Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

29/9/07

Continúo...

Como no post anterior falaba de incendios, seguimos co mesmo, pero agor asó vos deixo un vídeo que, música a parte, ilustra ben o que pasou...

27/9/07

Os [CENSORED] contraatacan

Poñede entre os corchetes a palabra que máis vos apeteza ó acabar de le-lo post.

Poderíamos falar de moitas cousas, se atendemos ó titulo, por exemplo:
Zaplana, tra-la presentación dos Presupostos Xerais do Estado para 2008 dixonos:
"A caida dun 20% das axudas as Víctimas do Terrorismo nos PXE, débense a unha
esixencia de ETA?" E aproveitou para ratifica-la sua opinión de que Zapatero e ministr@s estána rendirse ante os revolucionarios.
Señor Zaplana, a caida do 20,04% (se non me equivoco no dato exacto) é no presuposto de axudas a
FUTURAS víctimas do terrorismo; e dicir, que as persoas que reciben ese tipo de axuda actualmente, seguirán a recibila, co incremento anual segundo a economía de España (coma os funcionarios).
O presuposto reducido implica (como podemos ver) unha
menor cantidade de atentados de ETA e, por lóxica pura, a menos atentados, menos indemnizacións.

Aconsellarialle le-lo enunciado total das propostas non de lei o os PXE para non quedar, outra vez, en ridículo.

Pero non, hoxe non vou falar diso. Agora tócame falar dos [CENSORED]


Xoves, 27 de setembro de 2008
16.38 PM

Saio coa miña nai ó xardín despois de comer, para toma-lo aire e, de súpeto un 4x4 da Policía Local pasa a toda presa polo estrada, cara o Monte Carrasco. Séguenno
Protección Civil, a Garda Civil e tres helicópteros (un deles so para grabar).

Rodeamo-la casa e atopámonos cun monte (o do Bispo, chámanlle) ardendo pola ladeira Este.


Saen as veciñas correndo e suben á miña casa (está un pouco má
is alta) para miralo de preto. Asustaba.
Cos prismáticos podían
se ve-los tres focos que cercaban a ladeira.

Sen palabras. Todo o verán sen un so incendio, calor abafante, sen chivias dende fai case un mes e con previsión de precipitacións este fin de semana.

Branco i en botella.

Déixovos as imaxes que puiden tomar co móbil, sinto a calidade, pero quedei sen bateria na cámara. Sobran palabras. Hai días nos que é mellor non erguerse, hoxe foina para min e, para rematalo, os bastardos contraatacan.


































Cando acabedes, comentade e, de paso, propoñede unha palabra para substituir a [CENSORED]...

24/9/07

Siempre nos quedará...Extremadura.

Atopábame o outro día reflexionando sobre os problemas que asoballan o país, e do feo de carallo que vai quedar Rande cos dous aleróns eses,cando como unha iluminación veume a cabeza a principal diferencia entre EUA e España.Non estou a falar de Economía,nin de Política Internacional,nin de Capacidade Militar,máis ben de personalidade dos seus habitantes.
Estados Unidos é un conxunto de Estados que formán unha Nación,España é un conxunto de Nacións que forman un Estado.Ahí está a principal diferencia.En EUA están todos coas bandeiriñas e máis contentos ca Deus,eu vexo un montón de xente con bandeiriñas españolas e venme a cabeza dúas cousas,unha conleva a outra:ou son fachas,ou é unha manifestación do PP.Cando eu vexo un partido da Seleción española,esa bandeira o primeiro que me trae a cabeza é iso:fachas.Sei que moitos non o son,moitos nin sequera soportan iso,pero é unha reación lóxica cando se nos obriga a ``amar a la Bandera´´,cando sabes que serás sancionado se non vas a Seleción,cando un país xa non che di nada.Estou a falar do meu caso,e sei que moitos dirédesme que son un extremista,etc.Pero é o que sinto,ou o que non sinto mellor dito,polo Estado.Son moitos paos seguidos.Cataluña recibirá 4000 millóns,Andalucía outros 4000;en Galiza 1920 millóns e aplaudimos coas orellas.Que recibimos máis do que damos?Moi ben,se non damos máis pode ser porque non recibimos antes.É como a canción do anuncio:``cada uno da lo que recibe,luego recibe lo que da´´;iso resumo perfetamente a nosa situación.A ver se alguén sabe porque digo iso no título.

21/9/07

a terra da liberdade...

Cantas veces non temos escoitado esa frase...

"-Podemos facer iso?
-Claro, tío, estamos en América,
a terra da liberdade"

Si, dique, si...
Navegando por "Fame my blog" atopeime cunha votante de Terra de Breogán (supoño que extraviada) que, dende américa, fianos unha visión crítica da censura case (por non dicir de cheo) inquisitorial que se leva a cabo polas canles republicanas (neste caso a Fox).

Na serie de Cuatroº, Cinco hermanos (Brothers and sisters, en ingles) parece ter un grade exito en toda América, Sudamérica e media Europa...
Na entrega dos premios Emmy, gala producida e emitida pola Fox Broadcast, o doctor House (Hugh Laurie) e unha señora que me é descoñecida presentan esa entrega.
Nese momento, di o señor Laurie:
"And the Emmy goes to: Sally Field!"

Aplauso espectacular (aínda que a xente xa o esperaba) e recollida do premio por parte da actriz, que fai de Nora a nai das "criaturas" en Cinco hermanos.


EXPLIQUÉMONOS

Sally Field é nominada a "Leader Actress on Drama Series", o equivalente a "Mellor Actriz dramática". E gañou. O premio é entregado polo "doctor House". Aqui comeza o discursod e Sally...
Antes de nada, que saibades (se non a sabedes xa) que Cinco hermanos é a serie máis ironicamente anti republicana e belicista (co permiso dos Simpsons), pois, a pesar de estar na fox, os lambecus dos Bush, non poden ser máis criticos con eles. Os censores da Fox (que son moitos e malvados) xa as tiñan na garganta, pois a serie máis crítica coa guerra de Iraq estaba nominada en varios campos... Sorpresa, pero gañou a que é a nai, na ficción, dun rapaz, que, convencido pola propaganda do tio Sam, alístase na armada, volta a casa e envíanno de volta a Iraq... É unha historia dramática dentro do dramón que é, xa de por si, a serie.

Deixovos o video e debaixo unha pequena traducción de fragmentos interesantes do discurso da señora Field.



"E o Emmy é par Sally Field /APLAUSOS/
Este é o 3º Emmy para ela e a súa septuaxésima nominación, primer Emmy gañado en 1977 [...]
Dixéronme que debo ser moi rapida, moi, moi rápida. Brothers and Sisters somos un gran equipo, una gran familia. Doulle as grazas os tres pais da criatura [...] e especialmente á súa nai, Sherry Kaplan, a técnicos e guionistas...
Ós actores cos que compartin escenas , especialmente Calista Flockhart. Pero Nora Walker non podería ser nada sen as mulleres, verdadeiras nais, do mundo. Que nos coidan e traballa, e deben ser valoradas... Especialmente esas nais que coidan de que os seus fillos cheguen a casa, de preotexelos, dos perigos... e da guerra /APLAUSOS; a xente sorri ironicamente, mirando que como sigua vanna a botar/ /CHILLA: rápido, rpaido/ /Balbuceos "eh... protexer.... uh!.... fillas.... eh, oh!, guerra/ Estou orgullosa de res unha desas mulleres... De feito, creo que se as mulleres gobernasen o mundo, non habería máis... /Sally Sen Son e imaxe da preciosa bola do teito/ /APLAUSOS/
Grazas, moitas grazas..."
Esa é a terra da liberdade, eu ainda me lembro dos carteliños de "No a la guerra" nos Goya do ano da invasión...

18/9/07

Rexurdindo das cinzas, esta vez sen sadioctividade, espero...


Pois si, rapaces e rapazas, xa estou de volta convosco!
Despois dunha semana planeando irmos comer a praia (este verán case nin a pisamos) de súpeto póñome enfermiño e despois ponse a chover e tronar... Pois mirade que tiña ganas de ir... Pero que se lle vai facer. A identidade do virus/bacteria que me atacou segue a ser descoñecida, pero se descubro cal é, estudiarei Bioloxía para destruíla por terme provocado 40 de febre, dor de cabeza e un mareo que nin Deus Todopoderoso, amén.

Tralo momento psicópata asasino, paso a outra cousa.


Xa vai uns días atrás iniciábase o novo curso xudicial (si, si eses que levan dez DEZ meses "en funcións") e, o mesmo tempo, dábase a noticia do inicio do xuízo polo caso Gescartera.
Mirando os informativos da TVG (por 1ª vez en anos) e sen forzas para colle-lo mando (aínda enfermo daquela) deixeime estar e mirei tódalas noticias.
En primeiro lugar deron a dos xuíces.
Os progres ameazan con non asistir se o PP non deixa de bloquea-la renovación do Consello (pendente dende fai 10 meses). Quedouse en nada, non sendo por Esquerda Unida, que nun deses poucos actos de verdadeira esquerda, non apareceu polo lugar (por certo, decorado bastante estilo anos 90, de hai dous séculos) e presidido pola súa maxestade o rei Juan Carlos...

Seguinte noticia: Caso Gescartera levado a xuízo, outra vez, seis anos despois daquela vista preliminar (espero que se sigan a coñecer todos). Sacando a aburrida temática de desfalcos, apropiacións indebidas e fraudes varios, imos falar de imputados (palabra máis coñecida dende o de Marbella).
Non vou darvos un esquema de persoas relacionadas co caso, pero mira isto e quedaravos un pouco claro:
ESQUEMA
Todos os de azul, a excepción de César Alierta (presidente de Telefónica daquela) son altos cargos do PP. (Isto e así repetitivo que a morcilla de Burgos [perdón polo chiste fácil])]

Pois agora non me chamedes retorto...
Explicación CLARIÑA e sen darlle votas:
Se o PP quere conservar ós xuíces conservadores (toma!) e houbo altos cargos, tanto como Ansar e consorte, Zaplana, Cañete, Rato, A.C ascos, Rajoy, Montoro, implicados no caso Gescartera.
Os xuíces desestimaron as acusacións dos fiscais cara P. Valiente, presidenta do CNMV e membro do PP polo daquela, e contra outros membros do partido como podían ser o Ministro de Facenda (aí houbo certas cousas escuras entre facenda e o CNMV).
Miro normaliño de todo que queiran mante-los xuíces que lles salvaron o cu no poder...

__________________________________________________________

NOTA:

Onte pola noite finalizou a enquisa sobre o futuro gobernante do estado español, todos os que votamos (un total de 12 persoas) decidimos que debería ser ZP o próximo presi (a pesares de cambiar os carteis do Plan Galicia).

Eva, pois dentro dun par de meses, aproveitando que me pases a receta do Irish cofee, discutiremos este tema.

Non sei que filofascista aproveitaría a MIÑA enquisa do MEU blog para dar a coñecer a súa opinión profalanxista, pero tamén o acepto.

Por outra banda o descoñecido votante (Mos) da coalición, creo que tería poucas posibilidades de se sentir realizado.
____________________________________________________________
Ben (ven pa ti, Mos) pois aqui finaliza o tema da votación.
Comentádeme a noticia tamén. Sete veces grazas.

16/9/07

Chapapote's return?

Parece que as pérdidas millonarias,un desastre ecolóxico en Europa sen precedentes,unha mobilización social galega nunca vista(e seguramente nunca esperada) non xurten efecto nun Estado que se preocupa máis polos vertidos nas Illas Baleares(que foi como tirar unha colilla ó mar en comparación,pero inmediatamente xa tiñan todo o vertido rodeado e controlado)ou polos fallos nas infraestruturas en Cataluña(infraestruturas inexistentes no noso país)que polos 36 buques con sustancias radiativas que pasaron fronte as nosas costas o ano pasado.Repito por se a alguén non lle quedou claro:36.Dito isto,imos ver varias cousas:
1ª cousa:tralo acidente segue sen haber un control riguroso sobre o tráfico marítimo fronte as nosas costas.Lembremos que a competencia sobre a costa galega segue residindo no Estado,sen considerar que a Costa como as estradas galegas son peculiares,e telas competencias aquí de Costas e Tráfico será útil e imprescindible.

2ªcousa:despois da pésima xestión por parte do anterior goberno estatal e autonómico,e vendo que os galegos estabamos bastante cabreados,o goberno de Aznar decidiu facer o arquifamoso(aquí imaxinádevos un toque de tambor,de gaita ou do que queirades)``Plan Galicia´´.Si!Ahí vía eu,aparte dunha penosa forma de intentar salvar a nosa economía e facernos a pelota,un xeito de que o País avanzase.E que pasou?Pois que ZP deume o primeiro duns cantos ostiazos e decepcións.Quitouno.
3ªcousa:falo outra vez de contaminación marítima.Que conste que non penso falar das idas e vidas do ``barquiño´´porque está moi queimado ese tema e porque non vou por ahí.Na chamada ``fosa atlántica´´,a 630 km da costa galega(se lle dades a volta aparece o número de buques antes mencionado,cousa do demo),reside unha verdadeira bomba de reloxería:máis de 140000 toneladas de residuos nucleares,sen control ningún por ningún goberno nin organización internacional.Sabendo iso non vexo tan descabeiado o anuncio de Fanta dun``centollo gigante de 8 patas´´,a pesar que era un boi.
4ªcousa:hoxe escribo eu porque o outro ``redactor´´do blog está indisposto.Se alguén coñece(ou cre coñecer,ou ten unha remota idea,ou ten ganas de tocarlla moral)o motivo desta indisposición,por favor que o indique xunto ó comentario.

13/9/07

Problemas de Seleción:Volve Darwin!!

O pasado 3 de setembro a RFEF(Real Federación Española de Fútbol)denegoulle o permiso a Cataluña para poder xogar un amigable fronte a EUA o 14 de outubro(data de partidos oficiais),o que fixo que toda a política catalana se erguese en pe de guerra.A RFEF escudouse en que non é Nadal,e polo tanto non poden xogar.Cabe dicir no seu favor que a Liga e os clubes teñen un acordo para que as Selecións Atonómicas so xoguen no Nadal,aínda que un Cataluña-Euskadi se xogase un 8 de outubro.Trala negativa,como dicía,a FCF(Federación Catalana de Fútbol)dixo que o Partido se xogaba igual,e incluso Carod Rovira renaceu das súas cinzas para dicir que se xogaba na Alta Cataluña,ou sexa,Francia.E cando xa estaban coa festa montada tódolos partidos non ``populares´´,coa FCF,cun pifostio no Parlamento,ocurriuselles preguntarlle a EUA que opinaba,e contestaron que se a RFEF non o autorizaba non xogaban.Alá vai a festa ó carallo.Isto reanimou a polémica sobre as selecións autonómicas,o dereito que teñen a xogar amigables(xa non digo partidos oficias)cando queiran.Eu,persoalmente,estou a favor de que se xogue no verán e no Nadal,ou mesmo que se faga un torneo de selecións autonómicas no verán no cal incluso se podería invitar a Portugal e/ou Andorra.Algo así como un Trofeo Península Ibérica.

12/9/07

...pues Alejandría...

Situación: Hai debate! programa da TVG, presentado por unha rapaza que me encanta (como presentadora, digo) que, tras entrevistar a Anxo Quintana, pasaron a una debate-tertulia sobre Gaiás /Cidade da Cultura con outra xente. (Quintana xa tiña marchado).

Qué pasou: Comezouse a falar, as persoas na posición que vedes abaixo, politicos a un lado, periodistas a outro e a presentadora no medio.


Tras unha acalorada discusión incitada polo diputao do PP, que por certo, non era discusión, senon unha tactica para cambiares o rumbo da discusion...
Dito conselleiro comeza, nun momento dado, a critica-la xestión do Gaiás (si si, o PP critica a xestion da C. da Cultura) botándolle en cara que todo estaba parado. [Todo esto en castellano, que siendo del PP no se va a manchar la boca!]
O periodista da COPE apoiando, coma un canciño faldeiro (aqui dise can lambeconas, pero sexamos finos), o PP, que non era lóxico, tendo un plan xa feito, non seguir coas obras.
Resposta do PSdeG: os plans deixados polo patron do barco (Fraga) para guia-lo trasatrantico (CIdade da Cultura) eran [moitas palabrerias, en resumo] unha merda.
Aqui responde o do PP co exemplo do Guggenheim e da Ciutat de les Arts e les Ciències.
Os presuposto iniciais foron inferiores ó invertido finalmente, e no caso do museo, en cinco anos amortizouno. "Iso, iso"- di o lambe.... Bo argumento, pero este souberonno rebatir.
O Museo tiña unha gran proxeccion internacional, e a Ciutat tamén, atraian pola fama do Guggenheim e a variedade na Ciutat (planetarium, l'hemisferic, oceanograic...). E os grandes proxectos en Gaiás eran unha biblioteca e un arquivo documental, que non teñe unha grande atracción a nivel nin tan sequera nacional.

Plano da cámara nese intre:
Ás costas do voceiro do PSdeG, enfocando á presentadora e os tres periodistas.

Lembramos...
-E unha biblioteca e un arquivo non terían esa proxección a nivel nin tan sequera nacional.- oPSdeG
-Pues la de Alejandría!!
Nese momento as risas apagaron as palabras do señoriño ese e, unha vez todo calmo o PSdeG continuou, sen comentarios...

