Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

17/1/08

Treme España, que chegan as linguas minoritarias!!

O outro día fixen unha regresión no tempo, de súpeto vinme a 28 de decembro pero nin así podería ser certo. Resulta que o ex-presidente Aznar tiña medo pola situación dos castelán-falantes nas nacións sen Estado. Perdoenme polo que vou dicir, pero parece que os españois estanse volvendo máis parvos cada vez: primeiro unha lei que di a METADE das clases en galego é desigualitaria, debe ser que o concepto 50%-50 % non son capaces de comprendelo; despois que o noso hino insulta ós que non saben falar galego, o que so demostra a súa ignorancia; despois que as nosas selecións non poden xogar cando queiran e onde queiran, so poden xogar a finais de decembro nun amistoso, nunca nun partido oficial; agora que o castelán está en perigo por intentar equiparar o resto a ela. A isto último teño que dicir varias cousas, nun territorio non poden convivir como eles lle deron en chamar ``bilingüismo afable´´ porque unha lingua sempre tirará a estar por riba da outra, en tal caso prefiro que sexa a lingua propia do país e non unha allea; e cando o que se impuña era o castelán e so había unha materia en galego , Lingua e Literatura Galega, eu non escoitei dicir a Aznar que iso habería que remedialo, estaba caladiño como un peto. Cando un galego di que non se respectan os seus dereitos lingüísticos, non pasa absolutamente nada; se lle pasa iso a un español cos seus dereitos... xa pode tremer a Xunta enteira.

2 comentarios:

Eva dijo...

Estou moi de acordo con todo o que pos. En canto a politicas peperas, en fin, asco me dan. Se xa non me gustaba o centro a extrema e que me pon do figado, queren unha privatizacion de todo incluido en certa maneira da lingua, osea, o que seria linguisticamente falando un nacionalismo castellan, no que se fala o castellan porque o di o presidente do goberno e punto, e o peor de todo e que a isto lle chaman democracia, eu e que me parto!! eu non sei donde a ven. Dende logo, o xusto seria ese 50-50 e non 90-10 iso non xustiza nin democracia.

Ith dijo...

Pois que dicirche... a discriminación positiva non é cousa da lingua, e non foi inventado pola ministra... non. Xa se da dende fai ben tempo; integración de discapacitados, mulleres e maiores de 45 anos... é discriminativo? Si. Porque é probable que hai xente que o faría cen veces mellor que esas persoas as que a lei obriga a contratar. Ou non.
É unha discriminación en pro da igualdade. Tódolo que nos rodea é castelán (unha emisora de TV, un par de emisoras de radio, un periodico de pouca tirada e nada máis). O castelán está presente -imposto- non noventa por cento das nosas vidas, o goberno ten que promopver que o galego estea en igualdade de condición sxa que segundoa constitución "las lenguas de las comunidades autónomas con idioma propio serán COOFICIALES en su etrritorio". Pois iso, co-oficiais 50-50. Aí queda.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas