Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

23/11/07

Para mellora-laz vozaz vidaz!!

Sinto a tardanza en publicar e o retraso cos premios, prorrogados ate dentro duns días...
___________________________________

Estes videos de precampaña socialista e popular, sacando o intento do PP de ser sarcásticos plaxiando o deseño, poñovolos para que poidades buscar e comparar (o de decidir, espero que xa o teñades decidido).

Aínda que cada día confio, persoalmente, menos na política, para chegar a unha bonita anarquía debemolo facer dende o control do Sistema -aínda que soe paradóxico-.



Video de "avances" da política socialista -se e que o incremento de corpos de seguridade é un avance- e comparativa pasada e futura -moito voan...-


Como xa dixen, estes intentan un sarcasmo á galega -mal conseguido- plaxiando o deseño do video socialista e usando o argumento "por esta razón y otras muchas, vota PP" e lo? cales son esas outras moitas?


Agora deixovos a vos, so engado que a baixada de impostos proposta polo PP é o mesmo que se fixo nunha lexislatura de Aznar, baixan os prezos dos consumibles -para ricos e pobres- peor na declaración da renda o pobre ten que pagar esa baixada (se on de onde vive o Estado?) e os ricos ven rebaixada a porcentaxe gravada sobre os bens... O de sempre: os partidos socialistas traballan para o pobo*, e os conservadores traballan para os seus, os ricos*. É unha realidade e cada un mira polo seu, claro...


* isto quere dicir que miran polo pobo e polos ricos -PSOE e PP- non por amor ó pobo, se non por seguir ahí arriba. Isto xa o sabedes, pero aclarovos que eu tamén.

1 comentario:

Eva dijo...

Teño pendente ver os videos, pero e que teño unha conexion moi mala, e non sempre me vai ben. Agora coas campañas electorais, vas ver ti como imos ver de todo, poden propoñer o que queiran que se che que quitan dun lado poñenche de outro, a min e que estamos entrando en esa fase, na que eu digo: "hai que apagar a televesión"; cada un debería evaluar o que viu no transcurso destes anos de goberno, e non deixarse levar pola dramatización dos partidos políticos e a manipulación dos medios de comunicación.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas