Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

21/8/08

Extra! Extra! A secuela de Titanic será gravada en Cangas!!

Aínda que soa a mentira, que o é así que non esperedes a Leonardo no Porto, non está tan alonxado da realidade. Como saberedes se vivides na Comarca, e se non vives nela benvid@ o noso blog e explicame como fixeche para rematar nel, en Cangas goberna un tripartito( tipo catalán pero con nécoras, centolas e máis chulería) formado polo PSG-PSOE (comandado por Héctor Otero), o BNG ( comandado por Clara Millán) e ACE ( que é unha unión de tódalas forzas políticas de esquerdas de Cangas para poder obter un cacho do pastel, e está comandada por Mariano Abalo), na oposición está o encargado de Deportes na Deputación de Pontevedra, Sotelo. O problema de vivir con moita xente e que de seguido tes roces cos compañeiros, e isto é máis perigoso canto máis poder se teña ( non é o mesmo ter un roce co teu irmán pequeno ou cun amigo que con túa nai). Pois ben, o PSG e ACE teñense queixado de que a Alcaldesa inmiscúese nas súas Concellarías, o que ela resposta que, como Alcaldesa, ten que supervisar tódalas Concellarías, cousa que os seus compis de goberno parece que xa non aturan máis e prantaronse. Según o PSG están fartos dos ``ramalazos de poder´´ que lle dan a Clara e van a deixar de reunirse na Xunta de Goberno, a pesar de que é a súa obriga, ata que se revise o Pacto BNG-PSG e Clara lles conte que pasa nas reunións que ten os mércores. Tamén lle recomendou a ACE que falen sobre o que van facer, ó que Abalo respostou que se ían reunir pra falar sosegadamente. En xogo está o Goberno do Pobo, e na sombra agarda espectante a... curta... sombra de Sotelo.

7 comentarios:

Bea dijo...

As cousas nunca saen ben cando o poder o queren ter tantos... en fin...

Bea dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Eva dijo...

Arredemo, dende logo a falta de un cesto tedes a fabrica enteira. Estas cousas, sinto decirche que nunca acaban ben, pero supoño que iso xa o sabes,de aí a mofa...a cal comparto.

El mal bicho dijo...

Mira que tiña esperanZas deste gobeRno, peRo o final, nada,
as cousas van igual ou pior que antes, toda un mágoa.

Mos dijo...

A verdade é que tiña moitas esperanzas postas nese Goberno, pero non está facendo moito, por non dicir nada. É certo que o anterior Goberno deixou núas as arcas e tampouco fixo moito, pero non é excusa. Ou espabilan ou voltaremos a ver o Anano fardando con Porro e gastando os cartos municipais en... creo que lle chama ``ceas de representación´´ cos seus coleguillas.
Por certo Santy, por que borraches ese comentario? Que dicia?

Ith dijo...

Eu teño esperanzas... a ver que pasa.

Prefiro un goberno que faga pouco (case nada) por cambiar as cousas, que un goberno que faga todo o posibel por mantelas iguais, ou retornar o pasado...


O comentario borrouno a autora do comentario, e foi porque estaba repetido.

Un saúdo


~Ith~

Mos dijo...

Por certo, pensades que Sotelo voltará a presentarse por Cangas? Porque hai rumores de que vai para O Hórreo...
Por certo Eva, ti tes a Aguirre así que moito mellor... XD

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas