Benvid@s

Ola>> benvid@s á Terra de Breogán>>Desfruta a visita
_____________________________________________________________
Soó os férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden, non.

26/1/08

Welcome Mr. 'Lamecús'


O Goberno Canadiense elaborou un listado de países onde os prisioneiros poden sufrir tortura. Nel incluíanse a EUA e a Israel. Do país norteamericano citábase Guantánamo e incuíase unha lista de técnicas de interrogatorio como "obrigarlles aos prisioneiros a se espiren, illalos e privalos do sono".
Tras recibir unha afable visita de autoridades estadounidenses e israelís, o ministro canadense de Asuntos Exteriores retificou o informe, sacando de el a ambalas dúas nacións e alegando que se incluiron por erro.
Será por iso, claro. E a parte que alertaba das torturas en Guantánamo, tamén un erro. Todo un gran erro.
Se non fose a alianza que une a Canadá, tan reivindicativos dunhas veces [>mirade<] e tan rastreiros doutras...

A coordinadora de Amnistía Internacional Canadá,a través da súa coordinadora expón que "cando se trata dun tema como a tortura, a principal preocupación do goberno non debería ser se avergoña os seus aliados".

Israel e EUA... Modelo a seguir por Canadá? Supoño que políticos tan vendidos é o normal, pero isto xa é moi descarado.

2 comentarios:

Mos dijo...

Hai homiño que revidaro me es, os EUA non torturan, pero de onde puideches sacar iso? non ves que é o país da Liberdade (a non ser que sexas negro, latino ou comunista), da Democracia ( aparte teñen un fermoso hotel, o Watergate ( se non o pillades dicilo que volo explico ;) )) e onde todo o mundo pode ter unha oportunidade (sempre que teñas cartos pra pagala)
Non os privan do sono, é que teñen pesadelos e non queren o que pasen mal; non os ispen, son unha cultura tan abeta que apoian o nudismo e o amor libre; non os illan, xogan ás agachadas; non os vexan, é que... isto...comentei o da Democracia xa? si? pois... e o dos presos sen xuízo de Guantanamo... é todo culpa dos palestinos, dos iraquís e dos cubanos: os primeiros por non acabar de morrer dunha vez, os segundos por resistirse a morrer e os terceiros... por feos que carallo

El mal bicho dijo...

Sen Comentarios...
polo menos ainda o dixeron (ainda que despois o rectificasen) xa que outros coma nos, nin nos atreveríamos a pesares de despois poderemos rectificar.

Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento 2.5 España de Creative Commons.

Sobre min

Cangas

Cangas
Vista do mar de Cangas