Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

8/12/07

> vídeo da semana

A pesares da suposta ausencia da liberdade de prensa en Venezuela, chégannos, dende un informativo dese país, os principais titulares en relación co referendo.



Se ben é certo que Chávez non é o presidente máis democraticamente correcto, lembremos que, polo menos nun artigo persoal (minuto 3.00) se critica de forma bastante dura á reforma. E a pesares de todo isto recordemos que Hugo Chávez ten, mediante unha lei habilitante, o poder de decretar e sancionar leis, o seu parecer... se tan fascista é... por que non declarou a constitucion que mási lle gustou? Falar con sentido comun é sempre recomendábel; recoñecendo o malo e o bo de cada presidente (isto podese dicir de Aznar ata de Castro...).

4 comentarios:

Eva dijo...

Eu aledome moito de que colleran cordura e non lle deixaran a "ese" por chamarlle de algunha maneira facel o que lle sae dos mesmisimos. Creo que deixo patente que este tipo me cae bastante mal, el e a sua política claramente dictatorial, faltoulle dar un golpe de estado e mandar a tomar aire protocolos, pero claro iso era moi cantoso.
Estivolle ben, iso pasoulle por non saber calar a tempo, non sei porque se ofendeu tanto para unha verdade que lle din....tatarí tatarí,a min recordame a un neno pequeño caprichoso que quere facer o que quere e son patalexa, e o peor de todo e que pensa que ten a razón e que pode facer o que lle da a gana, non se da conta de que e un monicreque o lado dos demais persoaxes da función.

El mal bicho dijo...

Bueno, esta noticia foi un gran alivio para moitos (os españois que viven en Venezuela), incluso para min, xa que eu non tiña esperanzaras nestes resultados, aínda así non foi unha ampla vantaxe.

Ao igual ca Eva, a min non me cae moi ben, e despois da cumbre iberoamericana, ainda me cae peor.
Polo menos hai que recoñecer que polo menos sabe recoñecer a sua derrota.

Ith dijo...

Sinto comunicarche, Eva que "ese" é unha das mellores opcións en Venezuela, fronte a unha dereita SI ditatorial e unha esquerada pasiva (máis que o PSOE, que xa é dicir).
Este home nun referendo (2004) anterior APROBADO, conseguiu que o POBO lle concedese unha serie de cambios constitucionais, entre eles unha lei habilitante que lle da pleno poder para derrogar e promulgar leis á súa decisión (sen contar co parlamento). Non o fixo así, porque, a pesares de ter moitas cousas malas (que as ten) ese home quere (primeiro seguir no poder, coma todos) e, segundo, o ben da parte pobre da súa nación (isto faino para seguir no poder, pero faino). Podería ter decretado unha ditadura ó seu nome co apoio dos militares (el é un militar) e coa da esquerda venezolana, que, xuntos, superan en número os neo-ricos bolivarianos que só pretenden afundir máis o país para seren eles máis ricos.
Por outra banda as verdades si doen, a quen lle doeu foi ó rei (educado e posto aquí por Franco, recordemos). Foi Don Xoán Carlos I de Borbón o que faltou máis á educación (Chavez por suposto tamén). E se por "demais personaxes da función" te refires a Evo Morales (o que sí creo que merece maior respeto que Chávez) oua Fidel castro, o que merece todo o meu respeto, menos en catro cousiñas que non me acaban de gustar, pois sintoo por ti.
Sinto que defendas a anarquía, a inutilidade da política e que, o mesmo tempo lle deas un golpe baixo os teus ideais renunciando á revolución que nos ha de levar a esa forma de non-goberno. E se alguén quere, algun dia chegar a algo, xa vemos como se poñen os políticos pola independencia de Cataluña, ou por unha declaración de Socialismo dunha República. Asusta, eh?

E Rubén, sinto moito que te deixases (como moitisimas persoas) enganar polos medios que nos mostran o que queren que vexamos
"O FASCISTA DE CHAVEZ INSULTA O NOSO QUERIDO PRESIDENTE AZNAR E O REI, COMO BO MEDIADOR, PACIFICO E CAMPECHANO QUE E DEFENDE A PATRIA ESPAÑOLA"
Isto é o mesmo que dicir "non se aproba a reforma que lel da a Chavez plenos poderes, case ilimitados". Punto final? NOn se fala da Seguridade Social, da redución de xornada laborarl, aumento de salarios e actualizacion da estrutura económica do país?? Pois non, non se fala. E por que? Porque son reformas comunistas, que non nos interesan...
E pregunta!
Que lles pode afetar ós españois que viven en Venezuela o cambio da Constitución? Por moito que o penso, non o pillo...
Espero que me respondades e non pasedes de min. Grazas.

Mos dijo...

Imos por partes. A min ``ese´´ tipo non me chista, non me gusta o xeito de facer as cousas que ten, sempre provocando. E de que sexa o mellor pro país... en fin, Chávez está ahí porque o botan os pobres, dalle cartos pra que o boten, non é altruísmo, Fraga facía o mesmo cando había elecións e non quería o mellor pra Arxentina, quería o mellor pro seu bolsillo intentando saír elixido así. E sobre as reformas sociais, están moi ben, que non as mencionaron? mal feito, que Chávez monte unha película el so cambiando o argumento varias veces... non ten prezo. Evo Morales? fixo un referendo A MAN ALZADA nun lugar onde so había simpatizantes, mentres a oposición berraba nas rúas. E non digo que os outros o farían mellor, que seguramente non, pero unha cousa é defender os teus ideais e outra cousa é que te nublen o siso e non ver esas cousas. Eu sería o primeiro en saír a rúa se no país se fixera unha Revolución, pero tamén sería o primeiro en dicir as cousas que habería que mellorar detrás dela.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas