Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

27/8/07

Rexurdindo das cinzas radioctivas...

Eses monstros que se cernen sobre nós, cos iris vermellos e unha foz e un martelo amarelos no centro da pupila. Eses que so queren o seu lucro e a morte de todos nos, monstros, fillos do diaño.

____________________________________

A sociedade creouse unha eficaz barreira en contra do comunismo, esa barreira chámase mentira. Cántas veces temos escoitado os mitos repetidos no mundo enteiro sobre os bazares chinos? Incribles, pero que cremos. “Os gatos desaparecen dende que abriu o chino.” “Tráfico de órganos.” “Venta de dentífricos nocivos.”

Chinos, cubanos e os (mal) chamados rusos. Eles son a ameaza?

Os EEUU xustificaron invasións de países (como o Vietnam) porque o comunismo era inxusto. Todos tememos que estenda coma un virus dende China. Que alivio que caese a URSS. Menos mal que os americanos controlan Cuba.

As tendencias político-económicas de cada individuo ou país son mesturábeis coas doutros países con rexímenes diferentes.

Nun programa resumo de “DutiFri”, Sardá entrevistaba un deses nenos (agora de 70 anos) que foron enviados á URSS polos seus pais (presumiblemente republicanos) ó estra-la la Guerra Civil Española. Este home dicía que dende neno fora educado como republicano, de tendencias socialistas e dunha forma liberar. El amaba a URSS e o comunismo que mantiña a sociedade. El realmente era comunista de corazón.

Disque abriu os ollos cando comezou a ver a xente facendo colas para comprar productos básicos, como o pan, e non o encontraban. Disque o comunismo se colapsou.
Colapsámolo.

Ninguén lembra o bloqueo estadounidense á illa cubana durante séculos, por seren comunista? Xa non vemos que EEUU ten milleiros de mísiles nucleares apuntando ás capitais doutros países do mundo? E non nos decatamos de que, cando Cuba accedeu a colocar unha base militar soviética na illa a cambio de axuda para levanta-lo socialismo USA tremeu como unha vara india e arrodeou a illa?

Discutindo cun amigo sobre a lexitimidade do comunismo en Cuba (elixiuno o pobo cunha revolución) saíu o tema que el mostraba como dereitos i eu como egoísmo.

El dicía que era inxusto que che sacaran todo para darllo a outros e que non puideras optar a máis. Eu digo que para min é máis inxusto que, entrementres os ricos do mundo dilapidan a súa fortuna en drogas e festas, sen rumbo fixo, millóns de persoas ¿viven? nas rúas. E non digamos se miramos cara o terceiro mundo.

Qué é o xusto. Non disfracémo-lo egoísmo de tentar ser máis ricos e poderosos no “xusto”.

O comunismo é máis xusto nesa materia. Non hai máis que falar. A túa tendencia política ou económica non debería ocultarche iso.

Prefiro vivir nunha casa humilde (sen catro TV’s, PC á última, 2 coches e sen vestir de marca), pois durmirei coa conciencia tranquila de saber que ninguén no meu pais está a vivir peor ca min.

17 comentarios:

Anónimo dijo...

boa análise ;)

Ith dijo...

Grazas, polo menos éche un recoñecemento. Temén me gustarñia que polo menos puxeses o nome, para saber quen es... Xa nos leremos

Mos dijo...

Ben,teño varias cousas que dicir.Aquí falas do ``Efeto Dominó´´(se existe un país comunista nunha zona os demáis irán caendo)do cal o Estado na era predemocrática sacou tallada.Falas tamén de Cuba,(pasando por alto a esaxeración dos séculos que EUA levabaa marxinando e ``atacando´´,cando antes da Revolución,que non fai tanto relativamente,Cuba levábase ben cos EUA xa que alí tíñan un presidente monigote posto a dedo trala independencia)e da ``Crise dos mísiles´´,porque a URSS puso mísiles en Cuba apuntandolles,polo que EUA movilizou á flota e esixiu que sacasen eses mísiles de ahí a cambio de quitar eles un en Turqía penso que era,polo que si que tremeron,pero non so pola presenza dun país comunista tan preto.O comunismo como idea política ou económica é maravillosa,igual que a anarquía,pero xa o mesmo Marx dixo que so triunfaría se todo o Globo a tiña,e ten faios insalvables dende a propia política comunista.Xa temos falado dos funcionarios ti e máis eu e de que non traballan todo o que poderían,sen ánimo de ofensa.Pois ti imaxina un país onde todos son funcionarios,onde non hai motivación porque teñen que ser todos iguais,e onde ves que igualmente a parte alta do goberno segue enríquecendose a pesar de difundir o contrario.Capitalismo:mal;comunismo:imposible dende a base;anarquismo:imposible por caracter humano;Sistema mixto:moi mellorable.Que nos queda?

Ith dijo...

A resignación? Nunca!
Quédanos mellora-lo sistema muixto, que funciona bastante ben en China, se non fose pola panda de voitres que a gobernan e se reunen cada cinco anos (o que fai aqui o parlamento cada pouco) para ver que fan se ir rascala ou a sobala...
Por certo, quixen poñer décadas, e non séculos, sería a inspiración que me deixei levar... Pero xa sabia que a caída do "Presidente" Baptista foi relativamente nova.

Mos dijo...

Xa supoñía que quererías dicir algo así,pero vouche facer un apunte:o sistema mixto é o que temos en Occidente,en China segue segue sendo Comunista,aínda que ten zonas industriais capitalistas e outras pseudo-capitalistas,pero segue a ser comunista.É un dos últimos redutos dese movemento.Por certo,gustaríame que investigases e escribises algo sobre a nova Guerra Fría que está a punto de estoupar ou que hai ameaza de que estoupe.

Ith dijo...

China xa non é comunisa, de feito, eles insisten en que o son, pero teñen industria privada e importan materias de outros países e véndenas, cando un comunismo repartiria por igual eses produtos entre os habitantes, por outro lado o sistema de goberno non é unha dictadura do proletariado... Este "sistema mixto" que dis que temos é capitalismo puro e duro, colaboramos co estado a traves de facenda, pero de ahi a que o consideren mixto (que o fan), deberiase chamar "preservación básica dos dereitos humanos" por que iso e o que garante (ou deberia) o estado de benestar.

Mos dijo...

Dime ti un país comunista que tivera a famosa ``Ditadura do proletariado´´.Ninguna.Nin sequera a URSS.Iso é comunismo suavizado.E o que temos aquí e sistema mixto por varios motivos:existe intervención estatal na economía (cousa que Smith non quería),existe sindicación e dereitos obreiros(que non é unha causa de peso pero na era do capitalismo duro non existía ou era precario),existe sociedade do benestar,etc.O capitalismo puro e duro morreu un xoves de 1929.

Ith dijo...

O que temos é un pseudo-sistema mixto que sufrui unha parada cardiorespiratoria un xoves do '29.
Telefonica, Vodafone españa, Orange España i Eskautel, pásanse polo forro o intervenconismo do estado, este di, vamos reduci-las tarifas en chamadas internacionais en acordo coa UE?? Collen as operadoras e suben outras tarifas! O goberno impon tarificación por minuto? Suben os prezos? REalmente non teñen unha forma de controla-los prezos...
A sociedade de benestar éche resultado do egoismo e non do comunismo, ti non contribues a facenda pensando,qw ue ben, a xente poderá curarse grazas os meus cartos, non. Ti pagas porque se non non poderías recibir servizos publicos.
Se che dixeran que os cartos de facenda se destinan a ONG's e non vas ver un chavo, se tiveras que pagar todo, xa verias como degolaban a Caldera, a Zapatero e ate os leóns do COngreso!!

Ith dijo...

Por certo, Cuba.
En resposta á 1ª pregunta

Ith dijo...

A historia c¡do Capitalismo acaba coa resurrección deste que, para non levantar sospeitas, decide esconderse no soto dun teatro, xunto a pantasma da ópera. ¬¬

Eva dijo...

Estou de acordo co anónimo, boa análise, pero por parte de ith e de mos. Deixadesme pouco que engadir, eu creo que non hai política posible que funcione ben mentras non se amañe a propia sociedade que e a que falla, iso e os valores da mesma. Da igual a política, as alimañas somos nós. Que máis da que sexa perfecta unha lei se non a cumpre nin dios. E iso e o que ven pasando con todo...quedome co que di mos, capitalismo:mal;comunismo:imposible dende a base;anarquismo:imposible por caracter humano....pois eso, que é unha pescadilla desas que se morde o rabo. O que hai que apañar e a conciencia non a política. Por certo, eu tamen ardo por leer iso da nova Guerra Fría, foi tema de debate hai uns meses cun amigo meu....animate...veña...non vou ser eu sempre a que solte a retrónica.

Ith dijo...

Jajaja Ok convencéchesmede (é así esa palabra) escribirei sobre a Nova Guerra Fria... maña busco i xa vos deixo un novo post, Grazas por visitarme, vémonos

Mos dijo...

Para comezar,se Cuba é unha ditadura do proletariado,que fai ahí Fidel?Non lle vexo moita lóxica que nunha sociedade ídilica onde todos sexan iguais e goberna o proletariado esté ahí un ditador,non?Conforme o das telefonías,o que fan é legal,aínda que sexa ilícito,ninguen lles pode impedir cobrar o que queiran por establecemento,poderían impedir o cártel pero é moi dificil de demostrar e debe haber alguén por arriba a quen non lle interesa que iso se denuncie.E o da sociedade do benestar,cae de caixón,eu pago para cando o poida precisar,para poder ter unha xubilación(aínda que seguramente non chegaremos a vela xubliación pública),etc.As ONG's xa se lle da unha parte de iso,xunto con outra á Santa Igrexa e o arquifamoso 0'7 ós paises tercermundistas que os europeos creamos.Se non imaxínate que o teu soldo íntegro vai para as ONG's,sería unha postura moi boa e digna,pero non pensp que che fixera moita graza a longo prazo.

Anónimo dijo...

nada, que son o anónimo de antes e non creo que saibas quen son, tamén estudei no Soliño e tal

o que non sei se "mos" é o mos que eu penso

blogue non teño e perfil tampouco, só canle no yutú. Agradoume o teu blogue así que nada, pasareime por aquí máis a miúdo

Saúdos!

Ith dijo...

Ok, martinho grazas por te presentar.
O Mosy éche Ósacr, pero iso das presentacións déixovolo a vos.
Grazas a tod@s outra vez por vos pasares pola Terra de Breogán.

Mos dijo...

Si que sabe quen son carallo,por certo,haise que pasar un día destos pola páxina esa de Franco a ver como lle van as cousas hahaha.

Anónimo dijo...

si jajaja que son parvos de carallo e picalos non ten prezo jajajajajjaajajaja así que cando queirades que esa web é un circo

tamén ten o seu punto picar a "Paco de España" que é máis "de aquí" jaja que cómico http://www.delmorrazo.com/denuncias/verDenuncia.php?id=2032

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas