Benvid@s
Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.
18/9/07
Rexurdindo das cinzas, esta vez sen sadioctividade, espero...
Pois si, rapaces e rapazas, xa estou de volta convosco!
Despois dunha semana planeando irmos comer a praia (este verán case nin a pisamos) de súpeto póñome enfermiño e despois ponse a chover e tronar... Pois mirade que tiña ganas de ir... Pero que se lle vai facer. A identidade do virus/bacteria que me atacou segue a ser descoñecida, pero se descubro cal é, estudiarei Bioloxía para destruíla por terme provocado 40 de febre, dor de cabeza e un mareo que nin Deus Todopoderoso, amén.
Tralo momento psicópata asasino, paso a outra cousa.
Xa vai uns días atrás iniciábase o novo curso xudicial (si, si eses que levan dez DEZ meses "en funcións") e, o mesmo tempo, dábase a noticia do inicio do xuízo polo caso Gescartera.
Mirando os informativos da TVG (por 1ª vez en anos) e sen forzas para colle-lo mando (aínda enfermo daquela) deixeime estar e mirei tódalas noticias.
En primeiro lugar deron a dos xuíces.
Os progres ameazan con non asistir se o PP non deixa de bloquea-la renovación do Consello (pendente dende fai 10 meses). Quedouse en nada, non sendo por Esquerda Unida, que nun deses poucos actos de verdadeira esquerda, non apareceu polo lugar (por certo, decorado bastante estilo anos 90, de hai dous séculos) e presidido pola súa maxestade o rei Juan Carlos...
Seguinte noticia: Caso Gescartera levado a xuízo, outra vez, seis anos despois daquela vista preliminar (espero que se sigan a coñecer todos). Sacando a aburrida temática de desfalcos, apropiacións indebidas e fraudes varios, imos falar de imputados (palabra máis coñecida dende o de Marbella).
Non vou darvos un esquema de persoas relacionadas co caso, pero mira isto e quedaravos un pouco claro: ESQUEMA
Todos os de azul, a excepción de César Alierta (presidente de Telefónica daquela) son altos cargos do PP. (Isto e así repetitivo que a morcilla de Burgos [perdón polo chiste fácil])]
Pois agora non me chamedes retorto...
Explicación CLARIÑA e sen darlle votas:
Se o PP quere conservar ós xuíces conservadores (toma!) e houbo altos cargos, tanto como Ansar e consorte, Zaplana, Cañete, Rato, A.C ascos, Rajoy, Montoro, implicados no caso Gescartera.
Os xuíces desestimaron as acusacións dos fiscais cara P. Valiente, presidenta do CNMV e membro do PP polo daquela, e contra outros membros do partido como podían ser o Ministro de Facenda (aí houbo certas cousas escuras entre facenda e o CNMV).
Miro normaliño de todo que queiran mante-los xuíces que lles salvaron o cu no poder...
__________________________________________________________
NOTA:
Onte pola noite finalizou a enquisa sobre o futuro gobernante do estado español, todos os que votamos (un total de 12 persoas) decidimos que debería ser ZP o próximo presi (a pesares de cambiar os carteis do Plan Galicia).
Eva, pois dentro dun par de meses, aproveitando que me pases a receta do Irish cofee, discutiremos este tema.
Non sei que filofascista aproveitaría a MIÑA enquisa do MEU blog para dar a coñecer a súa opinión profalanxista, pero tamén o acepto.
Por outra banda o descoñecido votante (Mos) da coalición, creo que tería poucas posibilidades de se sentir realizado.
____________________________________________________________
Ben (ven pa ti, Mos) pois aqui finaliza o tema da votación.
Comentádeme a noticia tamén. Sete veces grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Alégrome de que xa estés recuperado do "virus",porque sempre din o mesmo, ademáis a tempo para empezar o curso ^^".
Xa nin me acordaba do caso "Gescartera", eu tamén miro normal que o PP quera conservar os xuices, xa que se non "sería morder-la man que lle deu de comer"
A ver, vou ir por partes, o do teu virus e un pouco raro, a saber donde o colliches, de todos modos aledome de que estes mellor.
O de Gescartera eu a verdade xa o tiña no formato reseteo do cerebelo, de todos modos....deixame que me poña o dia e volvo...
A receta podocha pasar desde ya, pero está en un fantástico english, eu non votei, prefiro falar disto dentro de un mes ¿que vos parece a nova campaña electoral para meter o xoves no bolsillo? e boa ehhh...pena que os que teñen máis de 30 quedarán doentes.
Por certo, eu mandeiche un mail o correo chungo ese de orange que tes e non sei se che chegou ou non...ti mira a ver se o encontras.
Pois si, seria rastrero, incluso pra eles, morde-la man dos ultras do Poder Xudicial.
Son de letras, pero pareceme que a miña enfermidade e máis ben bacteriana ou de outro tipo, tres dias parecenme pouco para uns viruses cabrons. Pero repito, son de letras e guíome por House.
Dacordo en falar de politica nuns meses. O correo de orange.es utilizoo so pra xestions do blog (contrasinais, invitacións...) e revisoo cada mes ou asi, tiña 229 mensaxes novas (fai varios meses que non o miro) e entre elas a túa, xa che respondin dende a miña direccion habitual.
Hom, o de Chacón é un progreso, Solbes di que si, que esta proposta e mellor (a ultima, que cambiou polas queixas do VcePte de economia)...
Pois pra ser de letras e dicir ``viruses´´...xa verás cando Manu lea esas cousas.Non vou engadir nada do brote castelanista que lle deu de súpeto a eva( desde ya, pero está en un fantástico english) hehehe.
Hahaha, q cabroncete, como non tes nada que comentar, criticasme, xa te enterarás.
O de "viruses" era unha coña, e que saibas que hoxe case me caio da mesa (en frente a secretaria) cando esa muller lle solta a Roca, nun perfecto galego, una frase loooooooonga.
O de Eva sería o tipico erro, senon mira, lembraste de:
"-Coñeces a Clara?"
"-No personalmente."
Pois isoo ;·)
jajaja, si o meu pegoumo miña cuñada, de todos modos eso de rastrero e tamen castelá...e tal....
Acábome de acordar, ainda que non teña que ver moito co tema, e que, se non me engano, o teu profesor de historia este ano, e o señor marineli, non?
Pois se é así, o que vas ter que aguantar...
Franco era boísimo, franco era un deus, gracias a franco hai hoxe democracia,... cada barbaridade...
Pois non, Marineli non me da clase, pero mellor, porque non me deixaria entrar en clase a partir do 3º dia, xa suporedes o antifascista que son...
Pois mellor pa ti, ainda que quitando a sua opinión de Franco o demáis érache a risa, a sua visión de Isabel II e o seu marido, e como non a sua opinion do feos que éramos na prehistoria.
Marineli dame a min :(,co ben que se ten que estar con Anselmo vaime tocar ese,que era non seiqué do PP no pobo.Terei que ter coidado co que digo,dixéronme que como te pille manía xa te podes esquecer...e penso que imos ter desavinencias respeto a España e Galiza no contexto histórico,político e social.
Mos, non te preocupes, o principio alucinarás cos comentarios que fai, pero o final acabarás acostumandote as suas opinións e reiraste del.
Xa contarás algunha anécdota de ese home, que seguro que vos regala moitas.
Publicar un comentario