Benvid@s
Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
13/9/07
Problemas de Seleción:Volve Darwin!!
O pasado 3 de setembro a RFEF(Real Federación Española de Fútbol)denegoulle o permiso a Cataluña para poder xogar un amigable fronte a EUA o 14 de outubro(data de partidos oficiais),o que fixo que toda a política catalana se erguese en pe de guerra.A RFEF escudouse en que non é Nadal,e polo tanto non poden xogar.Cabe dicir no seu favor que a Liga e os clubes teñen un acordo para que as Selecións Atonómicas so xoguen no Nadal,aínda que un Cataluña-Euskadi se xogase un 8 de outubro.Trala negativa,como dicía,a FCF(Federación Catalana de Fútbol)dixo que o Partido se xogaba igual,e incluso Carod Rovira renaceu das súas cinzas para dicir que se xogaba na Alta Cataluña,ou sexa,Francia.E cando xa estaban coa festa montada tódolos partidos non ``populares´´,coa FCF,cun pifostio no Parlamento,ocurriuselles preguntarlle a EUA que opinaba,e contestaron que se a RFEF non o autorizaba non xogaban.Alá vai a festa ó carallo.Isto reanimou a polémica sobre as selecións autonómicas,o dereito que teñen a xogar amigables(xa non digo partidos oficias)cando queiran.Eu,persoalmente,estou a favor de que se xogue no verán e no Nadal,ou mesmo que se faga un torneo de selecións autonómicas no verán no cal incluso se podería invitar a Portugal e/ou Andorra.Algo así como un Trofeo Península Ibérica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Hahahha, vale Mos, bó titulo.
Si, xa escoitei algo sobre iso, o malo e que hai moito conservador a ultranza (directamente ultras) que miran nas seleccións autonómicas unha "ruptura de españa".
Hom, chámanse "Selección Autonómica de Catalunya" non sei, se fose "Selección Nacional catalana" aínda bueno.
Pos iso máis que nada non os deixan xogar nada máis en Nadal. Poderúian facer, coma ti dis torneos de verán cun equipo por autonomía, o futbol español osixenaríase (moitos xogadores non coñecidos terian a oportunidade de mostrarse) e a "unión de españa" non creo que se vira afectada...
Xa en termos de ideoloxías politicas (hoxe) non me meto, pero ébvos unha pena que non haia selección galega a unha gran escala, e dicir, que exista pero que xogue un amistoso ó ano e que non saia na TV, non vaia ser que esperte sentimentos nacionalstas, ho!
A min tamén me gustaría que se fixera un torneo entre as selección autonómicas, aínda que non son moi aficcionado o fútbol.
O caso é que aos equipos non lle faría moita gracia que os seus xogadores foran a xogar coa súa selección autonómica e ter abandonar os entrenamentos e os partidos amistosos da pretemporada.
é boa idea o do torneo, ademais seguo que é anticonstitucional jejeje (Desmembrais España coñooo).
A ver para cando un Gaiza-Euskadi ou un Galiza-Catalunya que sempre andamos pola cola en todo
É ilegal participar nun partido oficial,dos amigables non poden dicir nada na Sacra Constitución.E estaría ben un triangular entre as 3 nacións que mencionou martinho,así veriamo xogar un Galiza-Euskai e un Galiza-Cataluña.O problema está en que os clubes xa se queixan cando teñen que ceder ós seus xogadores ás Selecións ``oficiais´´ xa que a FIFA lles obriga,se teñen que deixar un xogador,co risco de lesión que iso contén,por amor a arte...
Pois acabades de pillarme, non podo dar unha opinion contundente porque non controlo o tema e para solta unha chorrada mellor calo a boca, deixo nas máns de ith a resposta.
Maestra!!
Coidas que son Deus todopoderoso??
Nonm teño todalas respostas (ainda que case que si)
hehehe!
Pois a miña opinion final é esta:
Como Ruben non son un gran afecionado o fútbol, pero creo que, o igual que se debería facer cos intenacionais, as seleccións que convoquen xogadores deberían pagar unha compensación os equipos dos que proveñen. Recordemos os adestramentos do Barça se non...
Está clariño que as Seleccións Autonómicas non van poder xogar torneos paralelos á liga de campións ou á nacional, pero si que poderian facelo a pequeno nivel un Torneo Ibérico (boa idea) que enfrontase seleccioóns autonómicas de toda a Península entre si.
Como en todo, isto ten tintada política, xa dixen que para alguns ponse en peligro a unidade de España, pero repito que son Seleccions Autonómicas e non nacionais...
Ahí queda.
Publicar un comentario