Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

26/10/07

patada na cara e chámalle vexación...

Como foi xa desta vez, nada.

Pero nada de nada. Tan so se actúa cando nos vemos acusados de sermos algo que cremos non ser ou cando se pon en entredito a honra de España e os Españois.

Si. Partinlle a espalda porque era negro, estará toda a súa vida sen poder moverse do pescozo para abaixo. Pero non irei ó cárcere.
Por qué? Porque era negro.

Cando xa a presión da Fiscalía, do colectivo "Movimiento contra la Intolerancia", os medios de comunicación e o engadido da última novidade son intolerables, agora si actuamos; prisión seica preventiva para o agresor do negro e liberdade condicional con cargos para o que lle deu unha patada na cara á rapaza sudamericana.

Agora arrepentímonos de que o pobre negro lle pasase o que lle pasou e, oito meses máis tarde, metemos no cárcere ó seu agresor, concedémoslle o dereito a vivir coa súa familia en España e listo.
un manis p'al mono

E agora recapacitemos sobre o sistema xudicial do Estado español. Funciona?
Disque si.

Insulto a unha rapaza (independentemente da nacionalidade), tócolle un peito con connotacións sexuais claras, doulle varias collejas e, como guinda unha patada na cara.

Versión que vimos todos.

Versión do xuíz que tivo a sorte de instruí-lo caso:

Non hai agresión racista ("vuelve a tu país, sudaca de mierda"), nin acoso sexual, nin se observan -segundo un forense- danos físicos.

Está ben. Eu, de se-lo avogado defensor faría nese momento o seguinte:
Aproximaríame ó xuíz e, tras chamarlle maricón reprimido, chuspiríalle á cara. Posteriormente cruzaríalle a cara un par de veces, todo isto acompañado de insultos e, como remate, unha agradabilísima patada na cara.
Delicto? Non, ho? Que vai ser delicto...
Que quede claro que eu non faría iso, pero no exemplo de que a fila do xuíz se vise na mesma situación... no sei, non sei. Deixaría en liberdade condicional ó agresor?

Funciona o sistema que, por unha omisión da Fiscalía (menuda cagada señores), deixan sen cargo algún a un tipo que fixo tal cousa? As probas sonvos irrefutables, un vídeo, sen manipular, claro e sen ningún tipo de defecto...
Ese é o sistema no que cremos. Podémoslle partirlle a nuca á un negro, darlle de patadas na cara a unha ecuatoriana, pero nunca, nunca, digamos que Eskalherria ten dereito a un referendo pola súa autodeterminación...

É España. É o legado do Caudillo. Sonvos Xuíces Conservadores*

*
non dubido das ganas do maxistrado por facerlle o mesmo á rapaza cando foi declarar. Ademais, non é delicto...

Non sei por qué sinto que a miña confianza no Estado decae día tras día... Alguén pode dicirme porqué?

5 comentarios:

El mal bicho dijo...

O caso este eche a ostia, deixánno en liberdade a espera do xuizo, cunhas medidas que dan a risa,(No momento que se lle antolle pegarlle outra paliza daralla sen ningún impedimento), alegando que o tío este está mal da cabeza e que está baixo tratamento psiquiátrico.

Tal é como dis, se llo fixeran a sua filla o xuiz, tomaría outras medidas.

Ith dijo...

Pois si Rubén (benvido por certo), as medidas dan a risa, como, en gran parte, a xustiza do Estado español...

Eva dijo...

Vaites Ith seica sicronizamos os temas, ou? puxemonos de acordo para protestares o mesmo. Bueno, xa sabes a miña opinión o respecto, que por certo, o teu comentario no meu blog é boísimo, totalmente de acordo con él. E a min o que me parece penosa é a actidude dos medios, que como sempre se presta a manipulación. Mal tamén esa crítica por parte de moitos pailáns sobre a actitude dos que miran paralizados e non fan nada, eu quero ver a ises en situación. Xa pensei que non che daba contestado, levo co teu blog aberto un día enteiro, cada vez que quería contestar non me deixaban, sempre alguen chamando

Ith dijo...

Pois si Eva, como algunha outra vez, coincidimos. E xa que estamos dacrodo, nada mais que dicir do tema.
En canto ó meu blog aberto as 24h, asi me dan as medias da tua IP cunhas oitenta horas de conexion o blog, seguida por martinho de preto.. xa ves... non hai problema coas tardanzas que esu levaba moito tempo sen comentarche nada, ademáis de ler non fixen nada mais en Vagalu...

Anónimo dijo...

It agree, very useful piece

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas