Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

15/10/07

Get involved!

Hoxe é o día internacional dos blogger polo medio ambiente -dende que existe internet os "día mundial de..." crecen a un ritmo...-.

Así que sendo blogueiro e preocupándome polo medio ambiente...

Non me quedou outra! [WEB OFICIAL]

Cada blog ten unha temática (política a do noso) e debemos facer un post de acordo co noso estilo, relacionado co medio ambiente. Alá imos.


O "cero coma sete"

Si, si algo queimado, tamén, pero é que mais esta dacabalo entre política e mellora do medio ambiente.

Segundo nos din, o 0,7% do presuposto anual de cada país desenrolado bastaría para darlles ó países subdesenvolvidos unha vida digna -a saber; comida e auga, casas, roupa, educación e saúde publicas). Non chegamos nin a iso.

O fácil (e moi ideal) sería que cada país rico (EEUU, Canadá, Finlandia, Alemaña, Italia, España, Xapón... por citar algúns) dóanse un 1% -sexamos algo xenerosos, non temos superávit?- e estes fondos os distribuíse a ONU a través da FAO. Divino de la muerte.

Erros do sistema: que pais pretende dar un tanto por cento dos seus cartos a outro, se, como os EEUU, non fan nada pola sanidade pública do país (por exemplo). Países todos iguais nas necesidades básicas? ISO ACHÉGASE O SOCIALISMO, ROJOS DE MERDA! Países que non teñan necesidade de traballar por catro céntimos durante dez horas? Afundimento da economía...

E ló? Se non nos preocupamos polos mesmo humanos, ímolo facer polo medio ambiente?
Se intentasemos soluciona-lo quentamento global, habería problemas coa economía -deixar de producir petróleo?-. Teriamos graves repercusións nos sistemas económicos, guerras... Porque moitos o quererían e eses "moitos" sonvos os dirixentes do mundo...
Quédanos protestar!

4 comentarios:

Eva dijo...

Vale eu tamen vin iso de apoio o medio ambiente por medio do blog, pero o igual que coas ongs, prefiro colaborar non queimando o monte e non tirando lixo, creo que non hai mellor colaboración, en canto o segundo que puxen eu, pois cas ONGS pasa o mesmo tanto doa cartos....non a mellor axuda e ir o pais e prestarlle a túa atención.

Esta claro que por moitos protocolos que saquen o que prima e a economia e diñeiro así poñerse a discutir e unha parvada, van facer o de sempre o que lles sae dos.....e persoalmente creo que EEUU son os peores, claro, moito chamarlle a atención os demais pero son os marráns mais grandes do planeta...e levan vendendonos toda a vida que van salvar o mundo; eu escanllome ca risa!!! e en canto a vaise acabar o petroleo ou semellantes, ¿e que mais da? xa hai sustitutos e habraos de todo o demais (puro sarcasmo).

Eva dijo...

Bueno, faltan tildes, faltan signos de puntuación, donde pon diñeiro falo de cartos e probablemente metería tamen algunha falta ortográfica grave, pero vou fungada!!!

Mos dijo...

O problema de da-lo 0'7 é a quen se lle da. A maioría das veces quedará na man do cacique de turno e a xentiña non verá nin un pataco.

Ith dijo...

Como resposta ó comentario de Mos:
"e estes fondos os distribuíse a ONU a través da FAO. Divino de la muerte."
Nada máis, que a ONU non esta so pra decorar na decision de guerras ilegais, e non actuar...

A Eva, pois si, é preberibel o traballo persoal, pero non poderiamos facelo todos, por iso, se fincionase, o poderiamos deixar en mans doutros, aínda uqe "visto lo visto..."

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas