Visto o vago que estades ultimamente niso de comentar, vou a expoñer un tema especialmente delicado e que non deixa indeferente a ninguén. Aborto si, non ou depende.
- Os que apoian o aborto defenden a liberdade da muller pra decidir sobre o seu corpo e piden unha Lei de Prazos, isto é, unha lei que permita abortar sempre que se queira dentro dos primeiros meses (até o terceiro ou cuarto).
- Os que non apoian o aborto din que é un asasinato dunha pequena vida indefensa, xa que consideran que nace a vida no momento mesmo da unión entre o espermatozoide e o óvulo, e que ten tanto dereito coma nós a exisitir e vivir.
- Os que apoian un aborto circunstancial ( dependendo da cirscunstancia) como o que existe na lexilación actual fan unha mistura dos dous conceptos anteriormente citados, respectando o dereito á vida do feto e o da nai. Só se pode abortar cando hai risco de malformación ou un risco pra vida da nai, e isto so nos primeiros meses.
Nos EUA, dentro de todo o seu puritanismo e relixiosidade ( cren no Creacionismo en troco do Evolucionismo darwiniano) apoian o aborto libre. A Igrexa Católica di que non, pero iso tampouco é tan raro nunha institución que xa comeza a cheirar a rancio. O Partido Popular maniféstase en contra, pero coma no caso do divorcio, tampouco fará nada por quitala Lei nin pra ampliala. O PSOE promete modificar pero non a toca. O único partido que se moveu e fixo a proposta foi Esquerda Unida. A palabra é vosa.