Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

12/12/08

A ver que din os europeistas...

Hoxe coñecín o novo informe da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, repito Carta EUROPEA, non galega, nin do Bloque, nin da Mesa, nin miña. Enfatizo iso para que despois un pantasma non me chame fascista e demagogo ( e digo pantasma porque non deixou nome e nin se dignou a revatirme as miñas conclusións, así que supoño que simplemente non lle gustarían pola súa ideoloxía pero non lle atoparía buratos... que os hai). Pois ese informe chámalle a atención ó Estado sobre a situación da nosa lingua na Xustiza, onde só 10 dos 234 fiscais a usa. Di tamén algo resaltable, pide un modelos de ensino de inmersión total en galego, como se fai en Cataluña. O que non saben os da Carta e que en Galiza hai unha minoría, porque aínda que fagan moito ruido non chegan o 1% do alumnado galego, que só o 50% en galego parecelles un abuso, que tiña que ser menos. Por que? Porque unha lingua en expansión, co apoio do Estado e dos medios de información está en perigo, seica. Ese modelo di que agás Lingua Castelá, tódalas demáis asignaturas teñen que ser na lingua autóctona, e en Cataluña semella que funciona. Outro modelo é o vasco, os pais poden elixir en que lingua queren educar os seus fillos segundo o centro educativo onde os inscriban.
Aínda que pareza de mofa o que vou a dicir, a nosa lingua está en xogo, por moito que se crea que cada vez se fala máis... é mentira. Fálase máis entre a xente con estudos, pero a xuventude e os cativos cada vez a falan menos. Que modelo seguir? Eu aposto persoalmente polo de inmersión, por que? pois polo que acabo de dicir, é unha maneira de que os mozos usemos o galego na aula, e da aula comezarase a usar fora. É demasiado o que está en xogo como para que nos quedemos coma sempre, que non se sabe se subimos ou baixamos.

1 comentario:

Eva dijo...

Descoñezo a existencia desta carta pero alédome de que alguén axeo a España se pronuncie en este aspecto. A min paréceme un pouco unha vergoña o que está a pasar....tería moitas cousas que dicir o respecto.

O que está claro, e que na constitución pon que ninguén pode ser discriminado pola lingua, e mira ti por onde, outra cousas non pero de paletos para arriba nos poñen ós que o falamos, e curiosamente non son os de Madrid os que o fan, senón los castellano hablantes de Galicia que dicen que se siente compungidos.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas