Benvid@s
Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
8/10/07
Sempre tes o (G)as para matalo......Rei?
Treme a Monarquía,que ahí van os republicanos cun chisqueiro na man! Os cataláns queimando fotos do Rei, os vascos facendo referendums pola autodeterminación, os galegos... vendo gañar ó celtiña. Pero volvendo ó do Rei, é unha expresión de liberdade (como sería en EUA), un atentado terrorista contra a ``nosa´´´Monarquía, ou unha parvada que se magnificou? Inclínome polo último. Se non se lle dera tanto bombo mediático quedaría nunha falcatruada ``ilegal´´, e listo, pero os mdios de comunicación veron ahí un filón para matar dous paxaros dun tiro: cuestionar a Monarquía e cortalos cataláns polo mesmo patrón deixando entrever que son todos uns amonárquicos terroristas, cando foi unha minoría quen actuou. Estou de acordo con que a Monarquía é perfetamente susituíble: non serve con proclamar que isto é unha democracia, que todos somos iguais, que o poder está no pobo, e despois que decidan por nós se queremos Monarquía ou non. Se é verdade que a inmensa maoría adora o Rei, non teñen nada que perder e moitísimo que gañar. Pero o que penso é que o Rei non está tan secundado como se nos fai crer, o que ocorre é que ``se pasa´´. Está o Rei e está o Rei, non lle deren dar máis voltas. O simple feito da Monarquía e ademocrático, un neno por chamarse dun determinado xeito ten máis privilexios que tódolos demáis xuntos, despois que se é nena tamén pode gobernar ( se eu nazo de segundo ou terceiro terei o mesmo dereito a reinar que o primeiro non? ah non, que é pola tradición, pois ben, pola tradición quen reina é o varón; que noutras monarquías tamén hai raiñas? noutros Estados non hai raiñas nin reis;algo falla, o mires por onde o mires). Pero se fan un referendo que esperen ata o ano que ven, que se non Ith mosquease comigo, pero que o fagan para rematar con tódalas especulacións estas, a Sociedade gañará sí ou sí.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
aí lle deche
Non sei se entedería moi ben o que pretendías transmitir co que puxeches, se a cuestión é ¿con o sen monarquía? esta claro, sen ela, non pinta nada e ben cara que nos sae...a actitude dos cataláns, pois a mesma que poderíamos montar moitos, pero como tí dis, aqui o problema foron os medios de comunicacións. Estou encontra da violencia, pero queimar unha bandeira non me parece violencia, ainda que resulte ofensivo....creo que tampouco e para tanto. Enton aqui, cabe mirar o que pon a constitución, e pon que é un delito queimala....
Poderiamos dar un cento de razóns que fixesen que a monarquia se poidese abolir nun abrir e pechar de ollos, pero évos a democracia que protexe a monarquia a que peor sae; a Constitucion Española defende uns valores que incumpre ela mesma cando proclama a Xoan Carlos I e a sua casa real os herdeiros da coroa de España.
Como xa teño dito varias (moitas) veces, o meu soño é a República Socialista de Galiza, non sei que pasos habería que dar primeiro, se proclama-la III republica española ou independizarse directamente... Iso xa volo deixo ós demais.
A monarquia non fai falla e certo , pero non creo que sea o mallor problema que temos , nin que sea para tanto que catro queimen bandeiras , non para que salga Rajoi en plan solemne invitandonos a celebrar a constitucion como se fosemos entrar nunha guerra...o unico que queren e despistar a xente , meterlle medo , por que xa se sabe que a xente con medo fai calquera cousa, por iso ten que sair super Rajoi salvar España ...mira se algo ten Rajoi de galego e o cacique que e...
Ole Vendetta, dandolle forte.
Si a monarquia como ¿xa o dixen?, non é o meu maior problema (RepublicaSocialistaGalega), pero tampouco o son os catro republicanos malencornadiños (hainos que somos bos, a maioria) que coa queima de bandeiriñas o que consiguen e o que Rajoy quere, provocar crispación -NENO! vas bo se cres gañar así as xerais-, pero danlle bombo as crenzas de anárquicos tolos que parece ser que temos... cousas do legado franquista no Estado de España...
Publicar un comentario