A xustiza española está apodrecida, vella. Ten leis sen sentido, como que sexa máis grave baixarte unha película a unha millonaria multinacional que roubar 300 € ó primeiro que se asome pola porta.
Supoño que líchedes a nova da agresión sexual á dúas nenas de 12 anos por parte de 9 seudo-humanos con idades comprendidas entre 12 e 15 anos. Pois ben, que pasaría agora nun Estado normal, cunha xustiza normal e unha sociedad normal? Pois os culpables serían castigados cunha medida exemplarizante para que non se creara precedente entre os nenos e os culpables quedaran escarmentados, as vítimas serían protexidas e afastadas de calquer mal que lles puideran causar os energúmenos e calquera outra cousa sería respondida pola sociedade nun berro clamando xustiza e obrigando ás autoridades xudiciais e políticas a coller o caso coa verdadeira gravidade que ten e mandar unha mensaxe clara de condena e aviso ós que se lle puidera ocorrer repetilo.
Pero que pasou aquí? O condutor, que resulta que é Garda Civil, vai ser procesado sí, pero por multiempleo, non por omisión de socorro, ah sí, e o colexio ábrelle un expediente, que non se diga home!; os culpables? ben, os que teñen menos de 14 anos non lles pode pasar nada, así que xa sabedes: violar, roubar, asesinar, queimar, atentar... tedes vía libre, que non vos pode pasar nada; os que teñen máis caerá sobre eles todo o peso da Lei.... de Menores, así que nada, como moito 9 meses nun centro de menores e ala, pra casa a durmir e a pasalo ben; as vítimas... desaparecidas, ninguén se pon en contato con elas, nin lles expresan solidariedade, nada, xa se apañarán elas co trauma.
Podedes pensar que son un exaserado, pero a ver, mirade as idades, que está ocorrendo? Pros culpables eu só podo pedir unha cousa, man dura, que sirva de exemplo, se os pais non o fan, que o faga a Xustiza e que aprendan as consecuencias dos seus actos.
Eu a solución que teño e collido da Xustiza Norteamericana, que en moitas cousas non me gusta pero nisto penso que teñen razón. Segundo o delicto, que respondan como adultos, porque se es maior pra un delicto sexual, es maior pra ir á cadea a pagar polo que fixeches. Hai que protexer as víctimas, non ós agresores!
Bueno, disculpade, si que os castigaron, algo funciona neste país, expulsaronos do colexio... 5 DÍAS!!! nin máis nin menos, creo que aínda hai esperanza...
Benvid@s
Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
29/10/09
27/10/09
Volver a comezar
Volvo a escribir aquí, o por que non o sei, e sendo consciente de que cecais so o administrador do blog sepa que volvín escribir. Pode que volva non polo que é actualmente, un blog caseque abandonado, esquecido, se non polo que foi, un recuncho onde poñer as miñas ideas, onde compartilas con máis persoas e poder expresar metódicamente o que me preocupaba, molestaba ou, sinxelamente, o que me facía gracia. Por iso quero volver, polo que foi e polo que pode volver a ser. Pido a quen lea este post que me diga se vou camiñar so, ou acompañado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)