11/9/07

Ahí está,ahí está,ahí está,ahí está,o Pazo de Meirás

Ben,estreome como colaborador oficial, e non atopei nada mellor para facelo que escribir dun tema que corroe,tanto politíca como economicamente,a todo o país:o Pazó de Meirás.

O arquifamoso Pazo pertencía o heredeiro da escritora Emilia Pardo Bazán,e os cartos para mercalo foron ``doados´´polo Pobo de Sada a Franco mediante presións e conxelacións salariais dos traballadores,pero como lle debía quedar pequeno,decidiron que ó Pobo tampouco lle importaría moito deixalas terras de labranza colindantes para buscarse a vida como...inmigrantes?Eiquí bos deixo unha panorámica do Pazo e dos terreos.
A polémica ben cando á Xunta metéuselle na cabeza que iso era un edificio moi importante para o Patrimonio galego e deicidiu que a xente tiña dereito a visitalo 4 veces ó mes,e o Concello de Sada decidiu poñelo en mans de Patrimonio para que así puidera ser,pobres galegos que pensamos iso.Ó comezo Carmen Martínez Bordiú,de profesión...,pois como dicía,``Carmencita´´contestou ó Goberno Galego que non habería problema en que uns inspetores verificasen o estado do edificio,das obras de arte levadas alí pola muller de Paquito Franco,e da biblioteca da Bazán.Pero cada vez que se presentaban os inspetores,alí esperandoos atopábase un abogado da familia dicindo que non podían pasar.Tras varias negativas,a Xunta deicidiu abrirlle expediente,o que podería levar unha sanción económica de ate 60000 €.E así estamos,coa Xunta levando ós Tribunais á familia Franco para poder entrar a velo seu estado;coa Familia de vacacións alí neste momento(cousa que din os de Sada que é unha provocación);e con tódolos galegos esperando poder entrar no Pazo dunha vez,porque nisto si que estamos tódolos galego de acordo;e con Peñafiel dicindo que iso é dos Franco,que os galegos llo dimos porque somos moi boíños,e que fan ben en non deixar pasar a ninguén nunha casa que utilizan unha vez ó ano.

Uno más uno son... dos! & Especulando

Pois si, dous posts en un. Eran moi breves para poñelos por separado e así lédelo dun tirón.

>Uno más uno son dos< Si, o contrario do que a LOXE puidese destrozarnos, évos unha realidade. Óscar, máis coñecido como Mos/y na Terra de Breogán, únese ós escritores do blog. Máis por que insiste en que fale de cousas das que teño que buscar demasiada información, o que pode ser interesante, pero é mellor que o faga el.
Así que xa sabedes, agora podedes botarlle a culpa do mal que está o blog tamén a el.
Sigo esperando que publique algo, pero non vos preocupedes, que se o fai, xa será longo, interesante e polémico.

>Especulando<
Ó contrario do que pensades, non vou falar de polítca nin de economía. Non. falo de vos. Especuladores. Si.
Unha vez pechada a enquisa sobre a puntuación do blog, teredes que recoñecer que, cando menos inflastes un pouco a nota.
Outra cousa que me desconcerta un chisco é o número de votantes, oposto ó número de visitantes habituais/ comentaristas (Martinho, Eva, Rubén, Mos) soncheme catro e hai dezaoito votacións... tendo en conta que, modestia a parte eu lle puxen un 6... quedan trece persoas que votaron e non comentan sequera, aínda contado con Bea, Susana, Juan Luís e Romina que dudo que teña votado) son nove votantes nas tebras...
Grazas de todas formas.
Ahí vai a análise das votacións, deixo a enquisa, para que a revisedes e non creades que falsifico nada.

PUNTUACIÓN----------VOTANTES----------PORCENTAXE
1------------------------------0--------------------0%
2------------------------------0--------------------0%
3------------------------------0--------------------0%
4------------------------------0--------------------0%
5------------------------------0--------------------0%
6------------------------------3--------------------16%
7------------------------------4--------------------22%
8------------------------------3--------------------16%
9------------------------------2--------------------11%
10------------------------------6--Ala!-------------33%


>PUNTUACIÓN MEDIA 6.88888888888888888888 (queda claro que é periódico, non?)

Pois sí, un seis con oito. ^-^ pois moi contento desta media que ultra-inflastes cos SEIS deces.
Grazas a todos.
<----Nova enquisa, esta se cadra será máis realista. ::Próximo post:: No me digas que Alejandría...

10/9/07

Relaxaivos, meus.

Para que collades enerxia ó le-lo blog, deixovos isto, para que riades un pouco.
Doume conta de que algun que outro post évos algo denso asique mirade isto.



Agora seguide con post de abaixo (noviño, dagora mesmo tamén)
Recoñeceredes que a historia do "video" é ben divertida, o que pasa e que o sinto polos rapaces, a casa e mailo hamster!

De nazón a nazón, e ataco a traición...

Hoxe viaxo até o 1945. Alemaña, 3º Reich.
Alí, cando Adolf Hitler e os seus ministros se viron desbordados, algúns mortos polos Aliados, outros capturados e outros como o Káiser, suicidados.
A magnifica película "O gran dictador" perdeu bastante humor cando viron o que pasaba realmente nos campos de concetración.
Sen facer demagoxia e se xustifica-los alemáns (iso nunca) e comparable, en menor medida ó corredor da morte ("A milla verde") ou a Guantánamo.
Despois da peniña que nos deron os xudeus, decidimos axudalos agora, despois de miralos como o peor da humanidade (despois dos negros) e, roubando terras a un país que non estaba dacordo, démoslles as terras que os seus libros sagrados lle atribuían.
Deixando de lado (e non por iso teñen pouca importancia) os conflictos arabe-irraelies e a mezcla de tensións entre Palestina e Irael, imos a algo que vin hoxe e que, a parte de me impactar, me deixous cun pensamento de "¿merecenno?"

Cinco xoves xudeos, de Irael centro cidade, foron detidos por pintar svásticas nas sinagogas, destrozalas e atacar persoas islámicas, homosexuais e mesmo xudeos relixiosos "en exceso".
O can que morde a man de quen o alimenta.

O perverso pensamento de "merecenno os xudeos, visto o que fan en Palestina, coa axuda dos EEUU?"
Pois non, pero ser un Neonazi no Irael non é delito. Ou máis ben haivos un baleiro legal que non di nada acerca do nazismo (quen ía pensar, xudeos nazis?)


Non sei moi ben que pensar...

9/9/07

Ataque portugués!

Si, os portugueses atacan o país.
Un periodista, estilo totala Jiménez los Santos ou César Vidal, pero en portugués dáselle por volver a arremeter contra os galegos, non só contra os nacionalistas, senón contra todo o que estea orgulloso de ser galego (fora ou dentro de España) e de ter unha lingua propia.
Este tar Ferreira Fernández sóltanos perlas que demostran o pouco de periodista e o muito de salazarista que ten, como esta "A partir de hoje, os jardins-escolas galegos dão as aulas só em galego. Também se vai ensinar um "hino galego" de um nacionalismo extremo."
Os "jardins-escolas" son ate os tres anos, non é o tempo suficiente para que un neno fale, para toda a súa vida galego. O "hino galego" e o desexo de que fose ensinado foi un desexo de Anxo Quintana, non unha lei orgánica de educación para Galiza. Quintana pode dicir misa (ou case non) pero entrementres o Parlamento non aprobe as cousiñas... ter que contentarse con soñar.

"Esta deriva galega integra-se no menosprezo de uma das grandes línguas mundiais, o espanhol, que já deixou de ser ensinada como devia na Catalunha e no País Basco, e, agora, deixará também na Galiza."
Eu non menosprezo o castelán, aceptoo, compartoo e faloo, pero iso non quita para que fale,e scriba e admire o galego, o chines é "uma das grandes linguas mundiais" i este home seguro que descoñece cómo falalo, no npor iso é un nacionalista extremo, xa sei que non está atrapado no Imperio Chinés, Comunidade Autónoma de Portugal pero por dereitos histórico Galiza ten o mesmo dereito que Portugar a servoas independente de España, outra cousa e compartilo...

"Vão perder os miúdos galegos, como já perdem os bascos e catalães. Tal como os miúdos cabo-verdianos perdem por não aprender o português, mas o crioulo."

Erro, os "miudos" galegos gañarán ser bilingues dende sempre e non verse, como eu obriados a esforzarse por falar o galego poruqe fun educado no "Castejano de Castilla" .
Síntome orgullosod e falar castelán, galego e inglés. Gústame aprender idiomas, pero non quere dicir que cando falo ingñes queira pertencer ó Imperio Britanico e así coas demáis linguas.

Cataláns e Eskaras aprenderon máis as linguas dos seus países e menos o castelán, segundo di F. Fernández, eu non vexo quye non saiban falar castelán. Carod Rovira ou Juan José Ibarretxe sonche tan nacionalistas como os que máis, en cadanseu país e falan un fluido castelán.

A ver que pasa, e qué dende Feijoo ate Rajoy influiron en J. los Santos C. Vidal e demáis neofachillas para que lle axuden a desacreta-lo nacionalimo? señores, goberna o BNG en coalición, pero goberna, iso non se pode cambiar e se lle escoce a alguén, que se agunate e espere ás proximas eleccións para que lles escoza máis.
Parece que todo canto dereitista hai no mundo se revela contra os reximenes de esquerdas, xa sexa moderada, PSOE en Madrid, ou máis extrema PSdeG-BNG en Galiza, non aprenderon a perder e todo se contaxia, parece...

7/9/07

Inxustooooo-o-o-oo!

Hoxe subin a polas miñas notas, ía cagadiño de medo, tiñamos que estar ás dez alí pra que nos desen as notas unha hora e algo máis tarde (cousas de organizar un sitio tan grande). Non vos preocupedes, aprobei todas...
Pois nun momento en que decidimos entrar (cara ás dez e media) a ve-lo ambiente, encóntrome con Óscar (Mosy en Blogger) e puxémonos a falar, cando se me pasou un pouco o canguelo, comezamos a falar máis e máis i aquí ve a historia da inxustiza:
Estaba eu sentado nunha mesiña que hai no pasillo (en fronte ás tartarugas) i chega un conserxe cun faixo de periódicos (un que publica o instituto en colaboración con El País) i claro, como os ía poñer onde eu estaba, levanteime. Miramos a primeira páxina "máis de 500 xoven apúntanse ás Revoltas Irmandiñas"

Eh? asombro pola miña parte, sigo a ler e a Vicepresidencia Xunta resulta que -paga- este ano (é o segundo) un evento organizado por 13negativo.com, unha empresa que organiza xogos de rol en vivo para a xente de a pe. Resulta que, cada ano dende fai dous, faise un xogo sobre a Revolta Irmandiña (Roi Xordo, Monterrei, sóavos?).
Miramos o artigo onde sae a páxina web [www.irmandinhos.com]
Xa cando mos íamos relembramos o artigo (iso foi unhas horas despois) e quedamos en que o buscariamos. Entrei no web i atopeime con algo impresionante. QUERO IR! dixenme, "quero ir" dixenlle a Mos. Ben, imos, tres días a Verín, trinta euros, danche de comer e de durmir, un persoaxe... Miro a trailer do xogo pasado e flipo, miro todo, todo e todo. Por último dáseme por reler as bases;

DESTINATARIOS
Tódolos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Merda. Por nove meses non entro, i claro quédome sen ir. Inxusto, ou? Pro ano non me salva ninguén... Terian que poñer unha solicitude para menores con autorización, polo menos penso que si... Asi que agora enfádoem e non respiro.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Uns minutos depois, un pouco vermello e mareado...

Visitade o site e admirade o xoguiño. Opinade e, se decidides ir, non mo digades ou xúrovos polo Castelo de Monterrei que non publicades un so comentario máis no meu blog e que contratarei un hacker para que inutilice as vosas contas de hotmail, blogger, yahoo, gmail ou a @@@@ bendita.
Grazas e volvan máis tarde.

6/9/07

Noraboa!

A partir de agora o blog conta coa precioso número de máis de tres díxitos nas súas visitas.
A agrazada visitrante 1001 foi Eva, que non leva premio porque non había. Se cadra dedicarlle algun post, pero nada dunha viaxe ó Caribe (acabas de voltar de vacacións) nin 6000€ (quen os pillara).

A metade das visitas son de xente que ven parar á Terra de Breogán por casualidade, pero non me estropeedes a ilusión. Por certo, o contador localiza a IP e só conta as visitas únicas (senon xa estariamos nas 2002 coas veces que entro).

Moitas grazas a (por orde alfabética) Eva, Martinho, Mosy e Rubén. Tamén a Bea, Avadón, Juan Luís e demais xente que nunca deixa comentarios. E un saudo ós vagos e vagas que pasades por aquí e nin tan sequera ledes. Por certo, a enquisa (se non o fixeches, vota) estavos a piques de rematar. Dareivos a puntuación media do blog (que inflastes un pouquichiño).

1/9/07

A NGF; causas, consecuencias, culpables e crédulos.

Condoleeza Rice (esa rapaziña dos republicanos Estadounidenses) solta a perla de que "non existe unha Nova Guerra Fría entre Rusia e EEUU"
Claro que non moza, nin nova, nin vella. Nunca houbo guerra fría entre USA e Rusia...
Naquela silenciosa batalla enfrontábanse EEUU e os moñicreques dependentes contra a URSS e os seus aliados á forza. Normal que non se volva repetir, saica a URSS caíu no '91... Disque.

Pois non se vai producir, non. Aseguranos a man dereita (curiosamente negra*) de G. W. Bush.
Claro que tamén Bin Laden ía ser detido "en próximos meses" (iso en 2001) e a seguridade mundial estaba pendente dun fío, ameazado polas armas de destrucción masiva Iraquíes.


Agora ben. Montar un escudo antimisiles (ou intentalo**) para protexerse de ataques de Oriente... Recordando que os países os que sempre se enfrontou EEUU eran ben comunistas ou ben ricos en petróleo... Hai (polos datos que vemos) catro ameazas en Oriente. A saber, Irán, Iraq***, China e Corea do Norte.

Corea do Norte e Kim Jong Il
Polo pouco que sei de xeografía as "Coreas" están máis perto de EEUU polo lado de Alasca*** que por Occidente.

-Aha leín agora que o escudo é para protexer¿nos?¿se? dos ataques de Oriente Medio.-
Agora que N. Corea está descartada, seguimos:

China e Hu Hintao
Non estou seguro de se no medio ou no extremo pero estavos en Oriente. Sexa como sexa, creo qeu a ameaza pola sua parte sería bastante... imposible

-O comunismo descartado, a ver o resto-

Iraq e ······ ¿ O Pentágono?
Xa non é problema, por moito que se diga os EEUU e os incompetentes do seu goberno**** non abandonarán o país ate que os recursos naturais do país sexan deles. Nese momento, xa non haberá Iraquíes, -todos mortos pola guerra civil- ou, se os hai, serán moi poucos para armarse en contra dos Invasores.


Irán, Alí Jamenei e Mahmud Ahmadineyad
Non creo que Ahmadineyad poda facer moito co que ten. Teñamos en conta o seguinte; disuqe é un islamista extremista, pois necesita realza-la súa posición, dinos que ten bombas atómicas e punto, xa nos entrou o canguelo. Se enriquece uranio, plutonio au avecrem, a min traime sen coidado, parece que so os paises desenvolvidos, católicos e democráticos ¿?¿?¿? temos dereito a usar os nosos recursos naturais, eles poden facelo, ser un país pobre, islamista e "non democrático" (iso dirán, como en Iraq) non lles impide producir enerxía nuclear (á que me opoño, pero se nos o facemos...)

En definitiva, paranoicos.
Como dicia o titulo causas (paranoia) consecuencias (sóanvos os 11S, 11M, Bin Laden, Iraq...) culpables e crédulos, todos nos, por votar a partidos fascistas ocultos tra-los dereitos humanos e a democracia, e credulos por permitir invasións, e accións da ONU, por exemplo, polo que nos soltan ese partidos. Ollo! que non digo que K. Jong Il e Ahmadineyad sexan santiños, pero enarbola-la bandeira dos Dereitos Humanos para invadir un país cando no propio existe a pena de morte, cando fabricas armas de destrucción masiva... tampouco é moi acertado.


_____________________________
Agora explico as palabras con asteriscos:

curiosamente negra* Non implica racismo pola miña parte, senón o feito de que en Florida milleiros de negros e latinos foron imposibilitados para votar nas penúltimas eleccións (nas ultimas, ó ve-lo pastel non se fixo e saiulles un parlamento Demócrata)

(ou intentalo**) Parece que nos vamos dando conta so que pasa e xa non actúan coa impunidade de antes, parece, a ver que fan os rusos, que son o principal obstaculo para dito escudo.


Iraq*** e Alasca**** isto para que Mosy non se meta comigo, como non existe a "K", puxeno en normativo, pero igual me dicia que así estaba mal, ahí tes a explicación, meu.

incompetentes do seu goberno**** Aínda que en España e Galiza tamén os hai, refírome ós incompetentes Demócratas Americanos. Aprobando máis soldado e máis cartos para Iraq (vésaxe ***), xa vai sendo hora de que abandonen o país e que o deixen en mans dos Cascos Azuis, para ver se podemos repara-lo marrón (case negro) que nos/lles deixaron.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas