Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

7/1/08

Celtismo =? independencia

En realidade esta ía ser unha entrada anedótica sobre un mito celta, xa que a mitoloxía greco-romana sáenos polas orellas. Pero como non se me ocorría que mito subir, busquei algún novo, e atopeino. O malo e que, unido ó mito de "A canción de Amergin" había varios links, un deles a unha páxina bastante interesante [www.celtiberia.net]. Linkando e linkando atopeime lendo un artigo dun señor moi simpático (seica arqueólogo)
que expoñía a inutilidade de basear a iundependencia galega -por exemplo- na presenza celta que non está demostrada, posto que non hai restos arqueolóxicos que se podan supor celtas, no hai casas típicas dese pobo -de forma circular- (isto sorprendeume), non existe unha pegada na lingua nin os restos xenéticos se poden demostrar.



Eu exporíalle que;
-A independencia dun pobo baséase na necesidade e crenza dese pobo na súa propia independencia, moitas veces se pode apoiar nos antepasados, que á súa vez lévame a opinar sobre os seus argumentos;
-Por non haber, non hai restos arquelóxicos de case ningunha civilización, humidade e acidez do chan, factores queu inflúen na conservación dos restos, de ser por isto non tería habido humanos nunca en Galiza;
-Casas de forma circular? Xa non digo subir ó monte de Santa Tegra, no que hai un complexo case que tan grande como 'Marina dór', se non no mesmo monte do Facho, a unha hora da miña casa, pódense atopar bastantes casiñas circulares [lede, lede];
-Restos lingüísticos? Non ho! o galego e o castelan mal falado, como se dicia na época franquista!;
-A pegada xenética non a podo discutir se non é con argumentos que coñezo (pois o Facho e o Galego, miroos e sintonos); unha recente investigación do doutor Skyes, da universidade de Oxford, coa axuda de varios expertos italianos (todos eles moi interesados no nacionalismo galego e bretón...) publicaron que [copio-pego de aquí]

"De hecho, la investigación de la prestigiosa universidad concluye que los Celtas, la cultura prerrománica más importante de las islas británicas, provenían de territorio español. Al parecer, son descendientes de una tribu de pescadores ibéricos que cruzaron la golfo de Vizcaya hace 6.000 años."

Sen máis que engadir, déixovos o canto de Amergin na marxe esquerda e o mito xa volo contarei... Coidadevos, e feliz ano...

2 comentarios:

Eva dijo...

A independencia dun pobo baséase na necesidade e crenza dese pobo na súa propia independencia

Que gran verdade!!! eu creo que iso e gran biblia dunha sociedade independente, o problema e que na maioria dos caso o propio pobo non cree niso.

Mos dijo...

Eu non sei que terá que ver a independencia dun país coa súa historia máis aló da propia configuración da personalidade nacional (isto é, non ten que ver, pero axuda non comezar dende cero). España como tal no era moito antes da invasión árabe, e segundo algunhas teses que escoitei (tipo Galiza ten que ser de España porque España leva 500 anos unida) nunca podería facer a Reconquista, pois os árabes levaban 800 anos na Península e España non tiña pasado como Estado. Segundo isto non podería hber paises redentados, so paises conquistados sen posibilidad algunha de cambio.Sobre a inexistencia de Castros... non penso facer declaracións sobre un asunto que non merece mención.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas