Benvid@s
Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
11/3/09
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa.
Iso o é o que sinto eu despois dos resultados electorais do 1-M. Cando xa pensaba que Galiza aprendera, que sabía que non podiamos pedir menos do que merecemos, voltamos a facer o mesmo, eliximos o desprestixio, eliximos abandoar a nosa lingua xa mancada, eliximos retroceder en temas sociais. É contradictorio que nunha crise económica como a que estamos a vivir os galegos decidamos apoiar á empresa, non o traballador. Non digo que haxa que maltratar as empresas, parvos seriamos se non coidasemos a fonte dos nosos cartos, pero a empresa non titubeará en botar a 50,100 ou 200 traballadores nun ERE pra poder ter un 2% máis de beneficios. Algún día aprenderemos que así non podemos seguir, mentres non o fagamos, seremos a penultima mona do Estado, digo penultima porque como dicía aquel artigo que escribin fai varios meses: ``sempre nos quedará Extremadura´´.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
"...retornas facéndome mofa..."
E tanto, Mos. O traballo que nos custou traballar para tres anos e medio de "mediogoberno" para que a xente non se decate de que o tirou polo retrete.
Bueno, quédannos catro anos de traballo de verdade, sen demagoxia barata nin mentiras.
Weno home, eu entendo o teu pesar pero pensa que Galiza ten catro anos para ver como se desmoroa todo o que se conseguira... Dentro do que cabe iso pode chegar a ser alentador e todo... Que Galiza abra os ollos pode ser o comezo de algo moi bo ^^
Pois si que tes razón. Eu entereime da noticia aquí nos madriles e entrei en depresión profunda. O peor é que te decatas que esta vez foi a xente xove a que votou ó PP,xente que vota pola volta ó pasado, polo fin da normalización lingüistica, pola opresión do pobo galego e da sociedade en xeral(está claro que este resultado afectará tamén nas naacionais ao resto de España.
Pois iso, a ver se actualizades isto cedo que xa da un pouco de peniña.
Un bico
Publicar un comentario