínda que morras coa fame, vas pagar ó Estado o mesmo cun que non sabe nin cantos cartos lle custou a carne de bitela da súa cadeliña. So teñen que dicir que baixarán os impostos acenando cunha man, mentres coa outra van subindo o resto, os que non vemos. Deixando a ideoloxía a un lado, estes termos son un habitual na dereita española: quedan como Deus atuando como o Diaño. Non nos tomen por parvos e deixen os enganos pra súa vida marital.
23/11/07
Para mellora-laz vozaz vidaz!!
___________________________________
Estes videos de precampaña socialista e popular, sacando o intento do PP de ser sarcásticos plaxiando o deseño, poñovolos para que poidades buscar e comparar (o de decidir, espero que xa o teñades decidido).
Aínda que cada día confio, persoalmente, menos na política, para chegar a unha bonita anarquía debemolo facer dende o control do Sistema -aínda que soe paradóxico-.
Video de "avances" da política socialista -se e que o incremento de corpos de seguridade é un avance- e comparativa pasada e futura -moito voan...-
Como xa dixen, estes intentan un sarcasmo á galega -mal conseguido- plaxiando o deseño do video socialista e usando o argumento "por esta razón y otras muchas, vota PP" e lo? cales son esas outras moitas?
Agora deixovos a vos, so engado que a baixada de impostos proposta polo PP é o mesmo que se fixo nunha lexislatura de Aznar, baixan os prezos dos consumibles -para ricos e pobres- peor na declaración da renda o pobre ten que pagar esa baixada (se on de onde vive o Estado?) e os ricos ven rebaixada a porcentaxe gravada sobre os bens... O de sempre: os partidos socialistas traballan para o pobo*, e os conservadores traballan para os seus, os ricos*. É unha realidade e cada un mira polo seu, claro...
* isto quere dicir que miran polo pobo e polos ricos -PSOE e PP- non por amor ó pobo, se non por seguir ahí arriba. Isto xa o sabedes, pero aclarovos que eu tamén.
15/11/07
Quen non quere unha cunca, toma sete
8/11/07
I EDICIÓN PREMIOS TERRA DE BREOGÁN

O prometido, é débeda, polo menos en Terra de Breogán, que, como non somos políticos -polo dagora- podemos cumpli-las promesas.
Cando nos foi concedido [un] premio ós mellores sete blogs para [esta] blogueira, prometín, ó chegar ás 2000 visitas -que rapidiño se din-, faría a entrega de premios personalizada
Cóntovos como vai funcionar e que premios haberá:
Categorías
- Blog social, ó blogue que adique máis megas á sociedade e se preocupe por ela.
- Blogueir@ máis orixinal, está claro, non?
- Blog de interese público, o que mái axude á sociedade desta nosa blogosfera.
- Mellor deseño, este será difícil de adxudicar, pero non de definir, ou?
- Premio especial do comentarista, que agardamos, votedes con ganas polo que creades oportuno.
Premios
Como non estamos para tira-lo cortello pola fiesta (exprexión made in TerraDeBreogán), o regaliño será a parte do recoñecemento de TDB -que espero que sexa xa algo- un precioso trofeo, de cristal con filo de ouro (coma as cuberterías) e a inscrición correspondente. Todo isto, claro, en formato dixital.
Prazo
Queda aberto dende o día 9 de novembro de, ata a o xoves 15 de novembro, o prazo de presentación de candidaturas ó Premio do Comentarista. Cada blogueiro/a pode presentar dous títulos de blogs (linkados, por favor) para esta candidatura. A entrega de premios será o xoves 22 de novembro. Cada blogueir@ premiado recibirá, no seu mail de contacto o seu trofeo.
Xulgado
Os administradores de Terra de Breogán decidirán os premios en voto segredo -para vos-, exceptuando o caso do Premio do Comentarista, que serán @'s blogueir@s, deixando un comentario a esta noticia cos seus dous candidatos.
-Sen máis que engadir, péchase este comunicado.-
Atte,
Ith
5/11/07
Meme de ADN.es te regala un Nokia N 95
_______________________________
Para participar, te invito a que sigas las siguientes instrucciones:
- 1. Enviárselo a tres amigos.
- 2. Mantener los enlaces de quien te lo ha enviado.
- 3. Contestar antes del 30 de noviembre.
En ADN.es convertimos a nuestros usuarios en editores del diario.
¿Qué tres noticias escribirías en el diario de hoy y que no aparecen en ningún medio de comunicación?
1- Bush, Blair e Aznar, tras la declaración ante el Tribunal de la Haia por delitos contra la humanidad, a espera de sentencia.
2- Tras las reformas constitucionales en España se declaran instauradas Euskal Errepublika Popularra, República Popular dels Països Catalans y República Popular de Galiza con el apoyo de todos los grupos parlamentarios y el 100% de votos a favor de los ciudadanos en referéndum.
3- Acuerdo en la Unión de Continentes para desarrollar, a partir de 2010, el programa de protección a la naturaleza, por el que se reducirá a cero el CO2 emitido antes de 2015.
¿Qué tres noticias (texto, video o fotografía) encuentras en ADN.es que no son típicos de otros medios?
·El verdadero rostro de Tutankamón
·El juez Bermúdez desacredita la teoría de la conspiración y descarta a ETA
·España consume y contamina tres veces más de lo que le permite su capacidad de recuperación
Se lo envío a El Mal Bicho, Enmeigada, Subcomandante Marcos da Portela.
Puedes consultar las bases del sorteo en http://www.adn.es/sorteo/meme
2/11/07
O porqué dun sentimento
E pros que pensen que o contrario, os galegos somos dos Pobos máis fortes que existen, cantos aguantarían tódolos séculos de ostracismo que temos enriba?
31/10/07
>o recorte

Como idea de Eva [:B:L:O:G] de incluir un recorte dun perídoco para que a comentedes, acorreuseme isto, xa que estária ben que comentásedes un artigo escaneado do Faro de Vigo, de El País ou de Público, pero é máis ampla a selección dixital (eu non compro El Mundo nun kiosco so para poñelo aquí). A cousa irá como vedes, unha cabeceira (curradisima, eh?), un título suxerido por min, un breve comentario persoal e o link á noticia ou o que sería un recorte dixital do artigo. Comezamos. Espero que vos guste.
Non me decidía por ningún así que puxenvos dúas, tedes para uns cantos días.
NEGOCIACIÓNS BILATERAIS E LINGUAS BÍFIDAS
Como non, en época de precampaña, tódolos políticos de dedican ó mesmo: poñer verde ó outro, desta vez o ex-presidente do PP, Xosé María Aznar critica -isto non so na precampaña- ó único grupo que lles pode plantar cara nas eleccións. Lede, desfrutade e opinade.
EN OCASIONES VEO MUERTOS MULTICOLORES
Desta vez o esmerado redactor da noticia volve a súa anarkia fascista típica, para min de medios como El Mundo ou Antena3. Eu pensei "se non se dimitiu por envorcar toneladas de fuel ás costas do país, se non se fixo cando se invadiu un Estado por que había armas de destruccion masiva, que non existían; se non se dimitiu cando, tra-la ameaza cumprida, mataron a duascentas persoas inocentes. Se nen tan se quera houbo unha triste retificación, e ninguén a exisiu, por qué agora? Porque isto si afecta á xente, non son mortos, son retrasados nos horarios. E son cataláns e catalás que reivindican o necesario e máis. Non son galegos e galegas que estamos (e inventamos nos o dito) a velas vir.

clic na imaxe para ampliar e ler
28/10/07
>vídeo da semana
Cada semana subiremos un vídeo gracioso, polémico, reivindicativo... o que atopemos.
Hoxe tocouvos unha mestura de todo; gracioso -atentos á letra da canción-, polémico -polo menos estaba marcado como "maiores de dazaioto no Youtube- e reivindicativo da sociedade consumista na que ate se revende un reloxo de Alf...
Aí vos queda.
26/10/07
patada na cara e chámalle vexación...
Como foi xa desta vez, nada. Pero nada de nada. Tan so se actúa cando nos vemos acusados de sermos algo que cremos non ser ou cando se pon en entredito a honra de España e os Españois.
Si. Partinlle a espalda porque era negro, estará toda a súa vida sen poder moverse do pescozo para abaixo. Pero non irei ó cárcere.
Por qué? Porque era negro.
Cando xa a presión da Fiscalía, do colectivo "Movimiento contra
Agora arrepentímonos de que o pobre negro lle pasase o que lle pasou e, oito meses máis tarde, metemos no cárcere ó seu agresor, concedémoslle o dereito a vivir coa súa familia en España e listo.
un manis p'al mono
E agora recapacitemos sobre o sistema xudicial do Estado español. Funciona?
Disque si.
Insulto a unha rapaza (independentemente da nacionalidade), tócolle un peito con connotacións sexuais claras, doulle varias collejas e, como guinda unha patada na cara.
Versión que vimos todos.
Versión do xuíz que tivo a sorte de instruí-lo caso:
Non hai agresión racista ("vuelve a tu país, sudaca de mierda"), nin acoso sexual, nin se observan -segundo un forense- danos físicos.
Está ben. Eu, de se-lo avogado defensor faría nese momento o seguinte:
Aproximaríame ó xuíz e, tras chamarlle maricón reprimido, chuspiríalle á cara. Posteriormente cruzaríalle a cara un par de veces, todo isto acompañado de insultos e, como remate, unha agradabilísima patada na cara.
Delicto? Non, ho? Que vai ser delicto...
Que quede claro que eu non faría iso, pero no exemplo de que a fila do xuíz se vise na mesma situación... no sei, non sei. Deixaría en liberdade condicional ó agresor?
Funciona o sistema que, por unha omisión da Fiscalía (menuda cagada señores), deixan sen cargo algún a un tipo que fixo tal cousa? As probas sonvos irrefutables, un vídeo, sen manipular, claro e sen ningún tipo de defecto...
Ese é o sistema no que cremos. Podémoslle partirlle a nuca á un negro, darlle de patadas na cara a unha ecuatoriana, pero nunca, nunca, digamos que Eskalherria ten dereito a un referendo pola súa autodeterminación...
É España. É o legado do Caudillo. Sonvos Xuíces Conservadores*
*non dubido das ganas do maxistrado por facerlle o mesmo á rapaza cando foi declarar. Ademais, non é delicto...
Non sei por qué sinto que a miña confianza no Estado decae día tras día... Alguén pode dicirme porqué?
21/10/07
(Galego)-portugués
16/10/07
coupe d'etat, made in xuices
Ese arma de dobre filo que parece marabillosa, pero que cando a precisamos de verdade deixanos co cu ó aire.
Un documento pensado para que os suices teñan un gran poder -máis aló do que deberían-.
Un papeliño que, agora, fai que o PP teña control total e absoluto sobre as leis que se aproben. E con caracter retroactivo.
Última hora en EFE:
Madrid, 16 oct (EFE).- El sector conservador del Tribunal Constitucional ha logrado hoy, gracias al voto de calidad de uno de sus miembros, apartar a la presidenta de este órgano, María Emilia Casas, de las deliberaciones sobre el recurso del PP contra su continuidad en el cargo.
El Alto Tribunal ha informado esta tarde de que el pleno del TC ha aceptado las abstenciones de su presidenta y del vicepresidente, Guillermo Jiménez, en el recurso que el PP interpuso contra la Ley Orgánica de este tribunal (LOTC) y, concretamente, contra el artículo que permitió prorrogar automáticamente sus mandatos.
Básicamente, os conservadores terán o poder, se o Goberno non o impide coa recusación presentada, en tramites. Este "poder", qué é?
Pois o do retroceso.
Anularán o Estatut de Catalunya. Retroceso para a política liberal.
Anularán a lei da protección á mulller. Retroceso no que a Constitución promove, na súa base.
Lei de protección ó consumidor. Outra máis.
Lei de matrimonio homosexual. Seguimos.
Conclusion: independistas, m aricóns, mulleres e proletariado, caladiños están máis ghuapos.
Se és nacionalista. Cala. Se és homosexual. Escóndete. Se és muller, depende do teu marido, vive de el, és inferior. Como manda a Santa Madre Iglesia. Se non eres un empresario millonario. Morre de noxo.
Pudridevos na merda. Os xuices gobernamos. O Tribunal Constitucional derrogará as leis que nos protexen. Por qué? Poruqe o merecemos. Por rojos, maricóns, herexes, pobres, antipatriótocos. Por votarmos o PSOE, o BNG... Por retirarmos a Fraga, Aznar. O fascio do poder. Por renegar da Igrexa. Por non cumpli-los mandatos de Deus... e de Franco.
Sempre nos quedará o exilio. Ou que a Abogacía do Estado traballe, por primeira vez, co apoio de españois, de todos nos, de persoas que vivimos dentro do Estado español. Independentementa da nosa nacionalidade. Ante o progreso do ultra dereitismo (ese que proclamou a Hitler, a Franco, a Pinochet lexitimos gobernantes da Patria)
Loitemos. Non agardemos a te-la merda no pescozo.
Espertemos. Non é hora de combate-lo que non ñe constitucional.
Si, señores e señoras do PP, ampárense na Constitución cando lles sexa necesaria e deixena pudrirse cando se opoña ós seus fins.
Coma sempre. Nada. Agardemos a que o petroleo invada as costas. Agardemos que destrúan o noso litorar. Agardemos ate que os residuos radioactivos se confirme que nos fan dano. Agardemso a que estoure Atocha de volta. Agardemos. E mirade as consecuencias.
Xa sei que non me tocaba publicar, pero non me puiden resistir a esta noticai. Grazas, contádeme.
15/10/07
Get involved!
Hoxe é o día internacional dos blogger polo medio ambiente -dende que existe internet os "día mundial de..." crecen a un ritmo...-.
Así que sendo blogueiro e preocupándome polo medio ambiente...
Non me quedou outra! [WEB OFICIAL]
Cada blog ten unha temática (política a do noso) e debemos facer un post de acordo co noso estilo, relacionado co medio ambiente. Alá imos.
O "cero coma sete"
Si, si algo queimado, tamén, pero é que mais esta dacabalo entre política e mellora do medio ambiente.
Segundo nos din, o 0,7% do presuposto anual de cada país desenrolado bastaría para darlles ó países subdesenvolvidos unha vida digna -a saber; comida e auga, casas, roupa, educación e saúde publicas). Non chegamos nin a iso.
O fácil (e moi ideal) sería que cada país rico (EEUU, Canadá, Finlandia, Alemaña, Italia, España, Xapón... por citar algúns) dóanse un 1% -sexamos algo xenerosos, non temos superávit?- e estes fondos os distribuíse a ONU a través da FAO. Divino de la muerte.
Erros do sistema: que pais pretende dar un tanto por cento dos seus cartos a outro, se, como os EEUU, non fan nada pola sanidade pública do país (por exemplo). Países todos iguais nas necesidades básicas? ISO ACHÉGASE O SOCIALISMO, ROJOS DE MERDA! Países que non teñan necesidade de traballar por catro céntimos durante dez horas? Afundimento da economía...
E ló? Se non nos preocupamos polos mesmo humanos, ímolo facer polo medio ambiente?
Se intentasemos soluciona-lo quentamento global, habería problemas coa economía -deixar de producir petróleo?-. Teriamos graves repercusións nos sistemas económicos, guerras... Porque moitos o quererían e eses "moitos" sonvos os dirixentes do mundo...
Quédanos protestar!
14/10/07
...chega un monótono fungar...
...i eu tradúzovolo.
Como o voso bardo, visitantes da Terra de Breogán, anúnciovos o próximo regreso de Ith, con novas para o blog.
Estade atent@s a Terra de Breogán, volverei con cambios no deseño gráfico -non demasiados, gústame o noso blog- e deixareivos caer un novo post para que volvamos a falar.
Teño tamén unha sorpresa preparada, non pensedes que me fun de vacacións só para descansar, fíxeno pensando en vos...
Agárdovos,
Ith
8/10/07
Sempre tes o (G)as para matalo......Rei?
5/10/07
Apaga o candil Marica chus,chus
A cuestión é a seguinte,o noso país ten o 40% do total do Estado en enerxía,e nalgo no que imos sobradísimos:eólica,hidráulica,solar,biomasa,e penso que tamén hai algo(ou podería haber)de maremotriz.Pois sendo os maiores produtores,seguimos pagando un custo inaceptable pola enerxía que NÓS producimos,e non vemos nada dos beneficios,xa que os impostos da NOSA enerxía páganse en Madrid,que é onde teñen as oficinas.É algo parecido ó que pasaba en Bolivia cos hidrocarburos,explotábanse alí e non vían nada diso,por moito que se non endemoniaba a Evo Morales por ser quen de facer ``algo tan inhumano como esixir que se lle de ó pobo o que é do pobo´´.Pois ben,a Xunta pretende crear un canon(é incrible que haxa canones bos)para os encoros galegos,dependendo da altura,etc.Ben?Depende,Fenosa ameazou con subila tarifa,e a Xunta di que non vai afetar ó usuario.En que quedamos ó final?Vannos subila factura sen afetarnos?O precio da enerxía e do gas non o controla o Estado(ou a Xunta)?Pois ben,a palabra é vosa.
2/10/07
...e o fillo de Breogán partiu co seu pai cara as misteriosas terras do horizonte, avistadas dende a Torre de Hércules...
Tras un par de semanas fisicamente esgotadores e un fin de semana para rematalo, acompañado do estres de inicio de curso, sumado isto ó deterioro psicolóxico -tamén grande- e que non paro de levarme desilusións, sumadas a situacións de estres, estres máis estres e todo isto mesturado cunha pinguiña de estres.
Déixovos, pero tampouco vos abandono á vosa sorte, quedades con Mos, que vos pode poñer un post para estarvos discutindo un mes enteiro. Con el quedades, non me decepcionedes agora e sede bos e boas, comentade moito e discutídeme ben cada post ate deixalo sen zume.
A Terra de Breogán está aberta a tod@s, entra, descansa e empápate do orballo que espingalla polo país. Agárdovos sempre por aquí. Lembrade que xa fomos 1452 persoas as que entramos para quedar, espero. I espero que sigamos a crecer.
Deica logo a todo o mundo.
Saúdos de Ith.
29/9/07
Continúo...
27/9/07
Os [CENSORED] contraatacan
Poderíamos falar de moitas cousas, se atendemos ó titulo, por exemplo:
Zaplana, tra-la presentación dos Presupostos Xerais do Estado para 2008 dixonos:
"A caida dun 20% das axudas as Víctimas do Terrorismo nos PXE, débense a unha esixencia de ETA?" E aproveitou para ratifica-la sua opinión de que Zapatero e ministr@s estána rendirse ante os revolucionarios.
Señor Zaplana, a caida do 20,04% (se non me equivoco no dato exacto) é no presuposto de axudas a FUTURAS víctimas do terrorismo; e dicir, que as persoas que reciben ese tipo de axuda actualmente, seguirán a recibila, co incremento anual segundo a economía de España (coma os funcionarios).
O presuposto reducido implica (como podemos ver) unha menor cantidade de atentados de ETA e, por lóxica pura, a menos atentados, menos indemnizacións.
Aconsellarialle le-lo enunciado total das propostas non de lei o os PXE para non quedar, outra vez, en ridículo.
Pero non, hoxe non vou falar diso. Agora tócame falar dos [CENSORED]
Xoves, 27 de setembro de 2008
16.38 PM
Saio coa miña nai ó xardín despois de comer, para toma-lo aire e, de súpeto un 4x4 da Policía Local pasa a toda presa polo estrada, cara o Monte Carrasco. Séguenno Protección Civil, a Garda Civil e tres helicópteros (un deles so para grabar).
Rodeamo-la casa e atopámonos cun monte (o do Bispo, chámanlle) ardendo pola ladeira Este.
Saen as veciñas correndo e suben á miña casa (está un pouco máis alta) para miralo de preto. Asustaba.Cos prismáticos podíanse ve-los tres focos que cercaban a ladeira.
Sen palabras. Todo o verán sen un so incendio, calor abafante, sen chivias dende fai case un mes e con previsión de precipitacións este fin de semana.
Branco i en botella.
Déixovos as imaxes que puiden tomar co móbil, sinto a calidade, pero quedei sen bateria na cámara. Sobran palabras. Hai días nos que é mellor non erguerse, hoxe foina para min e, para rematalo, os bastardos contraatacan.



Cando acabedes, comentade e, de paso, propoñede unha palabra para substituir a [CENSORED]...
24/9/07
Siempre nos quedará...Extremadura.
Estados Unidos é un conxunto de Estados que formán unha Nación,España é un conxunto de Nacións que forman un Estado.Ahí está a principal diferencia.En EUA están todos coas bandeiriñas e máis contentos ca Deus,eu vexo un montón de xente con bandeiriñas españolas e venme a cabeza dúas cousas,unha conleva a outra:ou son fachas,ou é unha manifestación do PP.Cando eu vexo un partido da Seleción española,esa bandeira o primeiro que me trae a cabeza é iso:fachas.Sei que moitos non o son,moitos nin sequera soportan iso,pero é unha reación lóxica cando se nos obriga a ``amar a la Bandera´´,cando sabes que serás sancionado se non vas a Seleción,cando un país xa non che di nada.Estou a falar do meu caso,e sei que moitos dirédesme que son un extremista,etc.Pero é o que sinto,ou o que non sinto mellor dito,polo Estado.Son moitos paos seguidos.Cataluña recibirá 4000 millóns,Andalucía outros 4000;en Galiza 1920 millóns e aplaudimos coas orellas.Que recibimos máis do que damos?Moi ben,se non damos máis pode ser porque non recibimos antes.É como a canción do anuncio:``cada uno da lo que recibe,luego recibe lo que da´´;iso resumo perfetamente a nosa situación.A ver se alguén sabe porque digo iso no título.
21/9/07
a terra da liberdade...
Cantas veces non temos escoitado esa frase...
"-Podemos facer iso?
-Claro, tío, estamos en América,
a terra da liberdade"
Si, dique, si...
Navegando por "Fame my blog" atopeime cunha votante de Terra de Breogán (supoño que extraviada) que, dende américa, fianos unha visión crítica da censura case (por non dicir de cheo) inquisitorial que se leva a cabo polas canles republicanas (neste caso a Fox).
Na serie de Cuatroº, Cinco hermanos (Brothers and sisters, en ingles) parece ter un grade exito en toda América, Sudamérica e media Europa...
Na entrega dos premios Emmy, gala producida e emitida pola Fox Broadcast, o doctor House (Hugh Laurie) e unha señora que me é descoñecida presentan esa entrega.
Nese momento, di o señor Laurie:
"And the Emmy goes to: Sally Field!"
Aplauso espectacular (aínda que a xente xa o esperaba) e recollida do premio por parte da actriz, que fai de Nora a nai das "criaturas" en Cinco hermanos.
EXPLIQUÉMONOS
Sally Field é nominada a "Leader Actress on Drama Series", o equivalente a "Mellor Actriz dramática". E gañou. O premio é entregado polo "doctor House". Aqui comeza o discursod e Sally...
Antes de nada, que saibades (se non a sabedes xa) que Cinco hermanos é a serie máis ironicamente anti republicana e belicista (co permiso dos Simpsons), pois, a pesar de estar na fox, os lambecus dos Bush, non poden ser máis criticos con eles. Os censores da Fox (que son moitos e malvados) xa as tiñan na garganta, pois a serie máis crítica coa guerra de Iraq estaba nominada en varios campos... Sorpresa, pero gañou a que é a nai, na ficción, dun rapaz, que, convencido pola propaganda do tio Sam, alístase na armada, volta a casa e envíanno de volta a Iraq... É unha historia dramática dentro do dramón que é, xa de por si, a serie.
Deixovos o video e debaixo unha pequena traducción de fragmentos interesantes do discurso da señora Field.
"E o Emmy é par Sally Field /APLAUSOS/
Este é o 3º Emmy para ela e a súa septuaxésima nominación, primer Emmy gañado en 1977 [...]
Dixéronme que debo ser moi rapida, moi, moi rápida. Brothers and Sisters somos un gran equipo, una gran familia. Doulle as grazas os tres pais da criatura [...] e especialmente á súa nai, Sherry Kaplan, a técnicos e guionistas...
Ós actores cos que compartin escenas , especialmente Calista Flockhart. Pero Nora Walker non podería ser nada sen as mulleres, verdadeiras nais, do mundo. Que nos coidan e traballa, e deben ser valoradas... Especialmente esas nais que coidan de que os seus fillos cheguen a casa, de preotexelos, dos perigos... e da guerra /APLAUSOS; a xente sorri ironicamente, mirando que como sigua vanna a botar/ /CHILLA: rápido, rpaido/ /Balbuceos "eh... protexer.... uh!.... fillas.... eh, oh!, guerra/ Estou orgullosa de res unha desas mulleres... De feito, creo que se as mulleres gobernasen o mundo, non habería máis... /Sally Sen Son e imaxe da preciosa bola do teito/ /APLAUSOS/
Grazas, moitas grazas..."
Esa é a terra da liberdade, eu ainda me lembro dos carteliños de "No a la guerra" nos Goya do ano da invasión...
Cangas
Vista do mar de Cangas


