Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

12/9/07

...pues Alejandría...

Situación: Hai debate! programa da TVG, presentado por unha rapaza que me encanta (como presentadora, digo) que, tras entrevistar a Anxo Quintana, pasaron a una debate-tertulia sobre Gaiás /Cidade da Cultura con outra xente. (Quintana xa tiña marchado).

Qué pasou: Comezouse a falar, as persoas na posición que vedes abaixo, politicos a un lado, periodistas a outro e a presentadora no medio.


Tras unha acalorada discusión incitada polo diputao do PP, que por certo, non era discusión, senon unha tactica para cambiares o rumbo da discusion...
Dito conselleiro comeza, nun momento dado, a critica-la xestión do Gaiás (si si, o PP critica a xestion da C. da Cultura) botándolle en cara que todo estaba parado. [Todo esto en castellano, que siendo del PP no se va a manchar la boca!]
O periodista da COPE apoiando, coma un canciño faldeiro (aqui dise can lambeconas, pero sexamos finos), o PP, que non era lóxico, tendo un plan xa feito, non seguir coas obras.
Resposta do PSdeG: os plans deixados polo patron do barco (Fraga) para guia-lo trasatrantico (CIdade da Cultura) eran [moitas palabrerias, en resumo] unha merda.
Aqui responde o do PP co exemplo do Guggenheim e da Ciutat de les Arts e les Ciències.
Os presuposto iniciais foron inferiores ó invertido finalmente, e no caso do museo, en cinco anos amortizouno. "Iso, iso"- di o lambe.... Bo argumento, pero este souberonno rebatir.
O Museo tiña unha gran proxeccion internacional, e a Ciutat tamén, atraian pola fama do Guggenheim e a variedade na Ciutat (planetarium, l'hemisferic, oceanograic...). E os grandes proxectos en Gaiás eran unha biblioteca e un arquivo documental, que non teñe unha grande atracción a nivel nin tan sequera nacional.

Plano da cámara nese intre:
Ás costas do voceiro do PSdeG, enfocando á presentadora e os tres periodistas.

Lembramos...
-E unha biblioteca e un arquivo non terían esa proxección a nivel nin tan sequera nacional.- oPSdeG
-Pues la de Alejandría!!
Nese momento as risas apagaron as palabras do señoriño ese e, unha vez todo calmo o PSdeG continuou, sen comentarios...

9 comentarios:

Anónimo dijo...

gústame moito ese programa e a presentadora é de puta nai jeje mireino onte corroboro o dito

saudiños!

Eva dijo...

Houberame gustado ver este debate, unha pena que non chegue a Galega a Madrid intentarei pillala de volta pola emision para america por internet.
Primeiro decir que a cidade da cultura como proxecto arquitectónico pareceme fantástico, pero como pretensión política unha animalada, esa cantidade de pasta...non sei eu se amortizarán ou non como din...insisito para comentar prefería velo, unha peniña che!!!

Mos dijo...

Pois Eva,vouche comentar,a Cidade da Cultura é como a Catedral,salvando as diferencias.Son dúas grandes obras arquitéctonicas;marcarán un antes e un despois na cidade;e pola contra,a Catedral vese dende todo Santiago,e a Cidade dende toda a Comarca.O malo da Cidade da Cultura e que os presupostos multiplicáronse sen parar dende o orzamento inicial.

Ith dijo...

Ademáis de se multiplicar por tres con algo (de cen millóns ate case catrocentos) o orzamento, ninguén pode asegurar que as visitas a Cidade da Cultura puidesen asegurar a amortización do investimento.
Outra que se mencionou no programa foi o mal estado das bibliotecas públicas; non hai libros porque non haii cartos para mercalos.
Enton -dixo un periodista- como van enche-la pedazo biblioteca do Gaiás?
Único que baleiren as demais que hai no país...
Mops, lémbraste do libro "Los Mitos de Cthulhu" que case se desintegra cando o sacou Manu da vitrina...
Pois imaxinade que eses libriños van parar a esa biblioteca, que imaxe!

Mos dijo...

Iso daríalle ``glamour´´á Biblioteca home.E menos mal que os libros que nos dera Manu moitos deles levaban máis de 10 anos sen ser tocados,hai que lembrarse dos libros co selo franquista ou o dicionario da clase co escudo da águia de San Xoan onde buscamos ``rojo´´ para ver que aparecía hahaha

Anónimo dijo...

Para Eva e o resto que non o puidesen ver, aquí está o link a ese programa de "hai debate!"

http://www.crtvg.es/asfroot/acarta_tvg/HAI_DEBATE_20070910.asx

aínda non está abero ao público pero dende unha sección da web da galega de televisión a carta atopeino.

Saudiños!

Anónimo dijo...

premede no meu nick para velo que o link enteiro é moi longo non colle :S

saudiños

Anónimo dijo...

e o 42:45 é o momento "Alejandría" jajajjajajajajajaja
non puiden evitar voltar para dicilo jaja

Ith dijo...

Moitas grazas martinho.
Que saibas que estás fuchado como o reporteiro gráfico de Terra de Breogán.
Eres a imaxe da noticia (frase propio dunha aotopromo de TVE).
Grazas de volta e non dubides en deixarnos os videos e imaxes que poidan mellora-la noticia.
;·)

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas