Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

15/6/08

É de bo nacido ser agradecido

Unha das maiores sorpresas que trouxo consigo esta lexislatura foi a reeleción da única ministra reprobada polo Senado, so fixeron falla os votos do PP, e que se salvou in-extremis do cese por un partido, un partido que creía que así tería un as na manga no Ministerio de Fomento porque ``lle deberían unha e das gordas´´. Como xa saberedes, falo da ``Ministra´´ Magdalenza Álvarez, que tras unha xestión un pouco extraña dun dos ministerios fundamentais para o Estado foi salvada por un partido galego. E ese partido pensaba que iso sería una hoxe por ti mañá por min, pero nin nada semellante. É raro ver un Presidente criticando a unha colega de partido, e conseguiuno, é máis extraño aínda conseguir que o PP e o BNG se poñan de acordo en algo, e tamén o conseguiu, pero conseguiuno a través da súa inaptitude. Cando Jorquera lle preguntou polo AVE en Galiza no Congreso pensaba que contaría coa baza da gratitude da Ministra, pero todo o contrario, foi aínda máis dura, e pediu por favor que ``non a estresase´´ e so lle puido sacar un ``compromiso político´´ de que ía intentar facer todo o posible por que chegara canto antes. Que temos que pensar agora os galegos? Temos que intentar non estresar á Ministra e calarnos coma sempre? Que pensará Zapatero que deu a súa palabra de que chegaría no 2012 e que ve que agora a Ministra di que xa se verá? Que pensará o BNG da Ministra que salvaron da queima? Que pensará o PSdeG-PSOE sobre este asunto cun AVE que non chega a Galiza pero si a moitos outros lugares e coa palabra do Presidente español no aire coas elecións tan próximas? Acaso Magdalena é un axente do actual partido na oposición que intenta boicotear o Goberno dende dentro? Moitas preguntas sen resposta concreta, so existe unha: ``non me estreses´´.

2 comentarios:

Ith dijo...

Estamos no de sempre, a pena e que non exista un partido de dereitas nacionalista na Galiza, non e que eu o desexase, pero polo menos, habería moita xente conservadora que o votase, e iso tiraría máis polo país (mírese Catalunya). Eu son da opinión se que un ministro ou ministra non debe dimitir por cousas polas que o PP a acusaba, despois de todo a señorita Álvarez non vos ten a culpa do que faga a empresa subcontratada... iso e cousa de dita empresa.
Por outra banda, se houbese alguén culpable de contratar unha 'mala' empresa, serían os asesores da ministra, que non será ela quen firme o contrato cos empresarios.

Por outra banda, o BNG fixo ben en non secundar ó Partido Popular, na miña opinión. Está feo o que nos dixo a ministra, si (e máis que feo), pero debemos estar acostumados; teñen que repartir pra todo o Estado, o PSOE e un partido estatal, é normal que non centre a súa política de desenvolvemento nun terreo concreto, iso xa e cousa dos votantes.

Mos dijo...

Todo o que dis é certo, sobre todo o de Cataluña, pero non concertante á Ministra, ela é a xefa, e aínda que sexan os seus asesores quenes escollan á empresa no concurso aberto para a obra, ela é a que ten que apechugar e saber a quen lle debe un favor e onde ten que arrimalo cu pra que non lle volvan trabar. Se ti tes unha empresa e fasme unha desfeita, eu bou a polo xefe, aínda que ti me digas que tes que distribuir os operarios e as máquinas por distintas obras o culpable serás ti e non os chafalleiros que fixeron a obra. Non sei se se me entende...

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas