Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

21/10/07

(Galego)-portugués

O tema dos reintegracionistas está sempre moi presente.Xa sabedese, a xente que cre que o galego non é unha lingua independente, que pertence ó portugués e que o que está a pasar agora é que a RAG está a convertir o galego nun dialeto do castelán; eles parecen máis convencidos de que falamos un dialeto do portugués, e van crear unha Academia da Língua Portuguesa aquí. Penso que para nada somos un dialeto do portugués, para comezar o galego é máis antigo (o que se falaba na I. Media era galego, o de galego-portugués foi unha invención do século XVIII-XIX; e que nos veñan agora con estas cousas... Que o galego se incluia na Sociedade de Linguas Lusófonas non o vexo mal, todo o que sexa a proxeción exterior da lingua é bo, pero sempre mantendo a súa independeza e caracteríticas propias. Non deixamos que os casteláns rebaixaran o noso idioma en 6 séculos, e non imos permitir que o rebaixen agora os portugueses.

7 comentarios:

Eva dijo...

Totalmente de acordo Mos, ademais iste e un tema que me queima moito. Non estou a favor de castelanismos, pero estou menos ainda de estos lusos que din que falan galego, cando van co diccionario de portugues debaixo do brazo. Eu falo galego, nin castelan nin portugues. Que a RAE ou galegos defendan esta pailarocada resultame o roze do ridiculo en canto ignorancia profesional, era o que nos faltaba entre isto e os nacionalistas castelan que nos veñen dicindo que falemos o castelan que perdemos o tempo cunha lingua que vai desaparecer imos listos. Eu xa dixen, mentras eu viva non, nin desaparecera, nin sera portugues, nin castelan tampouco.

Ith dijo...

Dende logo que a min me gustan os idiomas (estudo un bacharelato que explota iso) e sempre estou disposto a aprender algunha nova lingua, o caso do portugués é especial poque compartimos moitos riscos coa lingua lusa, pero non de aí á unificacíon.
Nun bar fixome moita gracia ver escrito na porta dos servizos "HOMBRES" e aparecia tachado, debaixo en rotulador: "HOMES, em galego"
E aparecia esta ultima frase emborrada e, debaixo: "... non en portugués".
Poi iso!

Anónimo dijo...

Os reintegratas o que queren é que se faleg o galego pero que a escrita sexa coa fonética lusa utilizando a norma AGAL no canto da RAG.

Eu confésomo isolacionista. Recomendo ver o documental "fronteiras" que está no youtube.

Non soporto do reintegracionismo cousas como estas http://sinalizagz.blogspot.com/, penso que impoñen a súa normativa.. se se preocupasen de corrixir os carteis de "orense" e "la coruña" "las puentes" ... ... ...

Anónimo dijo...

por certo son martinho

Anónimo dijo...

ERa o que me facia falla oir...e eu que pensaba que xa estaban todas as parvadas explotadas e agora o galego e un dialecto do portugues e a muñeira vira do fado...canta tonteria....

El mal bicho dijo...

Non me queda nada por engadir o xa dito, é incrible que se digan semellantes barbaridades, pero visto o panorama cada vez máis crispado, non me estrañaría escoitar algunha que outra barbaridade máis.

Anónimo dijo...

Semella raro que non haxa ningún comentario a prol da unión galego-portuguesa... non credes??

Se realmente queredes ao galego e o sentides quizais deberiades estudar un pouco máis sobre o seu pasado e comprenderiades que o galego e o portugués o mínimo que se pode dicir deles é que son comprensíbeis de xeito recíproco...

Déixovos aqui un link para que leades http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/11/19/4268467.shtml
que está publicado en "La Voz de Galicia" que saberedes dista moito de ser unha empresa pro-lusificación.

E por certo o galego non pode ser máis antigo que o portugués, sinxelamente porque (alén das semellanzas ou diverxencias actuais) na idade media si que non se pode falar de dúas linguas. Isto é un feito que ninsequera o españolismo e a dereita máis rancios de Madrid se atreven a discutir. Por tanto, seria convinte que revisaras as fontes que te levaron a facer tal aseveración.

Un cordial saudo e parabéns polo teu blog.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas