Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

7/9/07

Inxustooooo-o-o-oo!

Hoxe subin a polas miñas notas, ía cagadiño de medo, tiñamos que estar ás dez alí pra que nos desen as notas unha hora e algo máis tarde (cousas de organizar un sitio tan grande). Non vos preocupedes, aprobei todas...
Pois nun momento en que decidimos entrar (cara ás dez e media) a ve-lo ambiente, encóntrome con Óscar (Mosy en Blogger) e puxémonos a falar, cando se me pasou un pouco o canguelo, comezamos a falar máis e máis i aquí ve a historia da inxustiza:
Estaba eu sentado nunha mesiña que hai no pasillo (en fronte ás tartarugas) i chega un conserxe cun faixo de periódicos (un que publica o instituto en colaboración con El País) i claro, como os ía poñer onde eu estaba, levanteime. Miramos a primeira páxina "máis de 500 xoven apúntanse ás Revoltas Irmandiñas"

Eh? asombro pola miña parte, sigo a ler e a Vicepresidencia Xunta resulta que -paga- este ano (é o segundo) un evento organizado por 13negativo.com, unha empresa que organiza xogos de rol en vivo para a xente de a pe. Resulta que, cada ano dende fai dous, faise un xogo sobre a Revolta Irmandiña (Roi Xordo, Monterrei, sóavos?).
Miramos o artigo onde sae a páxina web [www.irmandinhos.com]
Xa cando mos íamos relembramos o artigo (iso foi unhas horas despois) e quedamos en que o buscariamos. Entrei no web i atopeime con algo impresionante. QUERO IR! dixenme, "quero ir" dixenlle a Mos. Ben, imos, tres días a Verín, trinta euros, danche de comer e de durmir, un persoaxe... Miro a trailer do xogo pasado e flipo, miro todo, todo e todo. Por último dáseme por reler as bases;

DESTINATARIOS
Tódolos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Merda. Por nove meses non entro, i claro quédome sen ir. Inxusto, ou? Pro ano non me salva ninguén... Terian que poñer unha solicitude para menores con autorización, polo menos penso que si... Asi que agora enfádoem e non respiro.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Uns minutos depois, un pouco vermello e mareado...

Visitade o site e admirade o xoguiño. Opinade e, se decidides ir, non mo digades ou xúrovos polo Castelo de Monterrei que non publicades un so comentario máis no meu blog e que contratarei un hacker para que inutilice as vosas contas de hotmail, blogger, yahoo, gmail ou a @@@@ bendita.
Grazas e volvan máis tarde.

3 comentarios:

Mos dijo...

Simplemente,eche o que hai meu,por certo,daquela mensaxe que me mandaras pra poder axudarche non me aparece nada hehe,seguirei buscando pero poderías mandarma outra vez?hehehe

Eva dijo...

Oxtras pois eu como me durma nos laureles quedo sen ir tamen, este ano xa vai ser que non pero para o ano vouno mirar.

Ith dijo...

Hahaha, ok mos, reenvíoche a invitación.
Eva, se pro ano vas, xa nos veremos!!

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas