Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

2/11/07

O porqué dun sentimento

O outro día na clase de Políticas a mestra fíxonos unha pregunta moi interesante: que nos caracteriza como Pobo? Entre unha das cousas que lle comentei a Santi ( deixando o arquifamoso anuncio de Gadis) dixen a de vencellamento a terra, a nosa terra. Non coñezo moitos outros pobos, agora non me ven ningún a cabeza, que queiran tanto o País como os galegos ( xa con saber que ``inventamo-la´´ palabra morriña...) Tamén nos caracteríza outra cousa, a solidaridade. Non é casualidade que a maoría dos caiucos e pateras rescatados foran rescatados por buques galegos; somos tan solidadarios que cando alguén nos pregunta que nos parece algo ou se nos gustou, pra non facerlle sentir mal preguntamolle: e ti?
E pros que pensen que o contrario, os galegos somos dos Pobos máis fortes que existen, cantos aguantarían tódolos séculos de ostracismo que temos enriba?

6 comentarios:

Ith dijo...

Pois si, ostracismo disimulado (mal)por parte dos casteláns, que a pesares de nos render ó bando nacionalista fomos masacrados igualmente (resistimos a toda a Represion) e agora estamos ainda sufrindo ese abandono coas super estradas, o serivzo de AVE e demais...
Somos o pobo solidario por excelencia, si, axudamos e non so os que emigran, e recompensanos? Pode ser, non os politicos pero si a sociedade se volcou connosco e os pequenos fuinchos de plastidekor...
Que nos depara o futuro? a saber... A profesora de politicas sempre e interesante por ser de fora do pais (leonesa, creo) e ten duistintos puntos de vista.

Eva dijo...

Pois mira sí, tes toda a razón, se algo nos caracteriza é o amor pola nosa terra. Non entenden os da fora o que é a morriña, a pesar de que usan o concepto como se fora deles, non entenden que cando insultan a galicia, non insultan un cacho de terra, insultan un sentimento, o noso sentimento galego, Galicia, Galiza, Galizia, ou como o queiran escribir ten alma, e a súa alma somos os galegos, somos os que a destrozamos cando estamos nela, e os que choramos por ela cando estamos fora, porque botamos de menos a súa tranquilidade, a súa humidade, a súa chuvia miudiña, ese fresco húmido que nos acaricia e nos da frio, pero canto a botamos de menos cando nos conxelamos polo mundo adiante. Eu podo andar polo mundo, vivir en calquer lugar, pero non podo olvidar que todas isas cousas que me fan sentir tan galega, os aterdeceres, a cor da auga do mar, as olas batendo nas costas con esa bravura, o falar do galego....Isto e morriña, isto e ser galego, isto e Galiza.

Ith dijo...

Encantoume o speech de orgullo de Eva, sen dúbida tes moita razón, pero hainos que, por desgraza, non pensan como tí (é a minoría que nos da por detrás, sendo finos).
"Isto é morriña, isto é ser galego, isto é Galiza"
Encantoume esa, e sendo ti quen o di ten como máis sentido, que estás por Madrid.
Por certo, levamos xa 1974 visitas...

Mos dijo...

Case me fas chorar Eva, moitas veces os que estamos eiquí non nos damos conta do fermoso que é. Sempre me pareceu fascinante a viaxe en tren dende a Meseta ata o País: llanura e sempre llanura, deserto e sempre deserto, ata que chegamos e comezamos a ver verde,ríos... O noso país é único, é dos máis fermosos que hai, iso é o que nos fai falla asumir e sacar peito. E se Andalucía tamén é única, menos mal, outra máis non aghuantabamos.

Eva dijo...

E que onte acababa de chegar a Madrid, e dame moita peniña deixar galicia, cando despega o avión e un "agora volvo" con moita pena, e deixar de respirar todo o que envolve Galicia, e todo tan diferente. Eu emocionome...

Eva dijo...

A verdade e que relendo si que me quedou o comentario primeiro que fixen bastante lírico, creo que vou usar para poñelo a modo de reinvindicación, sii definitivamente si, creo que moi grande, que se enteren de que somos e o que sentimos cando nos aplastan.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas