Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

12/12/08

A ver que din os europeistas...

Hoxe coñecín o novo informe da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, repito Carta EUROPEA, non galega, nin do Bloque, nin da Mesa, nin miña. Enfatizo iso para que despois un pantasma non me chame fascista e demagogo ( e digo pantasma porque non deixou nome e nin se dignou a revatirme as miñas conclusións, así que supoño que simplemente non lle gustarían pola súa ideoloxía pero non lle atoparía buratos... que os hai). Pois ese informe chámalle a atención ó Estado sobre a situación da nosa lingua na Xustiza, onde só 10 dos 234 fiscais a usa. Di tamén algo resaltable, pide un modelos de ensino de inmersión total en galego, como se fai en Cataluña. O que non saben os da Carta e que en Galiza hai unha minoría, porque aínda que fagan moito ruido non chegan o 1% do alumnado galego, que só o 50% en galego parecelles un abuso, que tiña que ser menos. Por que? Porque unha lingua en expansión, co apoio do Estado e dos medios de información está en perigo, seica. Ese modelo di que agás Lingua Castelá, tódalas demáis asignaturas teñen que ser na lingua autóctona, e en Cataluña semella que funciona. Outro modelo é o vasco, os pais poden elixir en que lingua queren educar os seus fillos segundo o centro educativo onde os inscriban.
Aínda que pareza de mofa o que vou a dicir, a nosa lingua está en xogo, por moito que se crea que cada vez se fala máis... é mentira. Fálase máis entre a xente con estudos, pero a xuventude e os cativos cada vez a falan menos. Que modelo seguir? Eu aposto persoalmente polo de inmersión, por que? pois polo que acabo de dicir, é unha maneira de que os mozos usemos o galego na aula, e da aula comezarase a usar fora. É demasiado o que está en xogo como para que nos quedemos coma sempre, que non se sabe se subimos ou baixamos.

12/9/08

Deixa, deixa, xa decidimos nós por ti, non vaia ser que canses.

O Tribunal Constitucional, que dicide o que está ben e o que está mal segundo conveña, acaba de declarar ilegal o Referendo para poder decidir sobre o seu propio futuro. Nun país democrático díceselle a un Pobo que o que opinen eles da igual, que para algo están os andaluces e extremeños (Pobos que coñecen a cultura vasca e que non se deixarán influenciar para votar o máis xusto para os seus ``veciños´´, que están a 1000 Km) que son máis. Eu non podo dicirlle a un vasco que ten que ser español, porque non teño argumentos para manter isto. Algún diría:
Pero non estamos ben así?- Os vascos seica non, ou poden estar mellor.
Levamos moito tempo así...- Que volvan os moros! Que levaban oito séculos.
Pois que nos devolvan todo o que lles dimos!-E de paso facemos un tour polas antigas colonias cunha saca a ver que nos dan.

Poderiamos facer un paralelismo entre a situación vasca e a española na Unión Europea. Se un día España quixese saír da Unión, os franceses dirían que non, que tranquiliños pero que non queren que marchen, que os alemáns tampouco e ala, que aínda que non se queira, hai que estar na Unión porque xa levamos tempo así, e acaso non estamos ben?

26/8/08

Actualización en galego

Hola, desta vez voume adicar so a poñer os links pra poder ter o Mozilla Firefox e o Windows XP ou Vista en galego. Pra calquera dúbida preguntade e todos sabemos o importante que é pro noso idioma o apoio e uso das novas tecnoloxías na nosa lingua. Un saúdo.


Windows XP: http://www.microsoft.com/spain/windowsxp/gallego.mspx

Mozilla Firefox: http://wiki.mancomun.org/index.php/Firefox


* e pra poder trocar a lingua: https://addons.mozilla.org/firefox/356/

21/8/08

Extra! Extra! A secuela de Titanic será gravada en Cangas!!

Aínda que soa a mentira, que o é así que non esperedes a Leonardo no Porto, non está tan alonxado da realidade. Como saberedes se vivides na Comarca, e se non vives nela benvid@ o noso blog e explicame como fixeche para rematar nel, en Cangas goberna un tripartito( tipo catalán pero con nécoras, centolas e máis chulería) formado polo PSG-PSOE (comandado por Héctor Otero), o BNG ( comandado por Clara Millán) e ACE ( que é unha unión de tódalas forzas políticas de esquerdas de Cangas para poder obter un cacho do pastel, e está comandada por Mariano Abalo), na oposición está o encargado de Deportes na Deputación de Pontevedra, Sotelo. O problema de vivir con moita xente e que de seguido tes roces cos compañeiros, e isto é máis perigoso canto máis poder se teña ( non é o mesmo ter un roce co teu irmán pequeno ou cun amigo que con túa nai). Pois ben, o PSG e ACE teñense queixado de que a Alcaldesa inmiscúese nas súas Concellarías, o que ela resposta que, como Alcaldesa, ten que supervisar tódalas Concellarías, cousa que os seus compis de goberno parece que xa non aturan máis e prantaronse. Según o PSG están fartos dos ``ramalazos de poder´´ que lle dan a Clara e van a deixar de reunirse na Xunta de Goberno, a pesar de que é a súa obriga, ata que se revise o Pacto BNG-PSG e Clara lles conte que pasa nas reunións que ten os mércores. Tamén lle recomendou a ACE que falen sobre o que van facer, ó que Abalo respostou que se ían reunir pra falar sosegadamente. En xogo está o Goberno do Pobo, e na sombra agarda espectante a... curta... sombra de Sotelo.

15/6/08

É de bo nacido ser agradecido

Unha das maiores sorpresas que trouxo consigo esta lexislatura foi a reeleción da única ministra reprobada polo Senado, so fixeron falla os votos do PP, e que se salvou in-extremis do cese por un partido, un partido que creía que así tería un as na manga no Ministerio de Fomento porque ``lle deberían unha e das gordas´´. Como xa saberedes, falo da ``Ministra´´ Magdalenza Álvarez, que tras unha xestión un pouco extraña dun dos ministerios fundamentais para o Estado foi salvada por un partido galego. E ese partido pensaba que iso sería una hoxe por ti mañá por min, pero nin nada semellante. É raro ver un Presidente criticando a unha colega de partido, e conseguiuno, é máis extraño aínda conseguir que o PP e o BNG se poñan de acordo en algo, e tamén o conseguiu, pero conseguiuno a través da súa inaptitude. Cando Jorquera lle preguntou polo AVE en Galiza no Congreso pensaba que contaría coa baza da gratitude da Ministra, pero todo o contrario, foi aínda máis dura, e pediu por favor que ``non a estresase´´ e so lle puido sacar un ``compromiso político´´ de que ía intentar facer todo o posible por que chegara canto antes. Que temos que pensar agora os galegos? Temos que intentar non estresar á Ministra e calarnos coma sempre? Que pensará Zapatero que deu a súa palabra de que chegaría no 2012 e que ve que agora a Ministra di que xa se verá? Que pensará o BNG da Ministra que salvaron da queima? Que pensará o PSdeG-PSOE sobre este asunto cun AVE que non chega a Galiza pero si a moitos outros lugares e coa palabra do Presidente español no aire coas elecións tan próximas? Acaso Magdalena é un axente do actual partido na oposición que intenta boicotear o Goberno dende dentro? Moitas preguntas sen resposta concreta, so existe unha: ``non me estreses´´.

1/6/08

'The Story of Stuff'-A historia das cousas

Ía subtitular ó galego, pero é demasiado longo e, eu, demasiado vago. Vaivos en Español de Arxentina. Aí vos queda:


6/3/08

Tanto esperar pra isto?

Volvo publicar despois dun tempo cheo de exames e estrés, que seguramente será peor en dous meses... Como non podería ser de outro xeito, vou falar das Eleccións ó Congreso, xa que moitas das nosas aspiracións de autogoberno pasan por ahí. Eu, coma moitos máis, vin o debate ``democrático´´ entre os dous grandes partidos do Estado esperando algo, un guiño, unha esperanza... nada. Non vin nada. Parecía unha película mala onde xa sabes os diálogos e o final antes de rematar, e incluso antes de comezar. Un falando das políticas sociais, o outro que se a inmigración, que se Iraq, que se ETA... Nada, para dicir iso máis valería que quedasen na casa. Zapatero púñase nervoso cada vez que lle falaban de ETA, Rajoy non sabe o que é un Bono-bus e mete medo ós votantes ( a min dame pánico que gañe sinceramente). Falaron do que sempre falan, menos de nós. Ós galegos utlízannos coma na Ditadura, de despensa. Veñen unha ou dúas veces por eiquí, falan do mal que están as cousas ou do ben que están, e marchan; despois cando descuten non falan de se eiquí non temos infraestruturas, nin un sistema industrial forte, nin unha economía suficientemente saneada, nada. Falan dos cataláns (que me é igual o que fagan ou deixen de facer no seu país, xa temos dabondo con noso), dos andaluces (non sei a santo de que), ods madrileños (por iso de ser a capital estatal debe ser) e nada máis. Neste Estado existen catro cousas pra eles:dous idiomas (catalán e español, o galego nin o mencionan), curas, etarras e inmigrantes, o resto que lles den. Pareceume máis interesante o debate entre as forzas do Parlamento Galego, que polo menos sí se preocuparon do que pasa eiquí, ben, un deles, e non quero ser partidista nisto, pero o único que falou de Galiza foi o que todos deron por gañador, e non é dun grupo español. So vos digo que comeza por B...

28/1/08

Persoa ou non?

Visto o vago que estades ultimamente niso de comentar, vou a expoñer un tema especialmente delicado e que non deixa indeferente a ninguén. Aborto si, non ou depende.

  • Os que apoian o aborto defenden a liberdade da muller pra decidir sobre o seu corpo e piden unha Lei de Prazos, isto é, unha lei que permita abortar sempre que se queira dentro dos primeiros meses (até o terceiro ou cuarto).
  • Os que non apoian o aborto din que é un asasinato dunha pequena vida indefensa, xa que consideran que nace a vida no momento mesmo da unión entre o espermatozoide e o óvulo, e que ten tanto dereito coma nós a exisitir e vivir.
  • Os que apoian un aborto circunstancial ( dependendo da cirscunstancia) como o que existe na lexilación actual fan unha mistura dos dous conceptos anteriormente citados, respectando o dereito á vida do feto e o da nai. Só se pode abortar cando hai risco de malformación ou un risco pra vida da nai, e isto so nos primeiros meses.

Nos EUA, dentro de todo o seu puritanismo e relixiosidade ( cren no Creacionismo en troco do Evolucionismo darwiniano) apoian o aborto libre. A Igrexa Católica di que non, pero iso tampouco é tan raro nunha institución que xa comeza a cheirar a rancio. O Partido Popular maniféstase en contra, pero coma no caso do divorcio, tampouco fará nada por quitala Lei nin pra ampliala. O PSOE promete modificar pero non a toca. O único partido que se moveu e fixo a proposta foi Esquerda Unida. A palabra é vosa.

26/1/08

Welcome Mr. 'Lamecús'


O Goberno Canadiense elaborou un listado de países onde os prisioneiros poden sufrir tortura. Nel incluíanse a EUA e a Israel. Do país norteamericano citábase Guantánamo e incuíase unha lista de técnicas de interrogatorio como "obrigarlles aos prisioneiros a se espiren, illalos e privalos do sono".
Tras recibir unha afable visita de autoridades estadounidenses e israelís, o ministro canadense de Asuntos Exteriores retificou o informe, sacando de el a ambalas dúas nacións e alegando que se incluiron por erro.
Será por iso, claro. E a parte que alertaba das torturas en Guantánamo, tamén un erro. Todo un gran erro.
Se non fose a alianza que une a Canadá, tan reivindicativos dunhas veces [>mirade<] e tan rastreiros doutras...

A coordinadora de Amnistía Internacional Canadá,a través da súa coordinadora expón que "cando se trata dun tema como a tortura, a principal preocupación do goberno non debería ser se avergoña os seus aliados".

Israel e EUA... Modelo a seguir por Canadá? Supoño que políticos tan vendidos é o normal, pero isto xa é moi descarado.

19/1/08

Video da semana

Sei que esta seción non a soio facer eu, pero non podía resistila tentación de poner este video. Védeo en serio que é o do mellor que hai na TVG no momento

17/1/08

Treme España, que chegan as linguas minoritarias!!

O outro día fixen unha regresión no tempo, de súpeto vinme a 28 de decembro pero nin así podería ser certo. Resulta que o ex-presidente Aznar tiña medo pola situación dos castelán-falantes nas nacións sen Estado. Perdoenme polo que vou dicir, pero parece que os españois estanse volvendo máis parvos cada vez: primeiro unha lei que di a METADE das clases en galego é desigualitaria, debe ser que o concepto 50%-50 % non son capaces de comprendelo; despois que o noso hino insulta ós que non saben falar galego, o que so demostra a súa ignorancia; despois que as nosas selecións non poden xogar cando queiran e onde queiran, so poden xogar a finais de decembro nun amistoso, nunca nun partido oficial; agora que o castelán está en perigo por intentar equiparar o resto a ela. A isto último teño que dicir varias cousas, nun territorio non poden convivir como eles lle deron en chamar ``bilingüismo afable´´ porque unha lingua sempre tirará a estar por riba da outra, en tal caso prefiro que sexa a lingua propia do país e non unha allea; e cando o que se impuña era o castelán e so había unha materia en galego , Lingua e Literatura Galega, eu non escoitei dicir a Aznar que iso habería que remedialo, estaba caladiño como un peto. Cando un galego di que non se respectan os seus dereitos lingüísticos, non pasa absolutamente nada; se lle pasa iso a un español cos seus dereitos... xa pode tremer a Xunta enteira.

11/1/08

Outra vez coa megafonía

Como xa saberedes, dentro de pouco disólvense as Cortes pra poder entrar definitivamente en pre-campaña. Ou o que é o mesmo, anuncios televisivos no cal os políticos nos contan cantas cousas van facer, mentres nós os miramos con cara de póquer preguntándonos se temos cara de parbos pra poder enganarnos tan sinxelamente; outra vez nos espertarán as 8 da mañá un domingo contándo que tal partido é mellor ca outro montados nunha furgoneta que, se pasa rápido aínda ben, pero como pillen un atasco os temos tódala mañá co mesmo; outra vez miraremos a cariña de Rajoy mirándonos con ollos de besugo (que os ten, non é unha licenza miña) en tódolos carteis do país. Pero está vez hai un cambio, Zapatero aceptou o que fai 4 anos non quixo e vai haber debate, tres exactamente. Que conste que me encanta a política, pero aínda queda a europea e a galega nun ano...

7/1/08

Celtismo =? independencia

En realidade esta ía ser unha entrada anedótica sobre un mito celta, xa que a mitoloxía greco-romana sáenos polas orellas. Pero como non se me ocorría que mito subir, busquei algún novo, e atopeino. O malo e que, unido ó mito de "A canción de Amergin" había varios links, un deles a unha páxina bastante interesante [www.celtiberia.net]. Linkando e linkando atopeime lendo un artigo dun señor moi simpático (seica arqueólogo)
que expoñía a inutilidade de basear a iundependencia galega -por exemplo- na presenza celta que non está demostrada, posto que non hai restos arqueolóxicos que se podan supor celtas, no hai casas típicas dese pobo -de forma circular- (isto sorprendeume), non existe unha pegada na lingua nin os restos xenéticos se poden demostrar.



Eu exporíalle que;
-A independencia dun pobo baséase na necesidade e crenza dese pobo na súa propia independencia, moitas veces se pode apoiar nos antepasados, que á súa vez lévame a opinar sobre os seus argumentos;
-Por non haber, non hai restos arquelóxicos de case ningunha civilización, humidade e acidez do chan, factores queu inflúen na conservación dos restos, de ser por isto non tería habido humanos nunca en Galiza;
-Casas de forma circular? Xa non digo subir ó monte de Santa Tegra, no que hai un complexo case que tan grande como 'Marina dór', se non no mesmo monte do Facho, a unha hora da miña casa, pódense atopar bastantes casiñas circulares [lede, lede];
-Restos lingüísticos? Non ho! o galego e o castelan mal falado, como se dicia na época franquista!;
-A pegada xenética non a podo discutir se non é con argumentos que coñezo (pois o Facho e o Galego, miroos e sintonos); unha recente investigación do doutor Skyes, da universidade de Oxford, coa axuda de varios expertos italianos (todos eles moi interesados no nacionalismo galego e bretón...) publicaron que [copio-pego de aquí]

"De hecho, la investigación de la prestigiosa universidad concluye que los Celtas, la cultura prerrománica más importante de las islas británicas, provenían de territorio español. Al parecer, son descendientes de una tribu de pescadores ibéricos que cruzaron la golfo de Vizcaya hace 6.000 años."

Sen máis que engadir, déixovos o canto de Amergin na marxe esquerda e o mito xa volo contarei... Coidadevos, e feliz ano...
Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas