Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

1/9/07

A NGF; causas, consecuencias, culpables e crédulos.

Condoleeza Rice (esa rapaziña dos republicanos Estadounidenses) solta a perla de que "non existe unha Nova Guerra Fría entre Rusia e EEUU"
Claro que non moza, nin nova, nin vella. Nunca houbo guerra fría entre USA e Rusia...
Naquela silenciosa batalla enfrontábanse EEUU e os moñicreques dependentes contra a URSS e os seus aliados á forza. Normal que non se volva repetir, saica a URSS caíu no '91... Disque.

Pois non se vai producir, non. Aseguranos a man dereita (curiosamente negra*) de G. W. Bush.
Claro que tamén Bin Laden ía ser detido "en próximos meses" (iso en 2001) e a seguridade mundial estaba pendente dun fío, ameazado polas armas de destrucción masiva Iraquíes.


Agora ben. Montar un escudo antimisiles (ou intentalo**) para protexerse de ataques de Oriente... Recordando que os países os que sempre se enfrontou EEUU eran ben comunistas ou ben ricos en petróleo... Hai (polos datos que vemos) catro ameazas en Oriente. A saber, Irán, Iraq***, China e Corea do Norte.

Corea do Norte e Kim Jong Il
Polo pouco que sei de xeografía as "Coreas" están máis perto de EEUU polo lado de Alasca*** que por Occidente.

-Aha leín agora que o escudo é para protexer¿nos?¿se? dos ataques de Oriente Medio.-
Agora que N. Corea está descartada, seguimos:

China e Hu Hintao
Non estou seguro de se no medio ou no extremo pero estavos en Oriente. Sexa como sexa, creo qeu a ameaza pola sua parte sería bastante... imposible

-O comunismo descartado, a ver o resto-

Iraq e ······ ¿ O Pentágono?
Xa non é problema, por moito que se diga os EEUU e os incompetentes do seu goberno**** non abandonarán o país ate que os recursos naturais do país sexan deles. Nese momento, xa non haberá Iraquíes, -todos mortos pola guerra civil- ou, se os hai, serán moi poucos para armarse en contra dos Invasores.


Irán, Alí Jamenei e Mahmud Ahmadineyad
Non creo que Ahmadineyad poda facer moito co que ten. Teñamos en conta o seguinte; disuqe é un islamista extremista, pois necesita realza-la súa posición, dinos que ten bombas atómicas e punto, xa nos entrou o canguelo. Se enriquece uranio, plutonio au avecrem, a min traime sen coidado, parece que so os paises desenvolvidos, católicos e democráticos ¿?¿?¿? temos dereito a usar os nosos recursos naturais, eles poden facelo, ser un país pobre, islamista e "non democrático" (iso dirán, como en Iraq) non lles impide producir enerxía nuclear (á que me opoño, pero se nos o facemos...)

En definitiva, paranoicos.
Como dicia o titulo causas (paranoia) consecuencias (sóanvos os 11S, 11M, Bin Laden, Iraq...) culpables e crédulos, todos nos, por votar a partidos fascistas ocultos tra-los dereitos humanos e a democracia, e credulos por permitir invasións, e accións da ONU, por exemplo, polo que nos soltan ese partidos. Ollo! que non digo que K. Jong Il e Ahmadineyad sexan santiños, pero enarbola-la bandeira dos Dereitos Humanos para invadir un país cando no propio existe a pena de morte, cando fabricas armas de destrucción masiva... tampouco é moi acertado.


_____________________________
Agora explico as palabras con asteriscos:

curiosamente negra* Non implica racismo pola miña parte, senón o feito de que en Florida milleiros de negros e latinos foron imposibilitados para votar nas penúltimas eleccións (nas ultimas, ó ve-lo pastel non se fixo e saiulles un parlamento Demócrata)

(ou intentalo**) Parece que nos vamos dando conta so que pasa e xa non actúan coa impunidade de antes, parece, a ver que fan os rusos, que son o principal obstaculo para dito escudo.


Iraq*** e Alasca**** isto para que Mosy non se meta comigo, como non existe a "K", puxeno en normativo, pero igual me dicia que así estaba mal, ahí tes a explicación, meu.

incompetentes do seu goberno**** Aínda que en España e Galiza tamén os hai, refírome ós incompetentes Demócratas Americanos. Aprobando máis soldado e máis cartos para Iraq (vésaxe ***), xa vai sendo hora de que abandonen o país e que o deixen en mans dos Cascos Azuis, para ver se podemos repara-lo marrón (case negro) que nos/lles deixaron.

11 comentarios:

Mos dijo...

Unha nova Guerra Fría tería/ten/terá cousas boas e cousas malas,é dicir,frearíalle os pes de súpeto a EUA e saberían que en temas como Palestina non terían a última palabra,pero tamén volveríamos a unha incerteza constante sobre unha hipótetica guerra nuclear con máis armamento e mellor que fai 20 anos.
Ó problema iraniano non lle vexo problema aparente,pero aínda así hai que vixialo co rabo do ollo.Estou dacordo contigo,parece que a única enerxía nuclear boa é a que temos nos,non esquezamos de que España estivo a piques de ter unha bomba nuclear pero EUA considerouno ``inapropiado´´,igual que pasou con Francia,pero Francia niso é máis ``chula´´ e conseguiuna igual(chegando nun momento a saír da OTAN por desavinencias cos EUA).
O do escudo antimísiles é unha provocación en toda regra,provocación que Rusia respondeu activando os mísiles que tiña apuntando a Europa.Tiven unha discusión con Ismael sobre iso,el dicía que era lamentable que eses países onde se ían colocar os mísiles recibían a Bush como un heroe,un semi-deus;eu díxenlle que era lóxico,que eran países que algúns non tiñan nin 15 anos de vida e estábanse a codear co país máis poderoso do mundo,para eles sería como que de súpeto o rapaz máis popular nun instituto americano fose comer a casa dos teus pais.
Gustaríame que me deras razóns polas que China non atacaría os EUA.

Ith dijo...

En fin, estamos dacordo non?
No tema de China, douche as razóns polas que creo pouco probable (que non imposible de todo) un ataque chinés.
En primeiro lugar todo país pode lanzar un ataque (atómico ou non) cara outro polo que ninguén queda descaratdo.
China éche o que lle chaman "a futura potencia mundial" (todos a falar mandarín!) o incremento da compra de petróleo e materias primas inportadas dende o país asiástico incrementouse moito non últimos anos, a taxa de CO2 producida non supera o protocolo de Kioto, por pouco e o goberno do país pon cada día máis énfase en convertilo nunha potencia. E conseguirano, porque a sociedade évos ben diferente, traballan pola Nazón, porque do seu traballo sairá o sustento do país enteiro e a propaganda fai moito.
Outra máis é que os voitres que deciden o destino do país de cinco en cinco anos estan tranquilos. Por qué? Pois porque para os EUA é máis fácil presionar e intentar afundir a un país duns cantos millóns de habitantes como Cuba, que non fan nada, nin molestan sequera. Pero en China fabrícanse os productos de Nike, Nestlé, Microsoft e os subproductos que derivarán no que vemos nas nosas casas. Cihina é a fábrica mundial. -MADE IN CHINA-
E, os países que non enriquecemos á súa costa convenos moito que estén contentos i axudámolos no que faga falta, con tal de mante-las ganancias desorbitadas que obtemos deles. Eles sábeno e non precisan ameazarnos con bombas, iso mataríanos a todos, o máis importamte é a ameaza que se fai realidade (pouco a pouco) do colapso dos países capitalistas (pasou no Crac de N.I. e sucede agora cos tipos de interese).
Razóns dabondo?

Eva dijo...

En vista do tamaño de post, vinme na obriga de imprimilo, pero como maña teño un exame, pois ainda non puiden leelo detidamente, pero próximamente terás o comentario que te mereces.

Eva dijo...

A ver, vou ir por partes e entregas e a ver senon me lio explicándome, menuda exposición. Primeiro de todo, pareceume unha grave provocación por parte dos EEUU o de montar un escudo antimisís, senon estalou ahí a "nova guerra fría", foi de milagro, porque a cousa estivo e está quente.

Corea do Norte. Vale, non debería ser un problema, pero se temos en conta o grado de imbecilidade de Bush unha provocación tería Kim Jong Il sacándolle brillo a sabe dios que. Creo que xa dixen maís dunha vez que Corea e un país bunker que ninguen sabe o que en realidade desenrolan nel. A min preocupame bastante, un país que fai o que lle da a gana baixo a tutela dun dictador con moi mala pinta, en fin, poden dar nun futuro bastante dor de cabeza baixo o meu punto de vista.

Iran/Iraq/EEUU. Aquí sería bó remontarse os tempos de catapún para ver o fantástico enredado de manipulación por parte de EEUU. Foi EEUU quen manipulou a Salddan Hussein para que acabara en guerra con Iraq, querra que durou se mal non recordo case oito anos. E total para que?, porque forón os EEUU que acabaron invadindo Iraq e executando a un dictador que fora incluso aliado deles. Esto xa esta moi comentado….o final aquí os que fixeron o que lles deu a gana foron EEUU dende hai anos tiñan claro o que querían, moveos o interese capitalista e económico, o resto importalles nada así teñan que sacar do mapamundi toda a zona árabe. Desde logo este unha guerra fria xa vai ser que non, xa tivemos a do golfo pérsico, e agora a de Iraq, ¿habrá mais?

China. Non me parece na actualidade un problema, en referencia a desencadear unha guerra. E un pais que sempre mirou de conseguir desenrolo económico cara dentro non cara a fora, ainda que actualmente debido o gran auxe que están a experimentar o estean a facer cara a fora, pero a pregunta do millon e: ¿esta EEUU disposto a cederlle o título de potencia mundial? eu digo que non, ademais, a China acabaralles pasando factura o producir a tan baixo coste, a cantidade de persoas que son nun espacio reducido, ….en fin…eu digo que non por moitos motivos que me levarían a escribir un tomo ou dous. Esto e para outro post, non para iste.

Ith dijo...

Esta ben ese sistema de "imprimo, xa lerei e comento".
Igual a plaxio.
Pois como ben dis, o tolo de K. J. Il non creo que use o arsenal para máis que asustar, o país esta plagado de refuxios nucleares e son uns cagados, pero non creo no seu ataque.
No demáis Eva, tes tamñen moita razon, igual que pasa en Israel, os EEUU financian a guerra con excusas baratas e mira como acabamos en Iraq...
Evós o que hai, alguén teria que ambialo, pero... a fin de contas vivimos ben non?

Eva dijo...

Vivimos ben por pouco tempo, xa che dareí soltarei un speech sobre esto

Ith dijo...

Solta, solta. cando queiras (e veña ó tema) podes escribir ate que blogger cho prohiba, que por minhe non hai problema i encantado cos teus comentarios. Se te refires á "explosión da burbulla inmobiliaria" como lles deu por chamalo a alguns... en fin era unha realidade próxima e tanto que nos espetou nos narices... A ver como segue isto.

Mos dijo...

Corea do Norte ten capacidade nuclear,vale,pero non esquezamos que ese armamento é puramente defensivo.A súa organización político-militar está baseada no hipotético(ou non)ataque estadounidense.É un país moi debilitado economicamente pola marxinación internacional,e non aguantaría SÓ un ataque contra outro país.Con aliados pode,pero iso desencadearía outra Guerra Mundial,cousa que non interesa a ninguén.E pensade noutra cousa,Bush deixará pra o ano que ven de ser o Presidente dos EUA.Nese caso confirmase a frase ``In God we trust´´

Eva dijo...

Mos, pensa que detrás de Bush van intentar poñer un dos seus, ¿de quen falamos? pois de un defensor do capitalismo, xa que en EEUU estan os magnates que lles interesa comprar os votos e manexar o asunto.
Pode que non interese un guerra mundial, pero mellor non xogar co lume,nos temos moito que perder nunha guerra mundial, eles non, a vida, e como estan como cabras igual cos arabes...o fin e o cabo, non sei se os viches pero ...joder parecen muñecos baixo o dedo do KJIl.
E si referiame a burbulla, xa cho enlacei no meu blog...
De todos modos, hai que recoñecer, que o principal problema encanto a posible guerra e Rusia, esta claro que a piques estivemos de quedar nejriños.

Ith dijo...

O armamento nuclear non debería existir nin en Corea N. nin en EEUU, nin na casa de Juan. Pero xa que esta, un pouco de sentidiño.
"Sen enriqueces, non invadas"
Defensivo ou non, pode convertirse en ofensivo cando lles pete.
Ademáis no hipotetico caso de que os Republicanos volvesen gañar as eleccións sería cun candidato igual ou peor que Bush (alguns manexan ó gobernador Jeff Bush, pero éche familiar do tipo que lle fixo repetir o de Vietnam) por outra banda os Demócratas teñen a Hilary Clinton como candidata.
Alemaña? pode, EEUU? nunca
Muller/negro/latino presidente dos EUA, imposible. Así que non sei que van facer os estadounidenses se rep.+ramboII+perda do poder mundial OU muller+pseudo-esquerdistas

Sexa como sexa o partido Demócrata xa nos demostrou como son (tiveron tempo dabondo), sustituíronnos os Republicanos que nos voltaron a demostrar algo. Cando pensabamos Ben! Demócrats na camara lexislativa!
Non meus, non. Sonvos a mesma merda.
Aínda co temor de deixalos para o "loquero" e con riscos de secuelas de Rambo, non lles saía millor deixar ós cascos azuis da ONU e retirarse de Iraq??

Mos dijo...

Simplemene,por orgullo.Sería catastrófico outro Vietnam,EUA perdería moito poder de ación.Imaxinádevos que EUA se retira de Iraq,iría co rabo entre as pernas,e demostrandolle a Irán,Corea do Norte,Unión Europea,China,Sudamérica,Afganistán... como se pode vencer e que pode achantar.Penso que é o que debe facer,aínda que soe irresponsable pola súa banda:colle un país rico,evolucionado cultural e tecnoloxicamente,e o deixa nunha gerra civil,con 11M's tódolos días,cun goberno feble e monicreque.Cando foi alá dixeron que tiñan que protexer o mercado de petróleo pra que non houbese unha crise coma cando o castigo polo ataque a Palestina,32$/barril era carísimo,impensable,unha barbaridade,o prezo estaba en torno ós 20$.Agora que chegue ós 100$ non sorprende a ninguén.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas